• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Xornada sombriza para os equipos galegos na 1.ª Iberdrola de futsal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/10/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
CD Burela Fútbol Sala / SABELA BLANCO CD BURELA FS

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

99
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A oitava xornada da Primeira Iberdrola de Fútbol Sala acaba sen ningunha vitoria para os cadros galegos.

Despois dun pleno de triunfos na xornada anterior, esta vez, os catro representantes da máxima categoría, resígnanse con dous empates e dúas derrotas.

O Poio Pescamar só acada un desaborido 2-2 ante o STV Roldán, mesmo resultado ca o CD Burela FS, que se medía ao Les Corts UBAE (2-2). A peor parte foi para o Ourense Ontime, que sufriu un durísimo revés fronte ao Melilla CD Torreblanca (6-0) e para o FSF Castro Bloques Cando, que caeu ante o Arriva AD Alcorcón (4-3).

Récord de partidos invictas nun inicio de liga para o Poio 

O Poio Pescamar só logrou o empate fronte a un STV Roldán (2-2) que non parecía disposto a poñerlle as cousas fáciles.

No lado positivo, as poienses, adestradas por Luis López Tulla, non coñecen a derrota no que vai de competición, e bateron o seu récord de partidos invictas nun inicio ligueiro. Suman xa un total de 5 partidos gañados e 3 empates, o que reforza a súa condición de aspirantes ao titulo de liga.

Neste momento, o conxunto galego acumula 18 puntos, o que as sitúa no segundo lugar da táboa, só dous puntos por debaixo do Melilla CD Torreblanca, que lidera a competición con 22.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Futsal RFEF (@futsalrfef)

O seu próximo partido será contra o Arriva AD Alcorcón, o vindeiro día 1 de novembro ás 18:00 h.

FSF Castro Bloques Cando cae ante o Arriva AD Alcorcón (4-3)

Non era un partido sinxelo para o Castro Bloques Cando, que se enfrontaba, e perdía (4-3), a un rival da parte alta da táboa, o Arriva AD Alcorcón. As galegas, dirixidas este curso por Julio Delgado, non foron capaces de remontar un partido que se lles presentaba difícil, e tiveron que aceptar a súa segunda derrota no que vai de tempada.

Pese a isto, ocupan unha destacable 5ª posición na clasificación, acumulando xa 12 puntos e tan só 3 do STV Roldán, que se mantén no cuarto posto.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Cando FSF Castro (@fsfcastro)

Mediranse agora ao Melilla CD Torreblanca, o próximo día 1 de novembro ás 19:30 h.

Xornada negra para o Ourense Ontime contra o líder da categoría

O Ourense Ontime sufriu un novo revés o pasado sábado 25 de outubro en campo rival. As galegas medíanse ao líder da competición, o Melilla CD Torreblanca, nun partido que acabou con 6 goles en contra para as ourensanas e 0 tantos a favor. Un revés máis que se suma a un complicado inicio de tempada, e que leva ao conxunto dirixido por Carlos Navarro a unha amarga 12ª posición.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Ourense Ontime FSF (@ourenseontimefsf)

Agora tratarán de darlle a volta a unha situación que se torna cada vez máis complexa. Esta vez terán a oportunidade contra outro oso, o Futsi Atlético Navalcarnero, será o vindeiro día 1 de novembro ás 11:00 h.

O CD Burela Fútbol Sala resiste en Vista Alegre

Primeira parte parte moi competida, con moi bo arranque do conxunto catalán, que anota no primeiro minuto e segunda parte con final de infarto no que as burelás logran empatar o partido, tirando de épica, no últimos seis minutos. Dobrete en ambos equipos por parte de Martita e Sydorenko.

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS
CD Burela Fútbol Sala / SABELA BLANCO CD BURELA FS

Comeza costa abaixo o partido para as burelás, cun gol de Martita que remata, no corazón da área, un envío dende a ala dereita de Laura Torres. Continúa o partido con ocasións, en maior medida, para o equipo visitante, pero mantendo o marcador ata o descanso. Apertan máis as laranxas para partir do minuto 10, xerando oportunidades e con moito protagonismo de Lara, non logrando empatar o encontro.

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS
CD Burela Fútbol Sala / SABELA BLANCO CD BURELA FS

Segunda parte máis igualada, cunha primeira ocasión clara de Lles Corts, no minuto 23, un disparo escorado que despexa Ana Eliza coas mans por riba da portería e recóllea Muni nunha contra de Sydorenko segundos despois. Presiona máis o conxunto catalán nesta segunda parte e chega o 0-2 no minuto 30, o segundo tanto de Martita tras unha recuperación e contraataque de Ona en propia cancha, que dispara desde a banda atopándose a Cris Branco, pero volve recoller Ona e combina coa xogadora rioxana que remata desde a área.

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS
CD Burela Fútbol Sala / SABELA BLANCO CD BURELA FS

Aposta Belén Feal polo xogo de cinco e sae Lara coa elástica de porteira-xogadora no minuto 33 e un minuto despois, tras unha recuperación de Gabi a media pista, Sydorenko logra o 1-2 rematando de cabeza un disparo ao segundo pau de Cris Blanco.

Volve o Burela a saír de 5, esta vez con Irene de porteira xogadora e ocasión clarísima de Lara no 36, á que se lle escapa un remate na área tras un moi bo pase de Sandra nunha boa combinación no ataque de 5. Continúan tentándoo as burelenses e noutra boa estratexia dispara demasiado escorado Laura Barranco, atopándose á porteira.

Belén Feal no banco do CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS
Belén Feal no banco do CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

Segundos despois, a xogadora almeriense case a volve a meter entre paus nun remate que lle rouba Peña sacándoa a córner. E chega o empate no 38, o segundo de Sydorenko, en pleno xogo de 5 para 4, sorprendendo a Muni cun potentísimo disparo desde os 13 metros. Sae Les Corts con Peña de porteira-xogadora tentando volver poñerse por diante de novo no marcador, sen conseguilo.

Últimos segundos de infarto en Vista Alegre e tena Lara no últmo segundo tras un despexe de Ana Eliza directo a portería, onde Lara tenta metela de cabeza pero choca con Muni que non permite á focense anotar o terceiro, xusto antes da bucina final.

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS
CD Burela Fútbol Sala / SABELA BLANCO CD BURELA FS

O cadro burelense sitúase na 15ª posición da táboa, un escenario que se torna escuro para as galegas, pero que aínda se pode revertir nos vindeiros encontros de liga.

O próximo partido será o próximo día 2 de novembro, contra o AE Penya Esplugues ás 12:00 h.

O partido estivo adicado á campaña “NON á violencia de xénero” do Deporte Galego.

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS
CD Burela Fútbol Sala / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FICHA TÉCNICA

2) CD BURELA FS: Ana Eliza; Cris Blanco, Irene, Sandra, Lara -quinteto inicial-, Gabi, Sydorenko, Laura Barranco, Marina.

2) AE LES CORTS UBAE: Ángela; Laura Torres, Silvia, Martita, Peña –quinteto inicial-, Paula Guix, Bet, Rojo, Luci, Ona, Laura Oliva, Muni. EQUIPO ARBITRAL: Borja Darriba, Daniel López e Andrea de Luis.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitava xornada da Primeira Iberdrola Fútbol Sala

Consulta a clasificación da Primeira División Iberdrola de fútbol sala na RFEF

Etiquetas Bloques Cando FSF CastroCD Burela FSfútbol salaOurense OnTimePoio Pescamar FS
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.