• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

Esforzo sen pago para o CV Arenal Emevé que cae 2-3 ante o Kiele Socuéllamos no Pazo

As loitadoras que adestra o técnico José Valle levantan un 0-2 cun gran xogo, pero caen no último alento do 'Tie Break'

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/01/2022
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
CV Arenal Emevé / CV ARENAL EMEVÉ TW

CV Arenal Emevé / CV ARENAL EMEVÉ TW

122
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Tanto nadar, para rematar por morrer á beira. Así podería resumirse o partido do CV Arenal Emevé nesta 14ª xornada da Liga Iberdrola. As xogadoras que adestra José Valle, fixeron honra ao seu alcume, loitadoras, e conseguiron remontar un 0-2 en contra. Pero, finalmente, perderon diante do Kiele Socuéllamos. As visitantes impuxéronse por un tanteo de 2-3 con parciais de 21-25, 15-25, 25-13, 25-18 e 13-15. Forzaron as galegas o quinto set, pero non evitaron a derrota.

As lucenses do CV Arenal Emevé suman un punto e boas sensacións na súa preparación para a Copa da Raíña Coa vista posta na Copa, que se disputará dentro dun mes, e tras un parón do Nadal máis longo do habitual polos positivos en ambos os equipos, Arenal Emevé e Kiele Socuéllamos medían forzas no Municipal  e Lugo. A falta de actividade en ambas as dúas escuadras fíxose notar nos primeiros puntos, no que tanto as lucenses como as manchegas mostráronse moi dubitativas.

O primeiro set foi tremendamente igualado e marcado polo medo para fallar. Quen dese un paso adiante tiña todas as papeletas para levar o primeiro set e ese movemento efectuárono as de Socuéllamos.

Foron as primeiras en abrochar unha vantaxe de tres puntos (17-20) e foron con decisión a por a primeira manga. José Valle tentou cortar o ritmo cun par de tempos mortos, pero foi infrutuoso o movemento. O 0-1 subía ao marcador (21-25) tras 23 minutos de partido.

As xogadoras que adestra Chema Rodríguez viron o camiño para seguir e tras un arranque igualado do segundo puxeron a directa do 7-7 pasouse a un 11-17 que non auguraba boas noticias para as locais.

Quixo cambiar o libreto José Valle con varios cambios nas filas das loitadoras. No CV Arenal Emevé o técnico deu entrada a Marta Otero por Mariana Capovilla, Sara Urrea por Jimena Fernández e entregou a dirección do xogo a Ainara Burgo en lugar de Yael Castiglione.

A vantaxe das manchegas era moi folgada e ese movemento de pezas non produciu efecto no segundo set, pero tería incidencia no terceiro. A segunda manga apuntáronlla as visitantes 15-25, mercé á súa maior intensidade no xogo.

No cambio de set José Valle invocou aos espíritos do partido da primeira volta, onde as lucenses levantaron un 2-0 en contra. Na retransmisión escoitouse ao técnico de Abadín pedirlles ás súas mozas “ir a por o partido, atacar os puntos e tentar repetir o que xa fixemos”. As Loitadoras obedeceron as ordes e subiron moito a súa intensidade.

O terceiro período foi todo un canto á esperanza dun futuro brillante para o vóley galego xa que, con cinco xogadoras de Galicia sobre a pista durante a maioría do tempo, as lucenses voaron por encima dos seus rivais. O terceiro set foi para as locais por un contundente 25-13 e as pantasmas do pasado volvíanselle a aparecer a Kiele.

Enfronte, ás loitadoras, o Socuéllamos, un dos mellores equipos da Liga Iberdrola

O medo sentiu nas caras das visitantes cando o cuarto arrincou cun 4-1 que poñía a moral lucense polas nubes. Pero Socuéllamos é un dos mellores equipos da Liga Iberdrola e demostrouno repoñéndose ata o 7-8. Aí volveu mover ficha José Valle e desfixo os cambios. Yael e Jimena entraron para cambiar de novo o partido e levar ao seu equipo ata o desempate. Cun 25-18 o CV Arenal Emevé volvía levar o partido á morte súbita. Terceira da tempada nun Municipal que se está afacendo ás emocións fortes.

Co vento de cola as galegas arrincaron moi sólidas o set definitivo e tomaron tres puntos de vantaxes (3 0). Esa vantaxe madrugadora inxectou unha présa innecesaria ás loitadoras que adestra José Valle que cometeron varios erros ao forzar a máquina. A igualdade volvía ao electrónico e con ela chegouse ao cambio de campos, co CV Arenal Emevé 8-7 por diante. O intercambio de golpes foi constante pero xusto no momento preciso, Kiele Socuéllamos  adiantouse e con dous puntos seguidos pechou o partido ao seu favor: 2-3.

Tras este partido o CV Kiele Socuéllamos marcha segundo na clasificación, dous puntos por detrás do Sanaya Libby,s La Laguna. Mentres, as galegas do CV Arenal Emevé de Lugo son sextas con 18 puntos no seu casilleiro.

🔚 FINAL en @cvemevelugo nos llevamos el tie-break 13-15 y el partido por 2-3 frente a un conjunto que nunca baja los brazos pic.twitter.com/PUpXVS2iL5

— CV KIELE Socuéllamos (@voleykiele) January 15, 2022

FICHA TÉCNICA

2) CV Arenal Emevé: Carolina Camino, Darlevis Mosquera, Inma Lavado, Mariana Capovilla, Yael Castiglione, Jimena Fernández e Lidia Figueira (Líbero)- sexteto inicial -. Tamén xogaron:, Marta Otero, Sara Urrea e Ainara
Burgo.

3) CV Kiele Socuéllamos: Alicia de Blas, Anna Walsh, Paula Carpintero, Agüero, Karina Suligoy, Amelia Portero e Patricia Rodríguez (Líbero) – sexteto inicial -. Tamén xogaron , Marina Saucedo, Benedito, Jovanovic e Álvarez
Serrano

PARCIAIS: 21-25 (23 min. ); 15-25 (21 min. ); 25-13 (19 min. ); 25-18 (23 min. ) e 13-15 (17 min. ). Estatísticas.

ÁRBITROS: Rubén Sánchez e José Real.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 14ª xornada da Liga Iberdrola, disputado no Pavillón Municipal de Lugo ante 500 persoas como espectadoras na bancada.

Etiquetas Avaca MenorcaCV Arenal EmevéJosé ValleLiga IberdrolaLugovoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.