A fazaña das loitadoras do CV Arenal Emevé na Copa da Raíña celebrada en Lugo segue a recibir recoñecemento. O youtuber galego ‘El Xokas’ felicitou ás xogadoras nun vídeo difundido polo club nas redes sociais.
“Estou moi contento por vós. Espero que vos vaian moi ben as cousas. Estou en Madrid, pero amo Lugo co meu corazón e alégrome de que representedes á cidade alá a onde vades”, asegurou ‘El Xokas’.
🏆👑🏐#loitadoras !!! Alguien tiene un mensaje para vosotras!!!
Para nadie ha pasado desapercibido vuestro increíble papel en esta Copa de la Reina, para @elxokas tampoco.
Mil gracias Joaquín 🙏💕#CopaReinaVB #CopaRaiñaVB #elxocas #Lucensismo #LugoRules pic.twitter.com/fHnpQ7ld6e— Arenal Emevé (@cvemevelugo) February 14, 2022
O conxunto do Emevé albergou en Lugo a Copa da Raíña 2022, torneo no que asinou unha actuación histórica da que a afección puido desfrutar.
As loitadoras sufriron para chegar á final, tendo que superar varios quintos sets, pero finalmente optaron á coroa de campioas no duelo ante o Sanaya Libby´s La Laguna. No derradeiro partido, as lucenses loitaron pola vitoria, pero caeron por un 3-1 despois dun intenso encontro.
O CV Arenal Emevé fai historia ao proclamarse subcampión da Copa da Raíña 2022





















