Unha vez a Real Federación Galega de Fútbol deu por finalizada a liga de Primeira Galicia Sénior Feminina de fútbol sala, certificouse o ascenso directo á Liga Preferente do ED Vigo 2015. No momento no que se parou a competición, o equipo ía liderando a clasificación con 44 puntos e sen coñecer a derrota, a 7 puntos do segundo clasificado e a 14 do terceiro. Nesa nova categoría encontrarase con outros dous equipos vigueses, o Bembrive FS e o ABC.
O conxunto adestrado por David Portugués ‘Portu’ realizou unha grandísima tempada e este ascenso foi moi celebrado tanto polas xogadoras como por todo o club, que por primeira vez na historia militará nesta división de fútbol sala feminino.
As ED Vigo 2015 xa traballan na vindeira campaña
O corpo técnico do ED Vigo 2015 xa se atopa traballando na confección do persoal para a tempada 2020-21. Despois de renovar a case o 100% do plantel que conseguiu o ascenso, agora están buscando fichaxes co obxectivo de reforzarse para competir na nova categoría.
Desde o club queren agradecer a todos os patrocinadores que fixeron posible este ascenso e, ao mismo tempo, invita a todas as mulleres que lles guste o fútbol sala a que se sumen a este proxecto deportivo e social.
https://twitter.com/EDVigo2015FS/status/1266051475064709120?s=20