• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Opinión

É tempo de soñar con España

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
19/08/2023
en Opinión
114
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

É tempo de soñar en alto. É tempo de soñar en grande.

Con España na final da Copa do Mundo soñamos unha chea de cousas bonitas. Soñamos levantar a Copa. Soñamos colocar unha estrela ao carón do escudo. Con cantar “a Copa do Mundo é nosa…” Cunha galega campioa do mundo de fútbol. Con esa galega, Teresa Abelleira, facéndolle á súa nai un agasallo inesquecible xustamente no día do seu aniversario. Aínda que seguramente Teté Dueñas xa ten o mellor regalo que unha nai pode ter: ver á súa filla feliz cumplindo metas na vida, podendo facer o que mellor sabe facer e o que máis lle gusta facer, neste caso: xogar ao fútbol.

Pero retomando o tema onírico, este agosto do 2023 sobre todo soñamos con que o soño non era tal. O soño, non era un soño…

Precisamente se de algo é tempo agora é de saber que chegou o momento de deixar de soñar. Xa toca facer realidade ese soño que algún día tivemos tantas e tantas mulleres que adoramos o deporte, nomeadamente o fútbol e ás que se nos dicía pouco menos que “xa, xa… miña nena… ti sigue soñando…” Pois mira ti, seguimos a soñar e estamos acariñando a fantasía que tiñamos na mente.

É tempo de demostrar que era verdade, que podiamos soñar despertas e que podemos conseguir os nosos soños.

Sobre todo é tempo de que o a sociedade teña claro que imos seguir ansiando todo o que nos pete, no fútbol e na vida. Ímolo facer por moito que aínda queden persoas que pensen que non temos dereito nin a soñar. Que habelas, hainas.

Non queren que o intentemos

Sabede que aqueles que non queren que outras persoas soñen é porque saben que o primeiro paso para conseguir algo e pensar na túa cabeciña que podes acadalo, é dicir, soñalo, ter unha ilusión.

Cóntovos unha cousa que se cadra non pensáchedes (ou si)… Esa xente non quere que o consigamos, pero principalmente non quere que o intentemos. A explicación radica en que é bastante común que a primeira vez que se intenta algo non se acade, pero ese intento inspira a máis persoas a probar sorte. A pensar, “por que non?” “e se si?”

Pois no fútbol feminino en España, ao igual que noutras conquistas das mulleres (no deporte e na vida), pasa o mesmo. Antes de Alexia Putellas, de Salma Paralluelo, de Jenni Hermoso ou da nosa Teresa Abelleira, houbo outras que deron pasos para chegar a esa final do Mundial.

Aí está a historia que escribiron mulleres como a asturiana (coruñesa de adopción) Inma Castañón, primeira capitá da Selección Española feminina de fútbol. Unha das estrelas do Karbo. Entre desas pioneiras e peloteras de nivel estaba Lis Franco, outra futbolista que defendeu a camiseta vermella de España e camiñou pasos imprescincibles para chegármonos ata onde agora estamos.

A importante achega de Vero Boquete

E pioneira con España tamén foi unha futbolista, aínda en activo e marcando goles por terras de Italia, que fixo unha achega fundamental para que esteamos onde agora nos atopamos. Falo de Vero Boquete, da súa capacidade e calidade futbolística pero, sobre todo, falo do seu golpe na mesa aló polo 2015, no Mundial de Canadá. Pagou caro a compostelá erguer a voz e dicir: Basta. Así, non. Podemos facer máis. Somos quen de facelo mellor.

Preguntémonos algo: estariamos aquí agora con España na final do Mundial se Vero Boquete non fixera o que fixo? Preguntémonos o mesmo para o acontecido coa chamada ‘rebelión das 15’.

Como dicía un par de parágrafos máis arriba, é habitual que a primeira persoa que tenta conseguir algo, ou a primeira vez que esa persoa o intenta, non o consiga. Pode ser que aínda non chegase o momento, que non estea preparada, pero o certo é que o simple intento inspira a outras persoas a coller a remuda e seguir vogando ata chegar ao porto. Por iso hai quen non quere que outras persoas soñen en grande.

Gañen ou perdan, as futbolistas da Selección de España xa fixeron historia. Xa inspiran os soños de miles de nenas. Foron sumando fitos neste Mundial 2023 de futfem a cada paso que deron. Incluso co tropezo ante Xapón. Porque é bo descubrir que non es invencible e que o que acadas é froito do esforzo e o traballo duro. Que ninguén che regalou nada para chegar á meta.

Esas 23 futbolistas de España que queren que espertemos do soño véndoas erguer a Copa do Mundo levan adestramentos e fútbol abondo nas botas para merecer chegar ata aí e tentalo.

E se non o conseguen, alguén virá que colla a remuda e volva probar ata que o soño sexa unha realidade.

Non sei vós pero, como dixera Martin Luther King, “eu teño un soño…”

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

Etiquetas As NosasEspañaInma CastañónJenni HermosoLIS FRANCOopiniónSilvia CarregalTere AbelleiraVero Boquete
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.