• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O ENCE Marín Futsal segue vivo na Copa ao eliminar na quenda de penalties ao Amarelle

O partido rematou cun empate 3-3 e tivo que decidirse desde o punto fatídico.

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/12/2020
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Viaxes Amarelle / AMARELLE FS

Viaxes Amarelle / AMARELLE FS

195
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O ENCE Marín Futsal supera os dezaseisavos de final da Copa da Raíña de Fútbol Sala Feminino a costa da eliminación do Viaxes Amarelle FSF. O partido rematou 3-3 e tivo que decidirse na lotaría dos penaltis onde a sorte e o acerto caeron do bando local.

Afrontaba este sábado, 19 de decembro, o equipo herculino o seu último partido do ano visitando a cancha do ENCE Marín Futsal en partido correspondente a dezaseisavos de Copa de S.M. A Raíña de Fútbol sala. As herculinas tiveron o balón e o peso do partido, pero as locais souberon xogar o seu valor á contra e conseguiron sacar un empate a tres tantos ao final da prórroga. Nos penaltis, as herculinas non tiveron a fortuna suficiente e cáense da competición do K.O.

COPA DE LA REINA
Todo listo para empezar en el Pabellón de A’Raña.@Grupo_Ence @marin_futsal
🆚@amarellefsf pic.twitter.com/z7jQwFUvCj

— Marin Futsal (@marin_futsal) December 19, 2020

O partido empezou cun Viaxes Amarelle FSF que quería ter o balón en todo momento, e cunha presión moi alta sobre o seu rival, que puxo en moitas complicacións ao ENCE Marín Futsal. Desta maneira, cando apenas transcorreran dous minutos de xogo, Cris Lourés finalizaba unha xogada ao segundo pau e colocaba o 0-1 no marcador.

O partido seguía cun Viaxes Amarelle FSF, executando ataques constantes, e resaltando o valor dun conxunto local moi encerrado no último cuarto de pista, pero coa firme intención de sorprender á contra. Desta forma, conseguía ao cinco minutos de xogo pór a igualada no marcador, cun gol de Kun, finalizando no segundo pau, que devolvía a igualada ao luminoso (1-1).

Aínda quedaba moito partido por diante, e mentres as herculinas xogaban o balón con criterio e xeraban ocasións sobre a portaría local, o ENCE Marín Futsal optaba por tentar sorprender á contra ou xogar balóns longos ao pivot, xerando gran perigo en pés de Café. Os minutos pasaban, e o partido chegaba ao tempo de descanso, co marcador 1-1 no electrónico do pavillón municipal A Rega de Marín.

Na segunda metade o encontro seguiu unha dinámica similar á da primeira metade. Un Viaxes Amarelle FSF convencido en xogar e tocar o balón para xerar perigo, e unha defensa moi atrasada e unhas grandes actuacións da porteira local que non permitían transformar ningunha das ocasións e  mantiña a meta do ENCE Marín FS a cuberto.

Na medianía do segundo período un saque de banda a favor das locais, terminaba cun disparo exterior de Kiko, que tocaba en Yaiza, desviando a traxectoria do balón, e coándose ao fondo da rede para pór o 2-1 no marcador.

Con este gol en contra, o Viaxes Amarelle FSF envorcouse un pouco máis en ataque, á vez que as locais se pechaban cada vez máis sobre a súa portaría. Os minutos pasaban, e o gol non chegaba; e a falta de pouco máis de 3 minutos, Jorge Basanta, técnico das herculinas, opta polo xogo de cinco para poder conseguir a igualada. Houbo ocasións de poder facela, pero o gol non chegou, ata que a falta de once segundos, e nun disparo exterior, Lau Doce puña o 2-2 no marcador, conseguindo forzar a prórroga.

A prórroga contou con goles pero non desfixo o empate

Chegaba o tempo de prórroga, e aínda que xa ían moitos minutos disputados, as herculinas aínda se vían con ganas, e ao primeiro minuto da prórroga, María Gómez adianta ao conxunto laranxa cun gol de penalti, tras man das locais.

O partido parecía que se puña de cara para o conxunto do Viaxes Amarelle FSF, pero as herculinas tiñan cinco faltas, e a escasos segundos do final da primeira metade da prórroga, chegaría un dobre penalti para as locais, o cal se encargaría de transformar no 3-3, Marta Gago.

