• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Duelo de galegas no máis alto entre Viaxes Amarelle e Bembrive con triunfo coruñés (6-3)

As de Pitu buscaron remontar apostando polo xogo de cinco na recta final do partido sen éxito

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/12/2021
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

77
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, termina a xornada un pouco máis líder do Grupo 1 da Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF tras conseguir unha importante vitoria fronte ao Bembrive FSF. Un cruce entre equipos galegos ubicados na zona alta que fortaleceu ás coruñesas nesa zona nobre da clasificación.

A pesar de empezar por detrás no marcador, as herculinas foron capaces de rearmarse sobre a cancha, dar a volta ao marcador e conseguir o tres puntos, ao imporse por un marcador de 6-3, grazas aos goles de Candela Soria (2), Èlia Gullí, Patri Romaní (2) e un en propia porta.

Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF que quería levar o peso do partido e o xogo, mentres que o Bembrive FSF optaba por esperar en media cancha e tratar de sorprender á contra. As herculinas xerarían as súas primeiras ocasións, pero o gol non chegaba; mentres que as visitantes conseguían adiantarse ao sete minutos de xogo, cando Lucía roubaba un balón nunha saída local, e tocaba o balón con Laura Centeno que puña por diante ao Bembrive FSF, co 0-1 no marcador.

Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

Aínda partira por diante, pero as herculinas nunca dan un partido por perdido. O conxunto adestrado por Jorge Basanta seguiu coa súa tranquilidade e xogo sobre a cancha, ata que conseguiron igualar a contenda pouco antes da medianía do primeiro tempo, cun disparo cruzado e exterior de Candela Soria.

Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE
Patri nun momento do Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

Tras a igualada, o Viaxes Amarelle FSF seguía coa presión alta de balón e conseguía un saque de esquina que Èlia Gullí executou un disparo exterior de dez metros. O esférico se lle escapaba das mans á meta visitante, e subía o 2-1 ao marcador.

As herculinas seguían envorcadas en ataque, e un par de minutos máis tarde chegaba o 3-1, tras unha longa xogada elaborada do cadro herculino, que finalizaba Patri Romaní no segundo pau, a pase de Cris Lourés.

Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

As locais tomaban vantaxe no partido, tras dar a volta ao primeiro gol visitante, e seguía buscando ampliar a renda, pero faltaba a definición para ampliar a renda. A falta de pouco máis dun minuto para o final do primeiro tempo, Claudia conseguía recortar distancias para o Bembrive FSF, pondo o 3-2 cun disparo frontal exterior, moi axustado ao pau da portaría local.

Logo do paso por vestiarios, o conxunto visitante saía moi metida polo partido e mostrábase nos seus mellores momentos do partido, e víanse con intención de dar a sorpresa no Municipal de Sagrada Familia. De feito cando apenas pasaran minuto e medio de partido chegaba unha xogada polémica onde Bembrive FSF puña o 3-3 no marcador, pero os colexiados pitaban falta sobre Leti Rojo, e as herculinas seguían mantendo a vantaxe no marcador.

Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Bembrive FS / VIAXES AMARELLE

Este aviso, púxolles as pilas ás herculinas, que viron que o rival estaba preto de pór perigo o partido. Armáronse en ataque para poder ampliar distancias no marcador, e xogar o partido con máis calma. Co todo, o Bembrive FSF non daba o partido por perdido en ningún momento.

Na medianía do segundo período, María Gómez apuraba unha xogada ao bordo da liña de fondo, pondo un centro na área pequena, que tocaba en Lucía Osorio e o balón íase ao fondo da rede, cun marcador de 4-2 para as coruñesas.

Aínda quedaba moito partido por diante, e o Bembrive FSF non se daba por vencido no partido, e seguía buscando recortar distancias. As visitantes apostaron incluso polo xogo de cinco cando restaban catro minutos por disputarse. No saiu ben o plan deseñado polo técnico das viguesas, Pitu. O gol chegaría para o Viaxes Amarelle FSF a pouco máis de dous minutos para o final, cando Patri Romaní finalizaba no segundo pau, unha contra fulgurante, que ela mesma iniciaba cun roubo de balón en cancha propia, e saída nun 3 para 1 sobre o Bembrive FSF.

