Un gol de Alexia Putellas mete a España en cuartos de final dos Xogos Olímpicos. A mediocentro galega Tere Abelleira saíu no once inicial neste partido disputado ante Nixeria e que as Vermellas vencía por 1-0.
Un triunfo pola mínima abondaba para que a Selección Española de fútbol feminino derrotase ao co combinado africano de Nixeria (1-0).
….
I 0-0 I 20′
@La1_tve y @Eurosport_ES#JugarLucharYGanar | #UnSueñoCompartido pic.twitter.com/WTinhUigMI
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 28, 2024
Tere Abelleira, que contara cos diez minutos finais do anterior partido, saía esta vez de inicio. Montse Tomé dáballe así confianza á pontevedresa.
Chegouse ao final da primeira metade con empate a cero goles. Logo do paso por vestiarios Salma Paralluelo remataba un centro de Tere Abelleira e anotaba. Pero logo de consultar o VAR a colexiada decidía non dar por bó tanto dado que antes do remate de Salma tocaba o esférico Alexia Putellas. Dese xeito Paralluelo pasaba a estar en posición de fóra de xogo. Puido ser o 1-0 a pase da pontevedresa, pero o gol non subiu ao marcador.
Tomé combina a Tere Abelleira e Patri Guijarro
No minuto 58 Tere Abelleira deixaba o seu sitio no campo para que entrase Patri Guijarro. Deste xeito, Montse Tomé dosificaba así unha vez máis as dúas pivotes dándolles minutos ás dúas pero sen queimalas nunha competición que aínda ten partidos por diante. O posto que defenden Abelleira e Guijarro é unha posición fundamental no esquema da seleccionadora de España.
No minuto 85 de partido Alexia Putellas desequilibraba o marcador cun tanto de falta que levantaba ao público na bancada. Desde moi lonxe a Balón de Ouro metía a pelota pola escuadra da meta rival.
¡ !
⚽ La @SEFutbolFem lograba su segundo triunfo en #Paris2024 gracias a este golazo de @alexiaputellas.
¡Qué grande es este equipo!
@Eurosport_ES#JugarLucharYGanar | #UnSueñoCompartidopic.twitter.com/99oSZtVqtg
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 28, 2024
As futbolistas que adestra Montse Tomé venceron os dous partidos que disputaron ata o momento e dese xeito colócanse como líderes e aseguran a súa clasificación para os cuartos de final dos Xogos Olímpicos.
Y sí, ¡CLARO QUE SÍ!
¿Cómo no íbamos a estar en cuartos de final de #Paris2024 con pleno de victorias?
¡El miércoles, ante Brasil, lucharemos por ser primeras de grupo!#JugarLucharYGanar | #UnSueñoCompartido pic.twitter.com/8KIHu9p3mP
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 28, 2024
A xelección campioa do mundo avanza con paso firme nos seus primeiros Xogos Olímpicos.