A sétima xornada da Primera División RFEF de Fútbol Sala Femenino é tempo de derbi galego. Medirán forzas no pavillón da Raña o ENCE Marín Futsal e o Pescados Rubén Burela FS. O choque está previsto para as 19:00 horas de hoxe sábado 5 de novembro. Pero tamén xogan os outros tres equipos galegos da máxima categoría: Poio Pescamar, Ourense Envialia e Viaxes Amarelle. Todos os partidos se transmite por Live Vuvuzela. No caso do derbi entre galegas, o choque será ofrecido tamén pola TVG.
⚔️DERBI GALLEGO⚔️
⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️https://t.co/Amqq6GgH5B pic.twitter.com/YwnbeUKHvU
— Marín Futsal (@marin_futsal) November 3, 2022
ENCE Marín Futsal e CD Burela FS, loitarán para levarse os tres puntos e sumar posicións na táboa clasificatoria da Primera Federación de Futsal Feminina.
A este cruce ambos os dous equipos chegan co bo sabor nos beizos de ter superado a 2ª eliminatoria da Copa da Raíña e coñecendo cales serán os seus rivais na 3ª que dará paso á fase final aos oito mellores equipos. Coa cabeza xa de volta á competición ligueira, pontevedresas e lucenses ofrecerán un partido con futsal de alto nivel.
Quentando motores para o derbi!🔥🔥 pic.twitter.com/LJnQlLDz5d
— CD Burela FS (@burelafs) November 4, 2022
O Pescados Rubén Burela FS non quererá perder a súa condición de invicto. E o ENCE Marín Futsal, que si coñece o sabor da derrota e incluso das táboas, buscará que os tres puntos non marchen da Raña. Así as pontevedresas poderán subir postos na táboa. Agora son oitavas con 10 puntos menos que as da Mariña.
Nas filas do Pescados Rubén Burela, Dany Domingos declaraba na previa que se atopaba ben “con ganas tras os dous últimos partidos con bos resultados. Temos ganas de seguir o mesmo ritmo e conquistar a vitoria”. A futbolista do equipo da Mariña explicaba que “un derbi galego é sempre complicado. Marín vén con moi boas fichaxes, pero nós vimos dunha liña moi boa de adestramentos moi fortes e temos ganas. Vai ser un partido moi atractivo”, apuntaba mentres lembraba que se vai poder seguir desde a TVG, aínda que o mellor sería velo ao vivo na Raña.
Ver esta publicación en Instagram
Nos Remedios xógase o Ourense vs FSF Móstoles
O primeiro equipo galego en xogar esta xornada será o Ourense Envialia CF que recibe nos Remedios ao FSF Móstoles. Unha ocasión das xogadoras que adestra Mondo para puntuar e escalar postos. As de Madrid son sétimas con 9 puntos, seis menos que as galegas que teñen tres puntos froito da vitoria na terceira xornada ante o ENCE Marín Futsal. O conxunto ourensá ten fame de triunfos. O equipo local ten tamén un partido menos disputado.
⚽1DIV // LIGA // J7
📅 05/11
⏰ 17:00H
OURENSE ENVIALIA FSF 🆚 @FSFMostoles📍 #ourense
🏟️ OS REMEDIOSTIENDA ONLINE 👇https://t.co/l0RVFrecId
Diseño: @BeaSeijasDiseno
🚀🧡 #imosOlio #aForzaDoLobo#ourensEnvialia #oNosoValor #libresParaSer #ubuntu #FSF #futsal pic.twitter.com/uoebXmPNiw
— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) November 4, 2022
Moitos quilómetros e minutos nas costas das xogadoras do Viaxes Amarelle
O pavillón de La Fortuna, será o escenario do choque entre o CD Leganés e o Viaxes Amarelle FSF. O equipo herculino afronta o último partido de sete días con moitos quilómetros nas costas das xogadoras, e de partidos de moita intensidade. Non hai que olvidar que, na competición copeira, as galegas chegaron a ter que disputar a prórroga. Ademais, os descansos e a programación das viaxes, vai facer que esta semana as herculinas só puidesen dispoñer dun adestramento en pista.
Con todo, a motivación para loitar por tres puntos importantes está na cabeza de todas as xogadoras galegas.
O técnico do club herculino, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo ás porteiras Leti Rojo e Nerea Ramallo, así como ás xogadoras de pista: Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Khrystyna Stepanenko, Marta Hermo e Laura Rivas.
