• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Rugby

Eibar Rugby Taldea remonta o partido ao CRAT Residencia Rialta (24-19)

O conxunto coruñés non é quen de vencer a domicilio e ten por diante o reto de facer unha segunda volta impecable para escalar postos na clasificación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/12/2022
en Rugby, Máis Deporte
Eibar Rugby Taldea vs CRAT Residencia Rialta / FERUGBY TV

Eibar Rugby Taldea vs CRAT Residencia Rialta / FERUGBY TV

114
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • Finaliza a primeira volta da liga Iberdrola cunha nova derrota do CRAT Residencia Rialta a domicilio.

As coruñesas non puideron manter unha vantaxe que chegou a ser de 14 puntos. Con este resultado, o CRAT Residencia Rialta distánciase dos postos de cabeza e métese de cheo na parte baixa da táboa, convertendo, ademais, a Eibar Rugby Taldea nun rival directo. Dúas vitorias e cinco derrotas reflicten un balance que obriga ao equipo galego a facer unha segunda volta de matrícula de honra para poder chegar ás eliminatorias polo título.

O Eibar Rugby Taldea comezou forte. As xogadoras locais necesitaban sumar unha vitoria, talvez mesmo máis ca o CRAT Residencia Rialta. Un ensaio no minuto 4 para as armeiras permitíalles encarar o encontro con algo máis de tranquilidade. Primeiro Judith e logo Maria Morant chegaron á zona de 22 con intención de dar a réplica, pero as locais souberon parar o avance coruñés. O CRAT tomaba o control do partido.

O xogo non era todo o rápido que buscaban as galegas. Eibar Rugby Taldea buscaba a percusión, as súas ás non tiñan profundidade. O CRAT Residencia Rialta puido romper en varias ocasións a férrea resistencia eibarresa. Primeiro foi Quen, que errou no pase tras unha gran xogada. Despois, a seu compatriota Kyra avanzou imparable ata o 22 pero non tivo continuidade.

Finalmente e nun momento clave, a dous minutos do descanso, unha combinación entre Kyra e Quen rematouna esta última cun pousado con firma neerlandesa. Alejandra transformou para darlle ao CRAT sete puntos de vantaxe no intermedio.

O CRAT Residencia Rialta comezou a segunda parte de modo abafador aproveitando a tarxeta amarela que recibiu Sambu a un minuto do descanso. Unha excelente carreira de Selene tivo continuidade no xogo e o colofón púxoo Nicky cun novo ensaio. Alejandra sumou dous puntos máis para o cadro coruñés ao mandar o balón entre paus.

Empate do Eibar

Un roubo preto da liña de ensaio permitiu ás locais recortar diferenzas e meterse de novo no partido. Desde o ensaio de Nicky Dix, Eibar foi máis protagonista e a súa anotación dáballe unha vida extra. O CRAT Residencia Rialta defendía o empuxe local, fase tras fase, pero non conseguía xogar o balón no campo rival. E chegou o ensaio do Eibar Rugby Taldea no minuto 65 por medio de Hosanna Aumua. Fallou Copeland na transformación pero o árbitro ordenou repetir a patada. E á segunda, empatou o partido. Volta a empezar con menos dun cuarto de hora por diante.

As sensacións non eran boas, Eibar Rugby Taldea non paraba de presionar. As armeiras ensaiaban de novo no minuto 74. Tocaba épica para remontar un partido no que o CRAT Residencia Rialta chegou a ir mandando de 14 puntos. Ceci levou o balón preto da liña de ensaio. Era o último empuxe.

As coruñesas tentaban loitar contra o Eibar Rugby Taldea e tamén contra o reloxo. Pero era tarde xa. Eibar selou a súa segunda vitoria da tempada. O CRAT sumou o seu cuarto partido perdido de modo consecutivo. Un encontro que tiña de fronte pero que se lle escapou.

Non lles queda outra ás coruñesas que afrontar o pau que supón caer en Eibar e pensar xa no seguinte compromiso. O único positivo, o punto por bonus defensivo que sumaron as herculinas.

Sant Cugat espera a próxima fin de semana. A súa dinámica é completamente oposta á das coruñesas. As catalás levan cinco vitorias seguidas. É é o que necesita o CRAT Residencia Rialta, reengancharse ao camiño das vitorias, canto antes. A segunda volta debe ser a da redención.

FICHA TÉCNICA

24) EIBAR RUGBY TALDEA: Islam (min. 29 entra Edurne Vidal, á súa vez substituída no min. 53 por Natale Murray), Doha, Rianna Aspinall (min. 63 entra Patricia Khumalo); Águeda (min. 63 entra Jone Carral), Eider; Aleuzenev Cid, Nerea García, Hosanna Aumua; Stefi Hooson, Cheyne Copeland; Adara (min. 42 entra Raquel Rise), Oraçao Sambu, Lide, Paula Ghiorzi e Amaiur.

19) CRAT RESIDENCIA RIALTA: Nicky, Ali, Maica; Kyra, Pimi (min. 72 entra Rumi); Judith, Maitane, Maria Morant; Alba, Alejandra (min. 55 entra Anita); Tania, Quen, Ceci, Selene e Elsa.

ANOTACIÓNS

  • 5-0 min. 4: ensaio de Paula Ghiorzi
  • 5-5 min. 14: ensaio de Maica
  • 5-12 min. 38: ensaio de Quen e transformación de Alejandra
  • 5-19 min. 41: ensaio de Nicky e transformación de Alejandra
  • 12-19 min. 51: ensaio de Amaiur e transformación de Cheyne Copeland
  • 19-19 min. 65: ensaio de Hosanna Amua e transformación de Cheyne Copeland
  • 24-19 min. 74: ensaio de Patricia Khumalo

EQUIPO ARBITRAL:  Luís Fernández. Amonestou con cartón amarelo a Oraçao Sambu no minuto 39 por xogo sucio.

INCIDENCIAS: Partido disputado no Estadio Unbe (Eibar, Gipuzkoa) correspondente á xornada sétima da Liga Iberdrola de rugby.

Etiquetas CRATCRAT Residencia RialtaEIBAR RUGBY TALDEArugby
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Inés Rey, alcaldesa, na Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 16 persoas e entidades polos seus éxitos e a súa traxectoria

por Redacción As Nosas
06/07/2024
0

  O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu onte á noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña....

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / CRAT CORUÑA

O CRAT pasa á final da Copa RFER logo de vencer con rotundidade (72-0) ao Ghenova Cocos Rugby

por Redacción As Nosas
15/04/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta disputará a final da Copa RFER tras derrotar con contundencia a Ghenova Cocos Rugby (72-0)...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.