• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Máis volei

Eliminatorias, semifinais e final, os pasos para alzar a Copa da Raíña

A competición do KO arrinca no Pazo Municipal dos Deportes de Lugo mañá venres e promete ser unha auténtica festa do voleibo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/02/2022
en Voleibol, Máis volei
O Emevé e as súas loitadoras serán as anfitrioas da Copa da Raíña 2022 / EMEVE

O Emevé e as súas loitadoras serán as anfitrioas da Copa da Raíña 2022 / EMEVE

94
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Pavillón Municipal de Deportes de Lugo está listo para acoller desde mañá venres 11 de febreiro unha espectacular e igualada XLVII Copa da Raíña Iberdrola.

A nova edición do torneo do KO pon en xogo o primeiro título do curso 2022 na máxima categoría feminina tal e como explican desde a RFEVB. Os seis mellores conxuntos da primeira volta do torneo regular veranse as caras en Lugo, cunha cidade envorcada co torneo e que será sede por vez primeira da Copa da Raíña Iberdrola.

Os seis mellores conxuntos da primeira volta da liga Iberdrola competirán nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes de Lugo en tres intensos días por suceder no palmarés a Feel Volley Alcobendas, Sanaya Libby´ s La Laguna, DSV CV Sant Cugat, OSACC Haro Rioja Vóley xunto ao anfitrión CV Arenal Emevé e os cabezas de serie CV Gran Canaria Urbaser e Kiele Socuéllamos loitarán por inscribir o seu nome nos anais do torneo.

Camiseta conmemorativa da Copa da Raíña Lugo / CV ARENAL EMEVÉ
Camiseta conmemorativa da Copa da Raíña Lugo / CV ARENAL EMEVÉ

Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19

A XLVII Copa de SM A Raíña volverá ser un evento especial, marcado como na edición anterior polas circunstancias derivadas da pandemia do COVID-19 que obriga a gardar uns protocolos especiais de seguridade, establecidos polas autoridades sanitarias en función da situación epidemiolóxica. Para ese efecto será obrigatoria a presentación do pasaporte COVID-19 para poder acceder ao recinto, así como tamén o uso de máscara.

O aforo máximo establecido será do 75% da capacidade do Pavillón Municipal despois da última revisión dos protocolos sanitarios a principios de semana.

O partido inaugural da Copa da Raíña xógano as líderes da Liga Iberdrola 

A XLVII Copa da Raíña Iberdrola ábrena Sanaya Libby´ s La Laguna e DSV CV Sant Cugat. As tinerfeñas, un dos dous participantes que xa sabe o que é levantar o trofeo despois de conquistalo en Leganés en 2017, queren estender á competición do KO o seu gran momento de forma, que lles levou a enlazar máis dunha volta completa de triunfos na liga Iberdrola (13 vitorias consecutivas) e coa súa presenza asegurada nas semifinais da competición continental.

A Copa da Raíña de volei 2022 xógase en Lugo / RFEVB
A Copa da Raíña de volei 2022 xógase en Lugo / RFEVB

O conxunto que adestra Juan Diego García atopou a súa velocidade de cruceiro coa acertada distribución de Patricia Aranda, a solvencia en recepción e defensa de Patricia Llabrés, Lisa Jean Pierre e Lisbet Arredondo, que se unen aos puntos de Belly Nsunguimina como oposta nas últimas xornadas e o muro formado por Jessica Wagner e Jenelle Jordan no centro da rede.

DSV CV Sant Cugat debuta na fase final da Copa da Raíña Iberdrola despois dun sensacional inicio de tempada no que chego a ostentar o liderado da competición. O conxunto de Rafael Ruiz volveu a plasmar sobre a pista o seu traballo colectivo, herdeiro da súa filosofía colectiva, no que destacan o labor da colocadora Anna Newsome, as internacionais Aina Berbel e Raquel Brun, xunto ao traballo na rede de Camila Maldonado e a solvencia en recepción de Marta García.

CV Emevé - Sant Cugat / RFEVB
Imaxe de arquivo do CV Emevé – Sant Cugat / RFEVB

Os precedentes da tempada sitúan igualdade de triunfos, sendo DSV CV Sant Cugat o último conxunto que puido dobregar a Sanaya Libby´ s La Laguna na competición nacional na cuarta xornada con triunfo pola vía rápida, devolto hai apenas dúas semanas en terras tinerfeñas, lembran desde a RFEVB.

O encontro que abrirá a XLVI Copa de SM a Raíña terá lugar o venres ás 17:00 horas e poderá seguirse por streaming en RTVE Play, +TDP e na canle de Youtube da RFEVB.