O rival que estará enfronte para o conxunto herculino é o CD Leganés FSF. Actualmente ocupa a 14ª posición da clasificación con 3 puntos no seu casilleiro. Suman 1 vitoria e 5 derrotas, nos seis encontros que disputaron ata a data. As pepineras contan con 11 goles a favor e encaixaron 26 tantos en contra. A súa única vitoria ata a data foi por un contundente marcador de 0-5, en casa do Joventut d’Elx. O CD Leganés aínda non foi quen de sumar ningún punto como local.
Tampouco hai que deixar de ter presente que o calendario non axudou ás madrileñas que se teñen enfrontado a catro equipos que loitan por postos de play-off: Pescados Rubén Burela FS, Futsi Atlético Navalcarnero, Torreblanca Melilla FSF e ENCE Marín Futsal.
No histórico de enfrontamentos entre galegas e madrileñas as herculinas queren esquecer o último duelo no Municipal da Fortuna na tempada 2020/2021 onde sufriron unha dolorosa derrota por un marcador de 8-2. Para colmo, o partido de volta non se puido disputar por aprazamentos por casos de COVID nos equipos.
A anterior tempada coincidente para os equipos foi a 2018/2019. Nesa ocasión as herculinas conseguiron un empate 2-2 na casa do CD Leganés, e na Coruña impuxéronse.
Previa a estas tempadas en Primeira División, a anterior ocasión que ambos os equipos mediron forzas, fora na tempada 2015/2016. Daquela o CD Leganés quedou campión do Grupo IV da Segunda RFEF Futsal Feminina, e os duelos entre ambos os equipos saldáronse con táboas por 1-1 e 3-3, respectivamente.
Con estes precedentes, e co que ambos os equipos teñen en loita, pódese prever un partido igualado. Estamos, sen dúbida, ante dous equipos necesitados de puntuar neste momento competitivo.
O Viaxes Amarelle FSF tratará de poñer a puntilla a unha semana onde asinou un empate fronte ao AD Sala Zaragoza FSF e clasificouse para oitavos de final de Copa de SM A Raíña FS, ao eliminar ao CD Chiloeches. É tempo agora de pelexar polos tres puntos fronte a un rival directo, na loita pola permanencia. Toca gozar sobre a cancha e pelexar polos puntos no Municipal La Fortuna.
Visita do Poio Pescamar ao Arriva AD Alcorcón
Tamén na Comunidad de Madrid, pero no pavillón Los Cantos de Alcorcón, o Poio Pescamar visitará ao Arriva AD Alcorcón. As conserveiras son terceiras e so cederon unha derrota. Mentres que as locais son novenas e con seis vitorias, dous empates e outras tantas derrotas.
PRIMER EQUIPO JUEGA EN CASA | 🏠🐥
¡NUESTRO PRIMER EQUIPO RECIBE AL @PoioPescamarfs EN BUSCA DE LOS 3 PUNTOS!
📝 Jornada 7
🆚 @PoioPescamarfs
🏟️ Polideportivo Los Cantos
📅 Sábado, 5 de Noviembre
🕒 19:30
📺 @live_vuvuzela / @FutSalRFEF tv #CorazónAmarillo pic.twitter.com/L3a4mlzj1Q— A.D. Alcorcón F.S.F. (@ADAlcorconFSF) November 3, 2022
Partidos da 7ª xornada da Primera RFEF fútbol sala femenino (horario – pavillón – cruce)
Sábado 5 de novembro
- 16:00 horas – La Granadilla – Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF vs Gran Canaria Teldeportivo
- 17:00 horas – Os Remedios – Ourense Envialia vs FSF Móstoles
- 19:00 horas – A Raña – ENCE Marín FS vs Pescados Rubén Burela FS
- 19:00 horas – La Fortuna – CD Leganés vs Viaxes Amarelle FSF
- 19:30 horas – Los Cantos – Arriva AD Alcorcón FSF vs Poio Pescamar
- 20;00 horas – Javier Imbroda – Melilla Sport Capital Torreblanca vs- Joventut D’Elx
Domingo 6 de novembro
- 12:00 horas – Gabriel Pérez – STV Roldán vs Futsi At. Navalcarnero
- 12:00 horas – Siglo XXI – Sala Zaragoza vs LBTL Futsal Alcantarilla