• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Máis fútbol

Emma Lustres, a primeira muller no consello de administración do RC Deportivo

A empresaria do audiovisual forma parte do equipo que liderará Antonio Couceiro como presidente | A anterior directiva, encabezada por Fernando Vidal, poñía a disposición do accionista maioritario da entidade branquiazul os seus cargos, tendendo a man a que lles substituise

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/02/2021
en Fútbol, Máis fútbol
Emma Lustres, a primeira muller no consello de administración do RC Deportivo

Enma Lustres, nova conselleira do RC Deportivo, recollendo un premio Mestre Mateo / VACA FILMS

248
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A directiva do RC Deportivo, encabezado por Fernando Vidal como presidente, vén de facer pública a súa marcha esta mesma tarde. Pouco despois, o club anunciaba que Antonio Couceiro liderará o novo Consello de Administración no que haberá, por primeira vez na historia da entidade, unha muller. Trátase da empresaria do sector audiovisual Emma Lustres. Na breve reseña biográfica que de Emma Lustres publicaba o club herculino na súa web poñíase en valor que a empresaria do audivisual “xogará un papel relevante no mercado dos dereitos de televisión”.

O deportivismo vive novamente un momento difícil e decisivo na súa historia e a situación deportiva do primeiro equipo masculino deu lugar a un novo cambio no timón da entidade.

Desde que pola la mañá se anunciaba unha rolda de prensa do presidente, Fernando Vidal, contra ás 18:00 horas de hoxe luns 8 de febreiro, na Coruña barruntábase a posibilidade dun cambio no sillón da presidencia deportivista. Algo que finalmente rematou por aconteder no mesmo día.

 

1 de 3
- +
Despedida de Fernando Vidal como presidente do RC Deportivo e o seu Consello de Administración / RCD
Despedida de Fernando Vidal como presidente do RC Deportivo e o seu Consello de Administración / RCD
Despedida de Fernando Vidal como presidente do RC Deportivo e o seu Consello de Administración / RCD

Posta a disposición dos cargos de Vidal e o seu Consello

Así, a primeira noticia da tarde producíase nesa comparecencia ante os medios de comunicación de xeito telemático do presidente saínte, Fernando Vidal, xunto cos conselleiros: Antonio Armenteros, Ricardo González, Federico García, Manuel Vázquez, José Luis Queijeiro e Argimiro Vázquez, este último tivo que facelo desde Madrid por unha cuestión de saúde, xa que segundo explicaba Vidal, está infectado por COVID-19 e atópase en proceso de recuperación da citada doenza.

Os sete membros do consello puxeron a disposición do accionista maioritario do Real Club Deportivo da Coruña os cargos que ostentaban desde o pasado 14 de xaneiro de 2020, é dicir, hai pouco máis dun ano.

Nesa comparecencia, o presidente saínte, Fernando Vidal, analizou as circunstancias que lles levaron a tomar esa decisión e se amosou, no seu nome e no do resto do Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, disposto a propiciar unha transición tranquila e ordenada, tendendo así a man a quen os substituíse.

Poco tempo despois, saltou a segunda nova: ese Consello de Administración saínte, xa tiña reposto.

Antonio Couceiro, novo presidente do RC Deportivo

O propio RC Deportivo anunciaba a través da súa web e redes sociais que se nomeaba un novo Consello de Administración “tras a renuncia presentada polo anterior”. Nese comunicado se trasladaba ao deportivismo que á fronte do novo Consello estaría “Antonio Couceiro, presidente da Cámara de Comercio da Coruña, de AFIGAL e CESGAR”, e que o resto de conselleiros van ser: Eduardo Blanco, Carlos Cantó, David Villasuso e Emma Lustres.

Á marxe de que o cambio na presidencia e no consello de administración supón unha nova importante para o club galego, a incorporación de Emma Lustres a núcleo directivo constitúe un hito na historia do deportivismo. Nunca antes unha muller tiña estado no Consello de Administración da entidade branquiazul.

Nos tempos nos que Augusto César Lendoiro era presidente, Berta Vales (xerente) era unha das persoas máis importantes no organigrama do club. E con Tino Fernández no cargo, chegou á directiva deportivista Gelines Romero para encargarse da Dirección Social. Pero o Consello de Administración fora, até este momento, un reduto no que as mulleres nunca tiveran espazo.

Coa chegada de Enma Lustres, tras cento quince anos de vida e case medio cento de presidentes, o RC Deportivo contará cunha muller no órgano de decisión máis importante da entidade. Túmbase así outro teito de cristal.