O debut das anfitroas, CV Arenal Emevé será co OSACC Haro Rioja Vóley

As anfitrioas da XLVII Copa da Raíña Iberdrola, as xogadoras do CV Arenal Emevé, queren ser as protagonistas da sorpresa do torneo. O conxunto lucense vivirá a súa primeira participación na competición do KO baixo o apoio da súa afección e farao sen presión e coa ilusión polas nubes, buscando acceder ás semifinais diante un OSACC Haro Rioja Vóley que quere reeditar a xesta de hai unha década onde logrou o título en Salou.

O conxunto que prepara José Valle lidera a rebelión da mocidade na Liga Iberdrola, con mozas xogadoras con moito protagonismo na competición como Carolina Camiño, Jimena Fernández ou Inmaculada Lavado, que xa tiveron participación dentro da selección feminina. A achega das arxentinas Mariana Capovilla, Yael Castiglione e a recentemente chegada Massiel Matogueiras completan un conxunto disposto a todo, e coa moral polas nubes tras ter contra as cordas ao campión ligueiro na última xornada.

OSACC Haro Rioja Vóley busca axustar o seu rendemento e consolidar o seu xogo tras cultivar unha vitoria no últimos cinco encontros e saír dos postos de play-off. O conxunto jarrero chega á cita copeira baixo o mando de Esther López, que acumula unha decena de títulos entre a súa carreira como xogadora e técnico.

As rioxanas buscarán aproveitar a súa experiencia co liderado de Gómez e Fernanda Gritzbach, a achega ofensiva de Ane Cengotitabengoa e Jessica Soares e o traballo de Clara Barceló para volver ás semifinais da Copa da Raíña Iberdrola e tomarse o desquite do único precedente da tempada, no que As Loitadoras venceron pola vía rápida ao conxunto jarrero.

O segundo encontro de cuartos de final disputarase o venres ás 19 horas no que as anfitrioas tentarán comezar o seu soño copeiro mentres OSACC Haro Rioja Vóley iniciarála procura do seu terceiro título de Copa, tras os obtidos en 2012 e 2013.

CV Gran Canaria Urbaser e Kiele Socuéllamos acceden directamente ás semifinais

Os dous mellores conxuntos da primeira volta lograron o privilexio de comezar a XLVII Copa de SM a Raíña Iberdrola como cabezas de serie e arrincar a competición desde semifinais.

CV Gran Canaria Urbaser finalizou a primeira volta como líder invicto grazas a un sensacional traballo ao longo dos once encontros e a súa capacidade para pechar os desempates, liquidando con triunfo os seis partidos que chegaron ao set definitivo. O bloque de Pascual Saurín quere sumar o seu primeiro título e completar o seu palmarés co único título que falta nas súas vitrinas.

CV Arenal Emeve vs Gran Canaria Urbaser / CV OLÍMPICO
CV Arenal Emeve vs Gran Canaria Urbaser / CV OLÍMPICO

As grancanarias mediranse na primeira semifinal do sábado ás 16:30 horas co vencedor do Sanaya Libbys La Laguna diante DSV CV Sant Cugat Kiele Socuéllamos afronta a súa segunda presenza no torneo do KO coa vista posta en conseguir o seu primeiro título.

As manchegas chegan á Copa da Raíña cun sólido conxunto que colleu ritmo de competición tras os choque aprazados por COVID-19, ao superar este martes no tiebreak a Avarca de Menorca. As pupilas de Chema Rodríguez afrontan o torneo cun sólido xogo liderado polos puntos de Amelia Porteiro, as accións de Renata Benedito, Attilah Agüero e a distribución de Karina Suligoy.

O conxunto socuellamino enfrontarase co vencedor do choque entre OSACC Haro Rioja Vóley e CV Arenal Emevé na segunda semifinal do sábado ás 19:30 horas. Os dous vencedores das semifinais enfrontaranse o domingo ás 12:30 horas na gran final da XLVII Copa de SM a Raíña Iberdrola, que poderá seguirse en directo por Teledeporte.

Todos os encontros da competición poderán seguirse en directo por Streaming, a través de +TDP a sección de streaming de Teledeporte, a aplicación do ente público, RTVE Play e a través da canle de Youtube da RFEVB e en redes sociais co cancelo #CopaReinaVB.

Etiquetas Copa da RaiñaCV Arenal EmevéCV Gran Canaria UrbaserDSV CV Sant CugatFeel Volley AlcobendasKiele SocuéllamosOSACC Haro Rioja VóleySanaya Libby´ s La LagunavoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

por Redacción As Nosas
10/05/2026
0

  O Mecalia Atlético Guardés non puido facerse co título copeiro este domingo, nunha final na que o vixente campión...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  O equipo miñoto volveu mostrar a súa mellor versión este sábado ao saír airoso dunha polémica semifinal da XLVII...

Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés quítase a espiña do Beti-Onak e avanza a semifinais da Copa (23-27)

por Redacción As Nosas
08/05/2026
0

  O  Mecalia Atlético Guardés superou a primeira proba desta XLVII Copa da Raíña e puido quitar a espiña para...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.