• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O Ensino suma e segue, impoñéndose ao Ciudad de La Laguna (63-72)

As lucenses vencen en Tenerife, pero non logran levarse o 'basket average'

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/01/2021
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Ensino vs Ciudad de La Laguna / DURÁN MAQUINARIA ENSINO IG

Ensino vs Ciudad de La Laguna / DURÁN MAQUINARIA ENSINO IG

77
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Durán Maquinaria Ensino segue dando pasos para lograr o obxectivos de xogar os play offs. Despois de vencer a SPAR Gran Canaria e Casademont Zaragoza, a seguinte vítima das lucenses foi o Ciudad de La Laguna Tenerife. Unha vitoria que vale dobre, ao ser contra un rival directo (63-72).

O que non lograron as pupilas de Carlos Cantero foi levarse o basket average. Na ida, as xogadoras do Ensino perderon por 13 puntos e na volta gañaron por 9, dándolle case a volta ao resultado da primeira volta. De todas formas, esta terceira vitoria consecutiva mantén altos os ánimos en Lugo, nun equipo que afronta con enerxía o que resta de tempada.

O Ensino soubo ler o partido

Xa na previa, Carlos Cantero avisaba de que o seu plantel intentaría aproveitar o cansancio acumulado das canarias, que viñan de xogar a competición europea, pero á vez recoñecía que sería un partido moi físico e duro. Unhas predicións que se cumpriron e das que o Ensino soubo sacar partido.

Os primeiros puntos do partido foron para as locais, pero as galegas enseguida atoparon a forma de facerse co control do partido e sacar vantaxe dos erros das canarias. Cun xogo coral coordinado, as lucenses estaban fortes en defensa e tiñan acerto en ataque. Así, a catro minutos do final do primeiro cuarto, o Ensino situábase por riba.

Os cambios no banco rival non serviron para quitarlle a batuta do xogo ás galegas, que seguiron aumentando a distancia no marcador ata levarse o primeiro tempo por unha diferenza de cinco puntos.

Para o seguinte parcial, a tónica do encontro era similar. O Ciudad de La Laguna apretaba na presión con Fasoula e as visitantes non conseguían vencer á zona rival. Pero dous triples de Bea Sánchez e de Stanacev disiparon as dúbidas do Durán Maquinaria Ensino. As galegas non soltaban a súa vantaxe e chegaron ao tempo de descanso levándose o duelo por sete puntos.

As canastras entraron mellor logo do descanso

Despois do paso por vestiarios as canarias reaccionaron e subiron o nivel do partido. A pausa sentoulle ben ás locais que saíron á pista con ganas de dar un golpe na mesa. As canastras entraban máis facilmente para Ciudad La Laguna mentres que o Ensino defendía como podía a súa superioridade no electrónico.

As locais recortaban distancias co acerto de Raksanyi, que asinaba dous triples consecutivos na metade do cuarto. Unha acción que non quedou sen resposta. Stanacev e Gimeno mantiveron ao seu equipo por diante grazas a varios tiros acertados, deixando o marcador 43-47 a case tres minutos do cuarto final.

As galegas mantíñanse serias en defensa e aseguraban os ataques, o que impediu que as contrincantes dominasen o partido. O pulso cada vez estaba máis igualado e, a falta de dez minutos, o Ensino só vencía dun punto.

No último tempo o duelo estaba completamente aberto. As lucenses seguían loitando cada balón e aseguraban pouco a pouco a vitoria. Os primeiros puntos das galegas tiñan contestación nos ataques locais, pero un triple de Gimeno e unha canastra de Stanacev abrían unha brecha no electrónico situando ao Ensino oito puntos por riba.

As visitantes non soltaron xa a vantaxe lograda. A falta de catro minutos, o banco do Ciudad La Laguna solicitou un tempo morto, ao verse incapaz de controlar ás galegas. Cun triple nos minutos seguintes, a vitoria do Ensino peligraba tras máis de dous minutos sen anotar.

