• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto LF Challenge

Dúas vitorias en catro xornadas para o Celta Zorka Recalvi

Cantero: "Temos que seguir nesta liña" | As viguesas venceron a domicilio ante o Raca e triunfaron en casa contra o Al-Qázeres

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
15/10/2021
en LF Challenge, Baloncesto
Catro vitorias consecutivas na LF Challenge para o Celta Zorka Recalvi / CELTA BALONCESTO

Catro vitorias consecutivas na LF Challenge para o Celta Zorka Recalvi / CELTA BALONCESTO

166
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Despois de catro xornadas, o balance do Celta Zorka Recalvi na nova LF Challenge é positivo. As celestes comezaron sufrindo unha derrota na xornada 1 e outra na 2, pero desde entón as viguesas teñen ritmo de vitoria. Tanto na terceira xornada como na cuarta as galegas sumaron dous puntos.

Desta forma, cun total de seis puntos, o Celta marcha oitavo na que actualmente é a segunda división do baloncesto español, na cola da metade superiorda táboa, e empatado con equipos como o Osés Construción Ardoi, o Manuela Fundación Raca e o CAB Estepona Jardín Costa Sol.

“Temos que seguir nesta liña e que o equipo se deixe cada día o pel na pista”, declarou a adestradora Cristina Cantero tras o último encontro.

Triunfo a domicilio contra o Raca

Despois de perder ante o NB Paterna por un 66-61 na primeira xornada, e repetir derrota na seguinte fin de semana, desta vez por un 58-64 ante o Hierros Díaz Extremadura Miralvalle.

Para a primeira vitoria habería que agardar á terceira xornada, na que as celestes viaxaron para xogar contra o Manuela Fundación Raca. Este foi un partido disputado, no que o triunfo puido caer para calquera bando, e as viguesas fixéronse cos dous puntos nos últimos minutos.

Nos primeiros minutos, as locais dominaban na súa pista, acadando unha importante vantaxe pasado o ecuador do primeiro cuarto (15-7). Coa entrada de Maggie Mulligan, as celestes recuperaron o control, recortando distancias cos tiros libres da estadounidense (16-13).

No segundo cuarto, o xogo vigués non facía máis que mellorar. Cunha defensa máis agresiva, as de Cantero seguían preto das locais, impedindo que se fóran no marcador. Cando no electrónico estaba o 25-19, Fequiere entrou en escea para liderar ás celestes, que fixeron un parcial 0-11 para tomar a iniciativa. Antes do descanso, Andrea Alcántara tiña que deixar a pista aparentemente mancada, tras caer nun retroceso defensivo.

Despois do paso por vestiarios, cun 30-33 a favor, o Celta saltou ao terreo de xogo motivado para afianzar a vitoria momentánea. Fequiere e Mulligan seguían mantendo activo o equipo das viguesas, sen fallar baixo o aro. Porén, o Raca comezou a mellorar o movemento de balón, e con varios triplos de Boquete, volveron colocarse por enriba. Malia a desvantaxe, as celestes non baixaron o ritmo e o útlimo cuarto chegou cun 51-48.

Nos últimos dez minutos, as granadinas aumentaron a súa distancia a seis puntos. As galegas melloraron a súa defensa, sen conceder transicións fáciles, e asinando un parcial 0-9, colocando de novo ás olívicas por diante.

A falta só de 40 segundos, as visitantes vencían dun punto, con o resultado completamente aberto. O ataque celeste saldouse cun rebote ofensivo, pero o balón tiña problemas para entrar no aro. O Celta confiou na súa defensa para selar a vitoria, e cun punto de Davydova venceron por un 61-63.

Primeira vitoria en Navia

Este martes, o Celta volvía a Navia e logrou brindarlle ás 300 persoas presentes no pavillón celeste unha importante vitoria. As viguesas dominaron o encontro ante o extremeño Al-Qázeres, marcando o guion do partido.

As de Cristina Cantero sairon con moita enerxía ao duelo, asinando un parcial 15-4 en cuestión de catro minutos. O técnico rival tivo que parar o reloxo para reaxustar ás súas xogadoras, pero o equipo vigués seguía enchufado, e rematou o primeiro cuarto anotando cinco de oito triplos. Cun triplo sobre a bocina, as cacereñas achegábanse, pero cun 28-13 no marcador.

No segundo parcial, o encontro converteuse nun intercambio de golpes entre ambos conxuntos, pero o Celta mantíñase por diante. Coa entrada de Sara Zaragoza no equipo visitante, estas puideron recortar distancias, pero as locais afianzaron a súa vantaxe ao descanso (47-36).

No terceiro cuarto, o Al-Qázeres achegábase perigosamente, pero as de Cantero responderon cun parcial 10-0 con dous triplos exteriores e dúas canastras de longa distancia das súas pivotes. O equipo celeste ofrecía un espectáculo á súa afección, mantendo sempre a dianteira.

Nos últimos minutos, Mariona Martín liderou o ataque vigués co seu cuarto triplo inmaculado e repartiu unha asistencia para devolver a tranquilidade ante a ameaza visitante. De novo, o Celta vencía por 20 puntos, e nin un parcial 0-9 das cacereñas serviu para poñer en perigo a vitoria galega. O duelo remataría co 77-65 final.

As sensacións de Cantero tras dúas vitorias

Á fin deste último encontro, a adestradora Cristina Cantero asegurou que “estivemos no partido serias”, pero apuntou que “daba a sensación de que o tivemos que gañar varias veces. Íamos a 18, 20 e metíanse a dez e iso o equipo o ten que mellorar. En xeral saimos moi intensas, sabendo o que queriamos facer, trastocáronnos as rotacións e o plan de traballo con Laia tocada, non parece nada grave, pero coxeaba molesta”.

No plano individual destacou a Maiona e resumiu a vitoria en boas sensacións: “Moi contenta de sacar a primeira en casa, de ir medrando. Ao final este vai ser un camiño moi longo e temos que ir medrando en cada partido, competindo e aproveitando as oportunidades”.

Cantero: “Ao final este vai ser un camiño moi longo e temos que ir medrando en cada partido, competindo e aproveitando as oportunidades”

Cantero ten claro que aínda queda camiño na LF Challenge e estes dous triunfos son “un subidón de máis enerxía”. A isto engadiu que aínda “temos que incorporar a Maggie, de todo, de físico, de incorporación ao equipo, hai moitos adestramentos, viaxes…”, pero asegura que “todo iso vai rápido e o equipo está traballando moi ben”.

🎥 Primera victoria en Navia y declaraciones de @Canteroostos

✅ Gentileza de @GrupoCdeC@uvigo #xacobeo2122 #LFChallenge #postpartido#CeltaAlQazeres pic.twitter.com/IqKQcpBjhL

— CELTA BALONCESTO 💙 (@Celtabaloncesto) October 13, 2021

Etiquetas baloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviLF Challenge
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.