Os perfis do novo Consello de Administración no que está Emma Lustres

Segundo explica o Real Club Deportivo no seu comunicado, “con esta medida, o club incorpora ao seu Consello perfiles profesionais moi enfocados na xestión deportiva e empresarial, cunha traxectoria moi destacada nos ámbitos público e privado”.

Esta é a descripción do perfil biográfico do novo equipo directivo que a entidade deportivista fixo público esta tarde a través da súa web:

Antonio Couceiro

Antonio Couceiro Vázquez (A Coruña, 1955). É enxeñeiro de Camiños. Conta cunha ampla experiencia en xestión pública e privada. Actualmente, é presidente da Cámara de Comercio da Coruña, de AFIGAL e CESGAR. Anteriormente, presidiu a Autoridade Portuaria da Coruña, foi director xeneral de Begano e Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Eduardo Blanco

Eduardo Blanco Pereira (A Coruña, 1955). Licenciado en INEF, doutor en Dereito e máster en Dereito deportivo. É presidente da Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE) e preside a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). É docente en varias universidades e coautor de varios libros de Xestión e dereito do deporte. Conta desde 2006, coa Medalla ao Mérito Deportivo concedida polo goberno de España e coa insignia de ouro da Federación de Asociacións de Xestores do Deporte de España (FAGDE).

Carlos Cantó

Carlos Cantó (Navés, 1976). Licenciado en Administración de Empresas e MBA por ESADE Business School e experto no mundo da mercadotecnia e dos patrocinios. É o CEO de SPSG Consulting Vocal e coordinador do capítulo ‘Mercadotecnia Deportiva’ da Asociación de Mercadotecnia de España, ademais de membro do Advisory Board do ‘World Football Summit’ (WFS). Carlos é profesor asociado en ‘Sports Business’ en ESADE Business School, Colaborador en diferentes medios (Expansión, Palco 23, Forbes edición España-, etc.) e profesor convidado en diversas escolas de negocio (IESE, Columbia University, IE, EAE, etc.) Liderou proxectos deportivos e de lecer en 25 países e participa en eventos e informes relacionados coa industria do deporte.

Emma Lustres

Emma Lustres (O Grove, 1975). É a fundadora de VACA Films Studio e puxo en marcha VACA TV e VACA NET TV. Vaca Films estableceuse nestes anos como unha das produtoras independentes líderes en España, desenvolvendo desde hai anos películas e series de éxito. Ten un gran coñecemento das grandes produtoras nacionais e internacionais que xogarán un papel relevante no mercado dos dereitos de televisión.

David Villasuso

David Villasuso Castaño (A Coruña, 1973). Actual conselleiro e director xeral do Real Club Deportivo. Chegou procedente de ABANCA. Licenciado en Empresariais pola Universidade da Coruña, Villasuso desenvolveu practicamente toda a súa carreira no sector bancario, pois entre 2003 e 2020 pasou por Deutsche Bank, Banco Etcheverría entre outros.

Etiquetas Antonio CouceiroConsello de AdministraciónEnma LustresFernando VidalRC DeportivoRCD
Comparte1Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA vs SD Eibar / AS NOSAS

Liderato deportivista no fin da primeira volta

por Redacción As Nosas
17/01/2023
0

  O triunfo colleitado na Ciudad Deportivo do Granada CF a pasada fin de semana supuxo unha alegría por partida...

O Dépor recupera a tradición de que as e os xogadores leven agasallos aos doentes do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera preto de Reis / RCD

A ilusión deportivista máis máxica regresa ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera en 2023

por Redacción As Nosas
03/01/2023
0

  Esta previsto que hoxe, martes 3 de xaneiro a partir das 13:30 horas, catro futbolistas coruñeses do RC Deportivo...

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA cede o liderato ao empatar co pechacancelas (1-1)

por Redacción As Nosas
18/12/2022
0

  O último partido do ano finalizou con empate para o Dépor ABANCA. As galegas chegaron líderes a San Bartolomé...

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / RCD

Irene Ferreras non se fía do pechacancelas “non é momento de confiarnos” “queremos acabar líderes o parón”

por Redacción As Nosas
16/12/2022
0

  Confianzas as mínimas por moito que o rival que estará enfronte esta fin de semana sexa o pechacancelas e...

Dépor ABANCA vs Córdoba CV Femenino en Abegondo / RCD

Abegondo mantense como o fortín do Dépor ABANCA que vence 3-1 ao Córdoba CF Femenino

por Redacción As Nosas
10/12/2022
0

  Xogando na casa o Dépor ABANCA ten un plus. Abegondo confírmase como o fortín das coruñesas que colleitaron 19...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.