Arrincou a pretempada do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño con Isma Martínez á fronte do banco porriñés un curso máis. O conxunto galego mantén boa parte do bloque de xogadoras do pasado curso e súmalle as novidades de Ana Belén Palomino e Maddi Bengoetxea.
Nos primeiros días de adestramento sumáronselles tamén varias deportistas da canteira. No caso de Carme Castro e Aroa Fernández a idea é que entren na dinámica do primeiro equipo todo o ano, aínda que teñen ficha co filial. A elas hai que engadir desde a canteira porriñesa á xuvenil Iria Benaches e as xogadoras do filial Lucía Álvarez e María Groba.
Non puido estar neste inicio de pretempada Carmen Prelchi xa que está a formarse como adestradora estatal e non puido estar nestes primeiros adestramentos. Tampouco estivo a carioca Thais Fermo que se recupera no Brasil da súa rotura do cruzado.
Ver esta publicación en Instagram
As fichaxes deste curso do Conservas Orbe Rubensa Porriño son a primeira liña Maddi Bengoetxea. Quen no anuncio da súa incorporación ao club galego dicía que decidira sumarse ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño dado que é “un equipo moi competitivo que está medrando e facendo as cousas moi ben. Oxalá o vindeiro ano poidamos igualar ou incluso mellorar o acadado esta tempada”.
Ver esta publicación en Instagram
No caso da porteira Ana Palomino, que chega desde o Balomano Remudas, explicaba que esperaba o vindeiro ano o equipo galego acadase “coma mínimo a mesma clasificación que este ano e que esteamos loitando por todas as competicións posibles”.
Ver esta publicación en Instagram
Foron moitas as renovacións que se levaron a cabo no club galego logo da fantástica tempada realizada no curso pasado 2023-24. Unha de las foi a de Maider Barros.
Ver esta publicación en Instagram
E tamén continúa a porteira Fátima Ayelén.
Ver esta publicación en Instagram
No mesmo posto, cancerbeira, será baixa a porteira Begoña Otero logo de oito anos na disciplina do club galego.
Ver esta publicación en Instagram
Xa falamos antes da brasileira Thais Fermo que sigue un ano máis nas filas do BM Porriño.
Ver esta publicación en Instagram
Suma xa tres cursos no BM Porriño Sara Bono.
Ver esta publicación en Instagram
A canteirana Carme Castro, da que tamén falamos antes, é outra das xogadoras que van continuar ás ordes de Isma Martínez.
Ver esta publicación en Instagram
Nada menos que seis son os anos que atesora Inés Hernández no club do Porriño.
Ver esta publicación en Instagram
A pivote viguesa Carmen Prelchi tamén se mantén no barco do BM Porriño.
Ver esta publicación en Instagram
Tamén xoga como pivote e tamén seguirá na disciplina do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño Alicia Campo.
Ver esta publicación en Instagram
Repite tamén Paulina Buforn.
Ver esta publicación en Instagram
Máis canteiranas que se manteñen na disciplina do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño: Aitana Santomé
Ver esta publicación en Instagram
E a última das renovacións anunciadas polo club galego é a da central madrileña Malena Valés que gozará da súa segunda tempada defendendo a elástica do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño.
Ver esta publicación en Instagram