O Pazo Municipal de María Pita acolleu o acto da entrega por parte do Concello da Coruña dun cheque por valor de 4.452 euros ao proxecto ENKI, da Fundación Abrente, correspondente ao importe recadado durante o evento deportivo Gladiator Race – Banco Mediolanum, que se desenvolveu no parque de Bens os días 3 e 4 de setembro.
O proxecto ENKI axuda a impulsar a inclusión das persoas con discapacidade funcional a través do deporte. O Banco Mediolanum, a través da súa iniciativa solidaria ‘Mediolanum Aproxima’, apoiaron esta causa duplicando o importe recadado inicialmente.
Segundo informa o Concello da Coruña, no acto de entrega do cheque solidario, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu a Ángel López en representación da Fundación Abrente, a Serafín Martínez, responsable de organización do evento Gladiator Race, así como a Carlos Cruzado e Borja Crespo, en representación do Banco Mediolanum.