A competición da Liga Iberdrola de voleibol entra na súa segunda fase. Despois de once xornadas, comeza a segunda volta e, para o CV Arenal Emevé o fará viaxando ás Illas Canarias. O sábado, 12 de decembro, o Sanaya Libbys La Laguna enfrontarase ao Emevé ás 19:00 horas, hora canaria.
Ambos conxuntos chegan de dunha derrota. As galegas do Arenal Emevé perderon por un rotundo 3-0 contra outro canario, o IBSA CV CCO 7 Palmas.
O cadro dirixido por José Valle loitou por cada balón contra un rival superior na táboa, xerando xogadas de perigo, pero que non foron suficientes para levarse ningún set. Os erros propios castigaron ás galegas máis que a falta de acerto, un aspecto ao que deberán atender para a nova cita.
Segunda oportunidade para o Emevé nas Canarias
Para esta xornada, o Emevé espera ter mellor sorte en terras canarias. O crecemento das loitadoras quedou estancado na novena xornada, cando acadaron a décima posición. Desde entón, ao non sumar ningunha outra vitoria e ningún outro punto, as galegas seguen aínda na penúltima posición.
Máis igualado estivo o último partido do Laguna. Cinco sets foron necesarios para decidir o gañador entre canarias e o CV Kiele, cun resultado final dun 2-3.
Estes dous conxuntos non se enfrontaron en moitas ocasións e, en todas, cun resultado nada favorable para as lucenses. En tres citas, as loitadoras non foron quen de gañar ningún encontro e, nos dous últimos, tampouco levouse ningún set. Si o fixo na primeira ocasión na que xogaron, pero cun resultado dun 3-1 final.
Así, esta fin de semana as xogadoras do Emevé terán todo un reto por diante. Se logran a vitoria, non poderán abandoar a décima posición, pero si achegarse á novena e aumentar distancias co resto de equipos na loita por non descender.