Por se alguén tiña dúbidas de que o bo papel do ENCE Marín Futsal a pasada tempada no seu debut na élite fora flor dun día, o inicio das galegas neste segundo curso consecutivo na máxima categoría foi con goleada no Pavillón Siglo XXI ao Sala Zaragoza 1-6.
FINAL | Sala Zaragoza 1 – @marin_futsal 6#30añosdeilusión#SalaZaragoza ⚽ pic.twitter.com/VAbJuWfi0N
— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) September 11, 2022
Aínda que a primeira ocasión do partido foi para as mañas, a través de Laura Boix, o control do partido e do marcador foi sempre do ENCE Marín Futsal.
Galegas e mañas tanteáronse nos primeiros minutos con traballo nas portarías para Silvia Aguete e Vero, pero de contado o ENCE Marín Futsal colleulle o punto ao partido e marcou o ritmo. O primeiro gol chegaría nas botas de Sara Santos no minuto 14 de xogo. Con ese 0-1 se chegaba ao descanso.

Foi na segunda parte cando a avalancha de goles galegos chegaron ás redes da portaría do Sala Zaragoza. O 0-2 asinouno Ceci no minuto 24 de partido. Logo virían os tantos de Pau (0-3) e outro máis para Sara Santos que repetía no minuto 36 de partido cun potentísimo disparo a pase de Adri. Ale de Paz anotaría o 0-5 un minuto despois cun disparo co exterior. Calidade, como sempre, a que atesora nas súas botas esta futbolista.
fue elegida @aragonturismo del partido Sala Zaragoza – @marin_futsal: la más destacada de nuestro rival del pasado fin de semana.
¡Enhorabuena @AledePazG! #Súmatealailusión#SalaZaragoza ⚽️ pic.twitter.com/CzQe1J55Rc
— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) September 12, 2022
No 39 chegou a reacción das locais con gol de Melissa Jaimes. Pero nada podían xa facer as mañas para evitar o triunfo con goleada das galegas. O sexto levou a rúbica de Ceci quen, desde os dez metros, anotaba a media dúcia e o seu segundo gol na conta persoal
FICHA TÉCNICA
1) SALA ZARAGOZA: Vero; Mirian, Giba, Jaimes e Laura Boix – quinteto inicial -. Tamén xogaron: María Moreno, Carolina Bravo e María Illescas.
6) ENCE MARÍN FUTSAL: Silvia Aguete; Adri, Ceci, Ale de Paz e María León – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Jessi, Pau, Sara Santos, Inés Mayán, Marta Gago e Iria (porteira suplente).
GOLES: 0-1, min. 14 Sara Santos. 0-2, min. 24 Ceci. 0-3, min. 30 Pau. 0-4, min. 36 Sara Santos. 0-5, min. 37 Ale de Paz. 1-5, min. 39 Melissa Jaimes. 1-6, min. 40 Ceci (dez metros)
EQUIPO ARBITRAL: Colexiados, Lázaro Angulo e Sierra Gimeno. Recibiron cartón amarelo Sara Santos nas filas do ENCE Marín Futsal e Carolina Bravo.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á primera xornada da Primeira División da RFEF disputado no pavillón Siglo XXI.