Esta fin de semana iníciase a LF2 cun interesantísimo duelo que enfrontará a dúas das escuadras galegas: CB Arxil vs Baxi Ferrol. A cita é ás 21:30 horas do sábado 3 de novembro no CGTD. As de Pontevedra amósase ilusionado co inminente arranque da competición liguera estatal como local. O duelo de rivalidade galega será transmitindo vía streming na canle Feb tv. Nas filas locais so é baixa para Lino Vázquez Violeta, a deportistas perderase o partido por problemas físicos.
A Liga Feminina 2 é o trampolín de entrada a Liga Endesa non so para clubs, tamén para xogadoras. A competición de prata do basket feminino estatal regresará esta fin de semana ás pistas con importantes novidades. A ampliación do número de equipos participantes, e a división dos mesmos en tres grupos asegura unha vibrante loita durante a liga regular para poder optar ao ascenso na posterior Fase Final.
O momento máis esperado polos seus protagonistas tras case cinco semanas de pretemporada e que chegará a través de todo un derbi galego entre o Baxi Ferrol e o CB Arxil. As ferrolás proclamáronse durante a fin de semana pasada como campioas do grupo norte da Copa Galicia. As universitarias vanse enfrontar en semifinais ao Celta Baloncesto. Pola súa banda, as de Pontevedra veñen de colleitar nesa competición autonómica, unha vitoria cómoda ante a AD Cortegada e unha derrota axustada ante as celestes.
Este duelo de rivalidade semella unha posta en escea fantástica de cara a una LF2 que retomará así as ilusións, pendentes no pasado curso pola irrupción da pandemia de COVID. A competición aglutina sobre o parqué a 42 equipos.
Facer un bo papel na Liga Feminina 2 é o primeiro chanzo daqueles clubs que soñan con poder dar un paso á fronte e chegar ao baloncesto profesional. O chanzo definitivo será a ilusionante Fase Final que nesta tempada será a 12 no canto de a oito equipos.
Protocolo COVID con test antes de cada partido na LF2
Esta LF2 trae moitas novidades, principalmente por mor da pandemia de COVID-19. Por exemplo, haberá test da citada doenza antes de cada encontro. A FEB debe ter os resultados antes de que o equipo visitante viaxe. E antes do comenzo do partido no caso do conxunto local.
Haberá ademáis restricións no número de asistentes que poderán seguir os partidos desde a zona de público. No caso de partido desta fin de semana en terras galegas (sábado 3 de novembro de 2020 ás 19:30 horas en Pontevedra), só poderán entrar 60 afeccionados.