O CF Dumbría está de aniversario e para celebralo comprométese co deporte feminino coa creación dunha Escola de Fútbol Base Feminino. O equipo galego aposta por este reto social e deportivo coa intención de fomentar o deporte feminino, a igualdade de xénero e ofrecer ás futbolistas formación e un lugar onde participar nas competicións oficiais.
O propio club salienta como son cada vez máis as nenas da comarca de Fisterra, motivo polo cal tomaron esta decisión de formar parte do futuro do fútbol feminino galego. Desde a entidade sinalan que “afrontamos este novo reto conscientes de que vivimos tempos complicados pero con moita ilusión e gañas de poñer en en valor o fútbol feminino en Dumbría e na comarca”.
Todas as futbolistas nadas entre o 2008 e o 2013 poderán participar nesta nova escola de fútbol base feminino. As incricións están xa abertas e poden facerse chamando ao 666 511 612 ou cun mail a contacto@cfdumbria.es. Nas vindeiras semanas, o propio Dumbría publicará as datas das xornadas de captación e campus que organiza.