Pese a caer derrotadas, o Ulla Oil Rosalía comeza a topar o seu xogo na Liga Feminina 2. Tras un prometedor partido contra o Tenerife e a vitoria do partido aprazado contra o Cortegada, as xogadoras dirixidas por Chiqui Barros plantáronlle cara ao sexto clasificado, o Azkoitia Azpeitia ISB. Con todo, isto non foi suficiente para gañar e o resultado final foi un 69-71 a favor das vascas.
O que non se pode dubidar é a mellora que está a experimentar o Rosalía. Ata hai un par de xornadas claro colista da competición, agora as xogadoras compostelás comezan a afianzarse na pista e logran poñer en apuros a rivais nun inicio superiores.
Este foi o caso do partido disputado contra o Azpeitia. Cun comezo igualado, pero a favor das visitantes, o Rosalía deixaba claro as súas ganas de loitar pola vitoria. A boa enerxía acadada pola primeira vitoria da tempada, só uns días antes deste encontro, era visible no terreo de xogo. No segundo cuarto, as locais lograron empatar co Azpeitia, pero un global 34-37 daba unha lixeira vantaxe ás visitantes ao filo do descanso.
Á volta de vestiarios, as vascas asentaron a súa superioridade aumentando a distancia no electrónico. Pero as xogadoras do Rosalía non baixaron o ritmo e aguantaron o pulso do rival, logrando unha vitoria no cuarto final. A remontada quedou en intento, e o resultado final foi un 69-71 a favor das vascas.
Un resultado amargo, que contrasta coas boas sensacións do equipo e o orgullo do adestrador Chiqui Barros polas súas xogadoras.
Puedes ganar o perder. Eso es el deporte y la vida. Cuando lo haces como hoy, no puedes más que estar muy orgulloso de toda tu gente, especialmente de las jugadoras. Este es el camino. Y es muy cierto lo de la nobleza de los recursos utilizados. @RosaliaFEDESA
— Chiqui Barros (@chiquibase) November 21, 2020
FICHA TÉCNICA
69) ULLA OIL ROSALÍA: Carla García (7), Sara Corredoira (10), Ángela González (7), Sarai Carro (3), Cristina Soares (18) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Ana de Matías (2), Nuria Choren (11), Blanca Manivesa (4), Alba Rama (-) e Clara Riera (7).
71) AZKOITIA AZPEITIA ISB: Saioa Altzaga (23), Intza Lizarazu (6), Alazne Lizundia (2), Manuela Effa (13), Morgan Green (8)-cinco inicial-. Tamén xogaron: Sara Iparragirre (13), María Otaegi (4) e Paula Sanjuan (2).
PARCIAIS: 17-20, 17-17, 18-20 e 17-14
ÁRBITROS: Elio Claveria e Iris Díaz.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitava xornada da Liga Feminina 2 disputado no instituto Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.