A Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala (ANEFS) concedeu os seus premios da tempada 2025 / 2026, outorgando dous recoñecementos ao Poio Pescamar.
O primeiro deles é para o técnico do conxunto vermello, Luis López-Tulla, ó que distinguen como Mellor Adestrador da Primeira División feminina.
Del destacan “o seu gran labor, liderado e contribución ó crecemento do fútbol sala feminino”. É a segunda vez que Luis López-Tulla recibe este premio, sendo a primeira en 2023, pola tempada do seu debut como conserveiro (o primeiro play-off polo título que disputamos e a liga na que máis puntos acadou o equipo galego).
Ver esta publicación en Instagram
O segundo recoñecemento recae en nós como Mellor Equipo Revelación Feminino da Primeira División.
Desde a Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala destacan “ó Poio Pescamar FSF con este galardón por unha tempada sobresaínte, marcada polo crecemento deportivo, a competitividade e a consolidación dun proxecto que foi unha das grandes revelacións do fútbol sala feminino. Este premio pon en valor o traballo das xogadoras, do corpo técnico, da directiva e da afección, cuxo esforzo conxunto foi clave para acadar este recoñecemento”.
Ver esta publicación en Instagram
Desde o Poio Pescamar agradecen “enormemente á Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala estes galardóns, que poñen en valor o traballo dun club profesional como é o Poio Pescamar FS“.





















