• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Manuel Durán: «A avaliación é moi positiva tendo en conta os medios que temos»

O presidente do Ensino fai balance dunha tempada de altibaixos onde as galegas remataron décimas

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
21/04/2022
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
O presidente do Durán Maquinaria Ensino fai balance dunha tempada de altibaixos onde as galegas remataron décimas / ENSINO

O presidente do Durán Maquinaria Ensino fai balance dunha tempada de altibaixos onde as galegas remataron décimas / ENSINO

219
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Co remate da tempada 2021-2022, o Durán Maquinaria Ensino logrou afianzar a súa posición na máxima categoría do baloncesto español, pero outros obxectivos, como disputar a Copa e o playoff quedaron sen cumprir despois dun curso marcado polas lesións.

O presidente do club, Manuel Durán, falou en rolda de prensa este mércores para facer un balance do ano. En liñas xerais, admitiu que «a avaliación é moi moi positiva tendo en conta os medios que temos e como o estamos facendo».

Durante a súa intervención, o mandatario destacou o labor do plantel, así como os esforzos do técnico Ferán Varela, sen esquecer o traballo aportado previamente no banco por Miguel Ángel Ortega. Da mesma forma, incidiu na falta de apoios por parte das entidades e institucións para que o proxecto do Ensino se manteña nunha competición que ano tras ano sube de nivel e que está cada vez máis profesionalizada.

Zaragoza vs Ensino / Casademont Zaragoza - Esther Casas
Zaragoza vs Ensino / Casademont Zaragoza – Esther Casas

Baremo positivo malia quedar fóra de Europa e da zona alta da LF Endesa

Manuel Durán recoñeceu durante os primeiros minutos da súa intervención que «cando se fixo o plantexamento era moi ambicioso por ir a Europa, que era algo descoñecido para o club e a cidade e para nós como entidade, pero é certo que fai falta algo máis».

O presidente recalcou como os equipos que compiten a nivel continental son os máis fortes, e que a actuación do Ensino «estivo moi ben. A clasificación aquí foi perfecta co equipo italiano, na fase fumos baixo mínimos, tiñamos o nivel, pero como todo, saiu regular desde o principio polas lesións».

As baixas marcaron a tempada das lucenses, que non puideron contar co plantel ao completo en momentos decisivos. Con todo, isto non é excusa para o club: «Non podemos falar sempre do mesmo, outros equipos tamén tiveron lesións. Onte escoitaba a Lino (adestrador do BAXI Ferrol) en rolda de prensa e chapó, tamén elas tiveron problemas e tiveron a mala sorte de descender despois de facer unha tempada realmente boa«.

O BAXI despídese da LF Endesa

«O noso obxectivo era a Copa e ir a playoff. Tiñamos equipo para elo e non o conseguimos. Conseguimos unha salvación temperá e con este plantel tiñamos que conseguila. Hai que recoñecer o labor de Fernán que cambiou o chip e a dinámica de equipo e conseguiu convencelas e sacar ao equipo adiante. Non temíamos o descenso, pero estaba aí. O baloncesto é así«, seguiu Durán.

Coa tempada rematada na décima posición, o presidente do Ensino considera que o resultado final «non é unha catástrofe, é un exito tendo en conta o apoio que temos. Este equipo basease na xente que traballa nel e nas xogadoras, porque axuda externa temos pouca».

Ademais, nas últimas xornadas, a sorte comezaba a sorrir ao equipo, que podía desfrutar de cada vez máis xogadoras no parqué. «Estaban on fire. Temos que ter en conta que estaban reventadas porque foi unha tempada longa, pero estaban moi contentas. Como estabamos vendo ultimamente, son xogadoras que están facendo as súas mellores tempadas aquí», engadiu.

Falta de referente

Na pretempada, o Ensino anunciou a fichaxe da internacional Tamara Abalde, unha xogadora que prometía ser peza clave nos plans lucenses. Con todo, unha lesión truncou a súa actuación durante a campaña, quedando relegada a un papel non menos importante dentro do vestiario.

