O Durán Maquinaria de Lugo aumenta o seu plantel. Coa incorporación da escolta Nina Bogicevic, Carlos Cantero terá máis opcións para facer rotacións entre as súas xogadoras. A falta de efectivos é un dos principais problemas ao que se estiveron enfrontando as lucenses esta tempada.
Bogicevic chega para reforzar o exterior do conxunto lucense e cunha ampla carreira ás súas costas. Con experiencia en Liga Femenina Endesa, a xogadora serbia xogou para equipos como o Uni Girona, Conquero Huelva, Al-Qáxeres, CREF, Zamora e o Movistar Estudiantes.
Precisamente este foi o seu último equipo, no cal chegou a ser a segunda máxima reboteadora (4,7pp) e liderando a lista de mellores porcentaxes de triples do club, cun 37% de acerto. No último curso, Bogicevic estivo xogando co Beisktas de Estambul, onde acadou os 14 puntos de media por partido.
Carlos Cantero: “É unha xogadora veterana, que entende o baloncesto, fala o idioma e coñece a Liga”
En palabras de Cantero, “é unha xogadora veterana, que entende o baloncesto, fala o idioma e coñece a Liga”. Unha xogadora que promete ser clave para o xogo exterior do equipo lucense, ao que “lle falta consistencia e regularidade”.
A incorporación de Bogicevic será moi relevante na pista pero tamén nas preparacións, onde “axudará a adestrar mellor no día a día, que é o que precisamos para competir contra os próximos rivais”.
En resumo, esta nova fichaxe “aporta a regularidade para o xogo exterior, aporta tiro de tres, aporta tiro de media distancia e pick and roll e ten un bo físico para defender. Unha xogadora moi completa”, conclúe Cantero.
O técnico lucense non agarda máis incorporacións, e confía no seu plantel para “facer adestramentos de calidade e afrontar ben a Liga se as lesións respéctannos”.
🔥 Nina Bogicevic refuerzo exterior para el Ensino
La escolta Nina Bogicevic (1.81m, 1989) nuevo fichaje del Durán Maquinaria Ensino que viene a reforzar el perímetro del conjunto de Carlos Cantero.#SomosEnsino #LFEndesa
👇🏻 Más info: https://t.co/o7l1VU5VFZ pic.twitter.com/TeKCIpuLip
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) November 20, 2020
O Ensino recibirá ao Campus Promete na seguinte xornada
Con esta nova fichaxe, Carlos Cantero comezará a preparar o próximo encontro, no que as lucenses recibirán en casa ao Campus Promete, só un punto por debaixo. A última vitoria fronte ao Cadi la Seu e o aumento do plantel dan motivos para o optimismo nunha tempada na que o equipo de Lugo está aguantando no medio da clasificación.
Carlos Cantero: “Chegamos ao seguinte partido cortas de efectivos”