Na campaña de captación de seareiras/os do BM Porriño para este curso 2025-2026 o club galego defende que son “pedra, é forza, identidade e orixe”. E por iso elixiron como lema “Esculpindo a nosa historia”.
Segundo explican desde o BM Porriño, a entidade quere ir este ano un pouco “máis aló.. Renovamos o noso escudo, mantendo a súa esencia e elegancia, pero cun aire máis moderno. Un escudo que representa o que somos e o que estamos a construír xuntos, pouco a pouco, como quen traballa a pedra”.
Desde o club do Porriño convidan á afección a “formar parte desta historia que esculpimos entre todos. Este ano, esculpimos algo grande. Contamos contigo”, invitan desde o club galego.
Durante o mes de agosto propoñen prezos reducidos para abonarse á entidade.





