Malia non podes dispoñer dela na pista, o club apostou por mantela no plantel. «Era a nosa fichaxe estrela e a o club portouse de 20 porque isto probablemente noutro club non tería sido da mesma maneira», apuntou o presidente.

Tamara Abalde, nova xogadora do Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO
Tamara Abalde, xogadora do Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Tamén insistiu en que «fóra do que é o tema deportivo axudou moito. É unha moza con moita experiencia e no plantel e no vestiario tivo un peso á hora de que isto mellorase. Iso téñoo clarísimo. Agora para que recupere ao 100% se é que se recupera vai levarlle tempo e o tempo pasa. É unha mágoa porque contabamos con ela e era un dos nosos referentes. Se a tiveramos desde o inicio ao mellor as cousas serían diferentes. Non nos imos queixar de todo, porque entón todo son disculpas. Tiñamos plantel para máis pero estas foron as circunstancias», explicou.

O cambio de Ortega a Varela

Un dos momentos máis relevantes da tempada en Lugo foi o cambio de adestrador. Coa marcha de Miguel Ángel Ortega, Fernán Varela pasou a asumir o liderato do banco galego. Sobre o primeiro adestrador, Manuel Durán confirmou que xa está «desvinculado» da entidade e que «tiña un proxecto bonito e ambicioso e non funcionou. Non sabería dicir por que, non hai máis que ver o cambio de actitude das xogadoras».

O cambio coincidiu coa recuperación de varias das xogadoras, pero o presidente resaltou que «desde que está Fernán melloramos. Ao final é destas cousas que cambiar a un adestrador é complicado, hai un tema económico e o compromiso que adquires e a mitade de tempada cambiar é duro» confesa. A isto engade que «crimos que era o mellor para o club e saiu ben. Podía saír mal e saíu ben. Era un cúmulo de mala sorte e non podemos botar a culpa a Ortega de nada«.

Fernán Varela, adestrador do Ensino / ENSINO
Fernán Varela, adestrador do Ensino / ENSINO

O Ensino precisa apoios para facer fronte á vindeira tempada

Etiquetas baloncestoDurán Maquinaria EnsinoEnsinoEnsino LugoFernán VarelaLF EndesaLiga Feminina EndesaManuel DuránMiguel Ángel Ortega
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

O Duran Maquinaria Ensino acadou a súa primeira vitoria do curso 2026-27 nesta terceira xornada da LF Endesa. O triunfo...

Partido da LF Endesa entre o Impulso 360 Estepona e o Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Pleno de derrotas galegas na 2.ª xornada da LF Endesa ao perder Celta, Ensino e BAXI

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Pleno de derrotas galegas na segunda xornada da LF Endesa. Perdeu o BAXI Ferrol a domicilio na cancha do Hozono...

Durán Maquinaria Ensino Lugo LF Endesa 26-27 / REBECA FERNÁNDEZ - ENSINO

Triunfo do BAXI e derrotas do Ensino e Celta na primeira xornada da LF Endesa 26-27

por Redacción As Nosas
03/10/2026
0

Arríncou a LF Endesa con sorte dispar para os tres conxuntos galegos que militan na máxima categoria do baloncesto feminino...

Na Copa de Galicia, o Durán Maquiniaria Ensino posa tras vencer ao BAXI Ferrol / FEGABA

O Durán Maquinaria Ensino, campión da Copa Galicia sénior feminina 2026 ao vencer ao BAXI Ferrol (91-79)

por Redacción As Nosas
12/09/2026
0

O Durán Maquinaria Ensino acada o triunfo na 39.ª Copa Galicia sénior feminina de baloncesto organizada pola FEGABA. As lucenses...

Presentación da Liga Endesa LF Endesa 2025-26 / ENDESA

Coñece o calendario dos equipos tres galegos na próxima Liga Endesa 2026-27: Ensino, Celta e BAXI

por Redacción As Nosas
04/08/2026
0

Xunto á lista de equipos participantes, a Liga Endesa xa ten preparadas as datas dos partidos a disputar nesta nova...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.