Aínda quedaban tres minutos máis por diante, para poder conseguir o gol que permitise pasar de fase, sen chegar ao tempo de asueto; pero unha gran defensa e boa actuación da meta local, permitiron manter o 3-3 no marcador até o asubío final.

E coa prórroga concluída, chegaba o tempo da lotaría dos penaltis. Empezou ben para as herculinas xa que na primeira quenda Anna Escribano transformaba o penalti, mentres que Tami paraba o de Marta.

Na segunda quenda, igualábase a contenda cunha parada de Antía ao penalti de Yaiza e o gol de Kiko.

Na terceira quenda, Antía se eregía como protagonista e paraba o penalti a Lau Doce, mentres que Pau anotaba o do ENCE Marín Futsal.

A cuarta quenda finalizaba con goles de Candela e Kun para os seus respectivos equipos, e todo quedaba para a quinta e última quenda de penaltis. Foi aí cando onde María Gómez botaba o balón fóra, e o ENCE Marín Futsal conseguía o pase a oitavos de final de Copa de S.M. a Raíña de Fútbol sala.

Descanso navideño no Amarelle que xa pensa na Liga

Tras a disputa deste último encontro do ano 2020, o Viaxes Amarelle FSF terá a próxima semana como descanso, e non volverá aos adestramentos até o 28 de decembro.

Agora teñen tempo por diante, para preparar a segunda volta da primeira fase da competición de liga. Está marcado no calendario o primeiro partido da segunda volta, para o vindeiro sábado 16 de xaneiro de 2021 a partir das 18:00 horas, no Pavillón Municipal de Sagrada Familia da Coruña), recibindo ao Ourense Envialia FSF.

Viaxes Amarelle - Ourense Envialia / AMARELLE
Viaxes Amarelle – Ourense Envialia / AMARELLE

FICHA TÉCNICA

ENCE MARÍN FUTSAL: Antía, Café, Suki, Mar, Paula – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Kun, Vera, María, Kiko, Inés e Marta Gago.

VIAXES AMARELLE FSF: Sandra Rodríguez, Cris Lourés, Yaiza, Anna Escribano, Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron:  María Gómez, Lau Doce, Sofía, Patri Corral e Tami Gándara.

GOLES: 0-1 Cris Lourés (min. 2); 1-1 Kun (min. 5); 2-1 Kiko (min. 32); 2-2 Lau Doce (min. 40); 2-3 María Gómez (penalti – min. 41); 3-3 Marta (doble penalti – min. 43). PENALTIS: 0-1 Anna Escribano; 1-1 Kiko; 2-1 Pau; 2-2 Candela; 3-2 Kun.

ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Vilas López do Colexio de Árbitros da Mariña e Ourense. Mesa: Doval Rodríguez do Colexio de Árbitros de Ourense. Amonestaron con cartón amarelo a Kun do Ence Marín Futsal e a Lau Doce e Cris Lourés do Viaxes Amarelle FSF.

INCIDENCIAS: Partido correspondente a dieciseisavos de final da competición de Copa da SM a Raíña de fútbol sala disputado no pavillón Municipal de A Raña (Marín).

Etiquetas Copa da RaiñaENCE Marín Futsalfútbol salafutsalJorge BasantaMarínviaxes amarelle
Comparte1Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

por Silvia Carregal
23/05/2022
0

  A unha xornada para que finalice a tempada regular na Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF falamos...

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

por Silvia Carregal
22/05/2022
0

  Este sábado, pese a perder por goleada, Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas, era un home feliz....

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

O Cidade de As Burgas GLS acompañará ao Viaxes Amarelle no ‘play-off’ de ascenso

por Redacción As Nosas
22/05/2022
0

  Poucas derrotas, ademais así de contundentes (7-0), poderán deixar nos beizos un sabor tan doce como a que imos...

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Derbi no máis alto da 2ª División entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  A Segunda División do Fútbol Sala feminino da RFEF trae esta xornada un derbi entre conxuntos galegos que están...

O Poio Pescamar, campión da Copa de Galicia 2022 de fútbol sala / RFGF

O Poio Pescamar levanta a Copa Galicia 2022

por Redacción As Nosas
18/05/2022
0

  As futbolsitas do Poio Pescamar son as novas Raíñas de Copa de Galicia. O conxunto poiense proclamouse este martes...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

22/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.