• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

As galegas Támara Echegoyen e Patricia Suárez arrancan a súa participación no Mundial de 49er FX en Geelong con Toquio como meta

Dúas son as embarcacións con representación galega nesta cita que ten lugar do 10 ao 15 de febreiro Geelong, Australia | Coa praza española para os XX.OO. por decidirse, ambas pugnan por ser as elixidas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/02/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Támara Echegoyen e Paula Barceló competindo en Geelong / DREW MALCOM
106
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A conta atrás para Toquio2020 está nas mentes de moitas deportistas galegas. A vela é unha das disciplinas nas que Galicia ten posibilidades de alcanzar bos resultados. Mañá, luns 10, dúas galegas empezan a competir na última proba importante de cara a esa gran cita olímpica. Trátase de Támara Echegoyen e de Patricia Suárez. Elas, coas súas respectivas tripulantes, arrancan a súa participación no Mundial de 49er FX en Geelong (Australia). Pero saben que se xogan moito máis que un Mundial, por se iso fose pouco. España ten so unha praza nesta categoría para competir en Toquio. Aínda non se decidiu que tripulación a ocupará.

Ao tratarse do último Campionato do Mundo antes dos Xogos Olímpicos de Toquio2020, estamos ante unha proba crucial para ver en que momento de forma chegan as tripulacións para loitar polo ouro olímpico. Así que, posiblemente, na decisión final de que españolas estarán alí, esta proba teña moita luz que aportar.

Echegoyen e Barceló, do equipo Movistar, veñen de proclamarse vencedoras do Campionato de Oceanía no mesmo escenario. Támara, ademais, sabe o que é colgar do peito un ouro olímpico, fíxoo en Londres. A súa traxectoria está en ascenso nos últimos meses, pero Patricia Suárez e Nicole van der Velden foron as que conseguiron a praza para o 49er FX español e non lles van á zaga. O único case seguro é que a representación española en Toquio, no que á clase 49er FX se refire, falará galego.

Último test antes dos Xogos

Saben que se xogan un lugar nos Xogos Olímpicos e que so hai sitio para un barco. Sexa cal sexa a decisión da dirección técnica da Federación Española de Vela, é tamén momento para aprender do que as elixidas se atoparán en Toquio. A bo seguro que cada tripulación da flota mirará de esguello para os rivais que se atopen no campo de regatas non so para amosar o seu músculo de cara á cita olímpica, se non tamén para saber cales son as eivas que as principais competidoras poderán ter e tirar partido delas nos XX.OO. se teñen ocasión.

Támara Echegoyen e Paula Barceló competindo en Geelong / DREW MALCOM
Támara Echegoyen e Paula Barceló en Geelong / DREW MALCOM

Así, Geelong é evidentemente unha carta de presentación e tamén unha proba fundamental para chegar con forza en moral alta a Toquio. Como decimos, Tamara Echegoyen e Paula Barceló (Movistar), así como Patricia Suárez e Nicole van der Velden (Grupo Profand) serán as españolas presentes na clase 49er FX neste campionato que comeza en Australia.

O resto de representación española a conforman Diego Botín e Iago López Marra (Quirón Salud) en 49er, e Tara Pacheco e Florián Trittel en Nacra 17. En total haberá catro tripulacións de España nas cales atopamos a dúas galegas.

Así será a competición en 49er, 45 en 49er FX e 38 en Nacra 17

Neste Mundial danse cita 80 participantes en 49er, 45 en 49er FX e 38 en Nacra 17. As diferentes embarcacións se medirán en seis días de regatas. No caso dos 49er FX, clase na que compiten as galegas, primeiro haberá Series Clasificatorias e logo Series Finais, para logo cheghar as Medal Race previstas para o sábado 15. A esta última fase competitiva so chegará o Top 10.

Segundo informa a Federación Española de Vela, no caso das tripulacións de 49er FX haberá “dous grupos nas Series Clasificatorias, cun máximo de nove probas. Xa nas Series Finais, os primeiros 25 barcos clasificados conformarán o grupo Oro, quedando o resto da clasificación integrada no grupo Prata e Bronce”, se fose preciso. Aquí habería oito regatas, “tres e tres os días 13 e 14 de febreiro, e dous o último día, xusto antes da disputa da Medal Race”.

A organización da proba dispuxo seis campos de regata. Hainos na zona interior e na exterior da bahía de Corio. A idea, é que o Comité poida optar por uns ou outros en función das condicións de vento que se dean en cada momento.

Echegoyen e Barceló acaban de gañar en Geelong a Oceanía Championship

Támara Echegoyen e Paula Barceló no podio de Geelong / DREW MALCOM
Támara Echegoyen e Paula Barceló no podio de Geelong / DREW MALCOM

Hai nada, do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro Geelong acollía o Campionato de Oceanía. Na competición tamén participaron as galegas Echegoyen e Suárez, pero correron diferente sorte. Támara Echegoyen e Paula Barceló (Movistar) foron campionas. Asinaron tres primeiros lugares, un segundo e dous terceros, eliminando o undécimo lugar da segunda regata e mellorando así a puntuación global das segundas, as neozelandesas Alexandra Maloney e Molly Meech.

Patricia Suárez e Nicole van der Velden (Grupo Profand), finalizaron a competición en decimoterceira posición. Un terceiro lugar na primeira xornada foi a súa mellor regata mentres que unha bandeira negra lles limitaba a eliminación de algún dos dous 15º postos que asinaron nas regatas dúas e tres e que condicionaron a súa puntuación final.

Con todo, esta competición so foi un petisco de cara á que agora comeza e que decidirá boa parte das papeletas para estar nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 nuns meses.

 

2020 49er, 49er FX & Nacra 17 Oceania Champs – Final Day from Ben Remocker on Vimeo.

Etiquetas 49er FXPatricia SuárezTámara Echegoyenvela
Comparte15Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do Trofeo Presidente da Xunta de Galicia de vela 2026 / XUNTA DE GALICIA

Todo listo para a edición 2026 do Trofeo Presidente da Xunta de Galicia de vela

por Redacción As Nosas
30/06/2026
0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes presentou hoxe as cinco regatas de vela que integran o Circuíto Galego de...

Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

por Redacción As Nosas
14/01/2026
0

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, acompañado pola delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación da...

Trofeo Grillete da clase ILCA / RCNC

O Trofeo Grillete 2025 reúne á elite galega de ILCA

por Redacción As Nosas
01/12/2025
0

O Real Club Náutico da Coruña organizou na fin de semana do 22-23 de novembro unha nova edición do Trofeo...

Presentación no Real Club Náutico de Portosín da XXV Regata Ramiro Carregal / XUNTA DE GALICIA

A Regata Ramiro Carregal – Gran Trofeo Faro de Corrubedo chega á súa 25 edición

por Redacción As Nosas
24/06/2025
0

  Lete Lasa pon en valor o papel do Real Club Náutico de Portosín na vela galega na presentación da...

Támara Echegoyen e Paula Barceló no Mundial de Geelong / RFEV

Támara Echegoyen: “Tomei a decisión de poñer punto e final á miña carreira olímpica”

por Redacción As Nosas
20/11/2024
0

  A regatista galega Támara Echegoyen anunciou a través da súa conta en Instagram que tomar a decisión de "poñer...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.