• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Atletismo

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

Lara Iglesias batía o récord galego de xavelina Sub-18 cun rexistro de 51.15 m

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/05/2023
en Máis Deporte, Atletismo
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

25
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Esta fin de semana Elviña viviu unha intensa actividade de campionatos Xunta de Galicia ca disputa das edicións correspondentes aos individuais e de combinadas Sub-16 e Sub-18 e na que se rexistraron un total e catro novos récords galegos.

O máis salientable foron os rexistros protagonizados pola atleta do Barbanza Lara Iglesias González quen no concurso de xavelina lograba xa no seu primeiro intento un rexistro de 51.15 m. Con este trallazo, a lanzadora do barbanza pulveriza o récord galego Sub18, logrando ademáis unha das mellores marcas españolas da súa categoría de sempre, accedendo a zona de top-ten no ranking mundial do presente ano

Sen abandoar os lanzamentos, novamente Hugo Casañas conseguía un excelente rexistro no concurso de disco. Sería no seu terceiro intento cando o atleta do Rías Baixas lograba unha medición de 61.90 m. que representan unha nova plusmarca galega da categoría Sub16 situándose de líder no ranking nacional. A maiores, tamén tivo tempo o pontevedrés de domiñar e liderar o ranking nacional no concurso do lanzamento do peso no que se impuxo con 16.52.

Alex Sierpes do Trega foi outra das noticias do campionato Sub16. O campión de España de pista cuberta Sub16, domiñaba claramente a proba dos 1.500 obstáculos que remataba logo de parar o reloxo nuns excelenters 4:16.37 que milloran a anterior plusmarca que el mesmo tiña.

Por último exhibición nos 600 m. do subcampeón nacional de pista cuberta de Javier Picos do Marineda quen correndo só remataba cun novo récord galego de 1:22.09 situandoo en condicións de atacar tanto o titulo nacional do vindeiro día 24 de xuño en La Nucía, como a do récord de España desta proba que está en 1:21.54.

Campionato Xunta de Galicia Sub-18

No resto de actuacións, destacamos no Campionato Xunta de Galicia Sub-18 de atletismo as mellores marcas do ano efectuadas na proba dos 800 m. na que podemos contemplar unha emocioante disputa protagonizada por Daniel Salgueiro do Coruña Comarca e Ricardo Negrete do Ferrol Atletismo, con triunfo finalmente para o coruñés con 1:53.73 polos 1:53.91 do atleta ferrolá.

Non nos esquecemos de Amparo Corredoira da Atlética Lucense quen estabrecía un excelente crono nos 1.500 rematando a proba en 4:42.02. Nos obstáculos mellor marca galega do ano para o lucense Pepe Sánchez del Valle quen lograba un claro triunfo nos 2.000 Obstáculos con 6:07.78 ao igual que Martín Vázquez nos 110 valos con 14.76 e Leo Rodríguez do Celta nos 400 valos con 54.99

Nos concursos de saltos Unai Loureiro do Riazor Coruña marchaba ata os 6.93 m. na lonxitude malia que con 2+2 de vento. Mellor sorte tería co vento Roi Rial do Atletismo Santiago quen lograba o título autonómico con 12.60 m. no seu sexto e último intento.

Nos lanzamentos salientar tamén a marca de  53.52 m. efectuada polo lanzador do Real Club Celta Xaido Nimo no martelo e pola atleta do Rías Baixas Aixa Corbacho con 56.14

Campionato Xunta de Galicia Sub-16 de atletismo

Si o sábado era a gran cita do atletismo galego Sub18, o domingo eran os atletas Sub-16 quenes tomaban o relevo nas pistas universitarias de Elviña.

Cunha ampla participación, daba comezo en dobre xornada esta importante cita, o Campionato Xunta de Galicia Sub-16 de atletismo na que o máis destacado estivo en mans de Martiño Salgado do Celta sobre os 300 valos nos que lograba un bo rexistro de 40.67.

A carreira dos 100 m. resultaba do máis interesante pola man a man mantido entre o plusmarquista galego dos 60 m. Aaron Pérez do ADAS CUPA e o plusmarquista galego dos 300 m. do Coruña Comarca Sebastián Bascoy con triunfo final para o primeiro con 11.24. Repetiría título novamente o atleta do ADAS no triplo cun excelente salto de 12.97. Sen abandoar o foso, Pedro Reino do Mazí lograba o campionato grazas aos 6.19 efectuados no seu último intento.

Manuel Eirin do Ourense Atletismo con 48.15 facía bos os prognósticos impoñéndose na final de xavelina cun mellor lanzamento 48.15 m. ao igual que sobre o concurso de marcha facía o Diego García do Vila de Cangas con 28:28.76

Na categoría femenina foron bos os rexitros logrados nos 100 m. por Paula Conde do Atletismo Ribadeo quen saía de Elviña ca medalla de ouro e o liderato do ranking autonómico da proba grazas a eses 12.39.

Irma Veiguela do Ría Ferrol acadaba o título galego nos 600 m. con 1:35.62 ao igual que Sabela Martínez do Gimnástica nos 1.000 m. con 2:53.00 e Sabela Castelo do San Miguel de Marín nos 3.000 m. con 9:45.86.

Os valos foron domiñados por Celia Fernández do Riazor Coruña con 14.70 (+2,9) e os 300 valos pola tamén coruñesa Irene Serantes con Marineda con 46.16. Debris Paniagua de o Pino facía o propio nos 1.500 Obst. con 5:06.34.

Nos concursos, a medallista de bronce nacional en altura Iria Solera do C.D. La Purísima cumplía o papel de favorita impoñéndose na final cun salto 1.65 m. Pola súa banda  Aitana Capeáns do Negreira mandaba o artefacto de peso ata os  11.76 no seu segundo intento.

Para rematar na proba de marcha, bós os 15:30.04 realizados por Alba Morales do Marineda sobre os 3.000 marcha

Campionato galego de Combinadas

No campionato Xunta de Galicia de probas combinadas, resultaron gañadores por categorías os/as seguintes atletas:

  • Sub16. Carla Ayegue da At. Lucense con 2.983 puntos e Nuno Castro do Millaraio con 3.830 puntos
  • Sub18. Matías Moldes da Gimnástica con 5.619 puntos e Marta Lázara do Atletismo Deza con 3.567 puntos
Etiquetas A CoruñaatletismoCampionato Xunta de GaliciaElviña
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

por Redacción As Nosas
25/09/2023
0

  Este domingo tivo lugar unha nova edición da Carreira da Muller, na Coruña na que correron máis de 5.000...

I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

por Redacción As Nosas
10/09/2023
0

  Na mañá de onte, sábado 9 de setembro, o fútbol e a solidariedade déronse a man na I Xornada...

Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

por Redacción As Nosas
09/09/2023
0

  Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA compareceu na previa do inicio de competición na sala de prensa de Abegondo...

Carlota Suárez celebra gol co Dépor ABANCA na Primera Federación / RCD

Todo listo para que a redonda empece a rodar na Primera Federación Iberdrola co Dépor ABANCA como claro aspirante a subir

por Redacción As Nosas
08/09/2023
0

  O balón empeza a rodar nos terreos de xogo da Primera Federación Iberdrola. A liga iníciase o sábado 9...

I Xornada solidaria AFAC

O fútbol como ferramenta de solidariedade da man da AFAC cun torneo no que participan persoeiros da vida pública da cidade

por Redacción As Nosas
07/09/2023
0

  Fútbol e solidariedade van da man na I Xornada Solidaria AFAC 'Facendo Cidade' que organiza a Asociación de Fútbol...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.