• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

As semifinais, máis preto para o Guardés logo de gañar 16-24 ao HC Galychanka en Ucraína

O equipo galego sufriu un atasco no arranque da segunda metade (12-14) que solventou apertando en defensa e coa actuación de Carratú (19 paradas)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/02/2021
en Balonmán, Máis balonmán
HC Galychanka vs Club Balonmán Atlético Guardés, cuartos de final da EHF European Cup / AT. GUARDÉS

HC Galychanka vs Club Balonmán Atlético Guardés, cuartos de final da EHF European Cup / AT. GUARDÉS

84
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Atlético Guardés regresa de Ucraína cos deberes feitos. O conxunto galego impúxose con relativa solvencia ao HC Galychanka (16-24, 8-13) nun partido celebrado hoxe, domingo 14 de febreiro, ao mediodía en Lviv correspondente á ida dos cuartos de final da EHF European Cup.

O equipo que adestra José Ignacio Prades ten previsto iniciar esta noite, domingo, a súa viaxe de regreso a casa (Lviv-Istambul-Madrid-Vigo) coa idea de chegar mañá, luns 15, pola tarde á Guarda. Todo a expensas do temporal de neve que azouta a zona. Antes de recibir ao equipo de Vita-liy Andronov na Guarda. O cruce de volta está fixado para o domingo 21 de febreiro ás 19:00 horas e será transmitido pola TVG2.

O partido comezou de cara para o Guardés. O equipo de José Ignacio Prades entrou á pista moi concentrado e con ganas de marcar o ritmo do partido. Primeiro foi Sarah Valero (0-1), a resposta de Poliak (1-1), outro gol do pivote hispano-francesa (1-2), Markevych (2-2), Moreno (2-3) e Konovalova (3-3). E aí rompeu o partido.

O Guardés subiu un par de marchas, apertou en defensa para poder correr á contra e a pesar dos intentos locais abríase unha primeira brecha: 3-7. Poliak, a máis destacada das ucraínas con 7 tantos, tiraba do carro e rompía a seca local (Min. 11:05, 4-8). Foron minutos de pouco rédito para ambos os conxuntos, incapaces de ver portaría durante máis de sete minutos. Pero mesmo neses algarismos máis pobres, o Atlético Guardés seguía tranquilo e por diante no marcador.

As galegas do Guardés aumentan a sua vantaxe

O Atlético Guardés seguiu insistindo e a través de Arcos e Santiago conseguiu ampliar a renda para que Rajnohová asinase o 6-13, a diferenza máis ampla até o momento. As ucraínas non se rendían e para pechar o primeiro acto cultivaron un parcial de 2-0 (8-13). E chegou o atasco visitante.

A segunda parte comezou condicionada pola exclusión de Barbosa e a falta de atino de face a portaría. Demasiado lastre para as de Prades e un sopro de aire fresco para o Galychanka, que se puña a 2 (12-14). Non quedou máis remedio ao técnico que ter pedir tempo morto para refrescar as ideas do seu equipo e evitar que un partido que estivo controlado desde o principio fósese a uns camiños máis perigosos.

HC Galychanka vs Club Balonmán Atlético Guardés, cuartos de final da EHF European Cup / AT. GUARDÉS
HC Galychanka vs Club Balonmán Atlético Guardés, cuartos de final da EHF European Cup / AT. GUARDÉS

Entre Buforn, Valero e Urban soltando a boneca o partido volveu á súa canle e de novo no 47′ o Atlético Guardés recuperou a súa renda de 6 tantos (12-18). Sen desmerecer, está claro, que o partido se cimentou na defensa e nunha Marisol Carratú que con 19 paradas foi unha das claras protagonistas do partido.

Ao Atlético Guardés só quedábanlle por diante minutos de saber xestionar e manter a súa renda. Aínda se puxo a catro goles o Galychanka (15-19), pero as galegas non querían sorpresas e non dubidaron en sentenciar para regresar á Guarda cun colchón de 8 goles que dá moitas esperanzas de cara a pór os dous pés nas semifinais da terceira competición continental.

José Ignacio Prades: “Foi un partido complicado”

“O resultado fai xustiza ao traballo e esforzo das mozas, que se baleiraron en defensa para contrarrestar o xogo tan duro do rival”, recoñeceu Prades ao termo do choque.

O técnico quixo analizar a vitoria nun “partido complicado” pero cuxo resultado “reflicte que o equipo estivo moi ben no tramo final, pero sobre todo destacaría que entramos moi ben ao partido, cunha eficacia moi alta na porcentaxe de lanzamento que nos axudou a coller confianza”, resaltou.

José Ignacio Prades, adestrador do Atlético Guardés: “Entramos moi ben ao partido, cunha eficacia moi alta na porcentaxe de lanzamento que nos axudou a coller confianza”

O técnico das galegas tampouco quixo pasar por alto os primeiros minutos do segundo acto: “o inicio da segunda parte tivo momentos nos que nos custaba anotar, pero compensámolo con defensa e achega en portaría”, celebrou José Ignacio Prades no polideportivo de Lviv.

Seguintes citas das galegas, en Huerta del Rey e na Sangriña

Para afrontar a volta desta eliminatoria europea, as galegas contan cun colchón de oito goles. O cruce da Sangriña terá como colexiados a Justas Ivanauskas e Edvinas Jencevicius (Lituania).

Antes, espéraas en Huerta del Rey o conxunto do Aula Alimentos de Valladolid. Será o xoves 18 de febreiro ás 19:00 horas en cruce correspondente á 12ª xornada da Liga Guerreras. Dirixirán o partido os colexiados David Monjo (Madrid) e Miguel M. Soria (Comunidad Valenciana).

FICHA TÉCNICA

16) UKR HC GALYCHANKA LVIV: Olesia Diachenko, Nataliia Shypliak, Iryna Prokopiak, Mariana Markevych (3), Yuliia Holovko, Olga Vasyliaka, Viktoriia Saltaniuk, Oleksandra Furmanets (1), Anhelina Ovcharenko, Mariia Gladun, Khrystyna Maikut, Maryna Konovalova (1), Kateryna Kozak, Anastasiia Melekestseva, Diana Dmytryshyn (4) e Tetiana Poliak (7).

24) CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS: África Sempere, Sandra Santiago (2), Lorena Pérez (2), Estefanía Descalzo, Míriam Sempere, Paulina Buforn (4), Patrícia Lima (3), Cristina Barbosa, Rosario Urban (1), Paula Arcos (4), Sarah Valero (4), Carla Gómez, Marisol Carratú, Erika Rajnohová (3), Laura Morais e Daniela Moreno (1).

ÁRBITROS: Andrzej Chrzan e Michal Janas (Polonia). Excluíron por parte das locais a Poliak, Maikut e Markevych e das visitantes a Barbosa, Descalzo e Rajnohová.

PARCIAIS CADA 5 MINUTOS: 3-3, 3-7, 4-8, 5-10, 6-12, 8-13 (descanso), 11-14, 12-14, 12-16, 13-18, 15-19, 16-24.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á ida dos cuartos de final da EHF European Cup disputado no polideportivo de Lviv con 50 espectadores.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánEHFHC GalychankaLVIVUcraínaUkrania
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.