O conxunto visitante seguiu apostando polo xogo de cinco á procura de recurtar distancias no marcador, e a falta dun minuto para o final do tempo regulamentario, conseguía subir o 5-3 ao marcador, nun tanto transformado por Eva.

O Viaxes Amarelle FSF apenas tardou 12 segundos en dar a réplica, cando Candela Soria subía o 6-3 ao marcador, resultado que ao cabo resultaría definitivo para dar tres puntos de ouro ao conxunto herculino.

Celebración do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE
Celebración do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle xoga Copa co Marín Futsal o mércores

Tras este novo partido oficial da tempada, o equipo volverá o martes ás xornadas de adestramento para preparar o seguinte choque. Desta volta será un compromiso da Copa de S.M. A Raíña, que terá lugar este mesmo mércores 8 de decembro no Pavillón Municipal da Sagrada Familia da Coruña a partir das 12:00 horas. O rival será outro equipo galego da Primeira División, o Marín Futsal que está facendo unha brillante tempada no seu debut na elite.

FICHA TÉCNICA

6) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Patri Romaní, Èlia Gullí e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Lau Doce, Yaiza e María Gómez.

3) BEMBRIVE FSF: Marina, Lucía, Laura, María e Paulinha – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Claudia, Lutxi, Lucía Osorio e Eva.

GOLES: 0-1 Laura (min. 7); 1-1 Candela Soria (min. 9); 2-1 Èlia Gullí (min. 10); 3-1 Patri Romaní (min. 12); 3-2 Claudia (min. 19); 4-2 Lucía Osorio (propia porta) (min. 30); 5-2 Patri Romaní (min. 37); 5-3 Eva (min. 39); 6-3 Candela Soria (min. 39).

ÁRBITROS: José Manuel Carreira Romero e Marcos Vázquez Mayán do Comité Técnico de Árbitros da Coruña e Pontevedra. Mesa: Lucía Manso Porteiro do Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Amonestaron con cartón a Candela Soria, Èlia Gullí e Jorge Basanta pola parte do Viaxes Amarelle FSF, e a Claudia e Eva do Bembrive FSF, en todos os casos a sanción foi cartón amarelo.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á oitava xornada de liga no Grupo 1 da Segunda División Feminina de Fútbol Sala da RFEF disputado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia na cidade da Coruña.

Etiquetas A CoruñaBembriveCandela SoriaÉlia GullíFSFfútbol salafutsalJorge BasantaLaura CentenoLucía OsorioPatri RomaníPituviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

por Redacción As Nosas
10/08/2022
0

As instalacións da pista do barrio da Sagrada Familia na Coruña melloráronse recentemente co puído da superficie para acondicionar a...

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA lévase o Torneo Cidade de Gaia ao vencer 2-4 ao Valladares Gaia FC

por Redacción As Nosas
09/08/2022
0

  O Dépor ABANCA proclamouse campión do Trofeo Cidade de Gaia ao imporse (2-4) ao Valadares Gaia FC, da Primeira...

O corpo técnico do CRAT 22-23 estará conformado por, de esquerda a dereita: Juan Carlos Fernández, Jos Portos e Francisco Usero / CRAT

Francisco Usero súmase ao corpo técnico do CRAT

por Redacción As Nosas
08/08/2022
0

  Francisco Usero súmase ao equipo técnico do CRAT que lidera Jos Porto e no que tamén está Juan Carlos...

Antía Pérez, chega desde o Sala Zaragoza / PRBFS

Antía Pérez ficha polo Burela FS: Galicia Calidade e futuro para as Guerreiras Laranxas

por Redacción As Nosas
07/08/2022
0

  Desde a directiva do CD Burela FS anuncian que a á-pivote, Antía Pérez, súmase como reforzo do equipo feminino...

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, na presentación do Trofeo Teresa Herrera 2022 no que o Dépor ABANCA terá como rival ao FC Famalicão / CONCELLO DA CORUÑA

O FC Famalicão, rival do Dépor ABANCA no Teresa Herrera

por Redacción As Nosas
06/08/2022
0

  O Dépor ABANCA xa coñece ao equipo que será o seu rival no décimo Trofeo Teresa Herrera feminino, o...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.