Entón, Hempe interviu para devolverlle o ritmo ás xogadoras de Cantero, que volveron achegarse á canastra con acerto. No minuto final o partido parecía xa decidido, e finalmente as lucenses venceron por nove puntos nun duelo vital para estar na loita polos play offs.

Agora, ambos equipos empatan a puntos (33) na clasificación da categoría de ouro, onde ocupan a quinta posición as canarias e a sexta as galegas, con once vitorias e once derrotas cada un.

Gimeno, MVP da FEB e da afección

As molestias que impediron a Vega Gimeno xogar o anterior partido non impediron que brillara nesta xornada. A alero foi elixida MVP pola afección do Ensino e tamén foi a mellor valorada do encontro, con 16 créditos de valoración.

Gimeno foi clave no xogo lucense, logrando asinar 17 puntos e catro rebotes, ademais de realizar dúas asistencias. Seguirona de preto Hempe, Stanacev e White, as tres con 14 puntos de valoración.

⚡️⚡️MVP ⚡️⚡️

V E G A
G I M E N O

⭐️ 17 Puntos. 4 Rebotes. 2 Faltas recibidas y una lección bajo los aros. #SomosEnsino #LFEndesa #VoltaráLoita pic.twitter.com/iyaUmPlcqn

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) January 24, 2021

Podes revivir o partido, que se retransmitiu vía streaming, nesta ligazón.

FICHA TÉCNICA

63) CIUDAD DE LA LAGUNA TENERIFE: Raksanyi (18), Bettencourt (8), Kostourkova (4), Atkinson (10) e Taylor (12) — quinteto titular —. Tamén xogaron: Montenegro (-), Fasoula (8), Herrera (-), Nauwelaers (-), Abdi (2) e Ocete (1).

72) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Hempe (14), Van Den Adel (6), Stanacev (12), Gimeno (17) e Prieto (4) — quinteto titular —. Tamén xogaron: Aliaga (3), Sánchez (6), White (10) e Blanco (-).

PARCIAIS: 16-21, 13-15, 19-13 e 15-23

ÁRBITROS: Ángel Lucas de Lucas, Jorge Baena e Elena Espiau.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 22 da Liga Femenina Endesa disputado no pavillón de deportes Santiago Martín en San Cristóbal de La Laguna (Santa Cruz de Tenerife).

Etiquetas baloncestobasketCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaLugoVega Gimeno
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

O Duran Maquinaria Ensino acadou a súa primeira vitoria do curso 2026-27 nesta terceira xornada da LF Endesa. O triunfo...

Partido da LF Endesa entre o Impulso 360 Estepona e o Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Pleno de derrotas galegas na 2.ª xornada da LF Endesa ao perder Celta, Ensino e BAXI

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Pleno de derrotas galegas na segunda xornada da LF Endesa. Perdeu o BAXI Ferrol a domicilio na cancha do Hozono...

Durán Maquinaria Ensino Lugo LF Endesa 26-27 / REBECA FERNÁNDEZ - ENSINO

Triunfo do BAXI e derrotas do Ensino e Celta na primeira xornada da LF Endesa 26-27

por Redacción As Nosas
03/10/2026
0

Arríncou a LF Endesa con sorte dispar para os tres conxuntos galegos que militan na máxima categoria do baloncesto feminino...

Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino posa tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA

O Durán Maquinaria Ensino, campión da Copa Galicia sénior feminina 2026 ao vencer ao BAXI Ferrol (91-79)

por Redacción As Nosas
12/09/2026
0

O Durán Maquinaria Ensino acada o triunfo na 39.ª Copa Galicia sénior feminina de baloncesto organizada pola FEGABA. As lucenses...

Presentación da Liga Endesa LF Endesa 2025-26 / ENDESA

Coñece o calendario dos equipos tres galegos na próxima Liga Endesa 2026-27: Ensino, Celta e BAXI

por Redacción As Nosas
04/08/2026
0

Xunto á lista de equipos participantes, a Liga Endesa xa ten preparadas as datas dos partidos a disputar nesta nova...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.