• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Paloma Dorda: “A rivalidade Vigo – A Coruña sempre está aí, pero o afronto como un partido bonito e intenso”

A coruñesa, actualmente xogadora do Alcobendas, enfrontarase na fase de ascenso a LF Endesa ás viguesas do Celta Zorka Recalvi

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
09/04/2021
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Paloma Dorda co Alcobendas / @photocrama

Paloma Dorda co Alcobendas / @photocrama

327
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O partido da Fase Final da LF2 entre o Pacisa Alcobendas e o Celta Zorka Recalvi esconde un derbi A Coruña – Vigo. Nas filas do club madrileño milita unha herculina, Paloma Dorda, que agarda con ilusión a fase de ascenso despois dunha tempada complicada e marcada pola pandemia.

“Eu son da Coruña, entón a rivalidade Vigo – A Coruña sempre está aí, pero o afronto como un partido bonito e intenso”, declara a alero.

O duelo será o vernes, 9 de marzo, ás 20:00 horas.

Galegas como rivais

O destino quixo colocar a esta coruñesa no grupo no que o Celta vigués compite por un posto na LF Endesa.  Malia comezar en Galicia, Paloma Dorda non pasou pola base do equipo celeste, que tilda de “moi competitivo e moi guerreiro”.

A xogadora do Alcobendas, cunha media de acerto do 51,4% nos tiros de dous e un 30,4% desde o tiro libre, enfrontarase como local a rivais da talla de Maja Stamenkovic e Marita Davydova.

Stamenkovic no Celta - Magec / CELTA BALONCESTO
Stamenkovic no Celta – Magec / CELTA BALONCESTO

Para Dorda, estas son dúas das xogadoras máis destacadas do club olívico, dúas pezas claves na liña exterior que facilitan o xogo vertical característico do Celta. “Imos ter en conta isto para poder facerlles fronte”, declara.

Así ve Paloma Dorda a base galega

Sen dúbida, o conxunto de Cristina Cantero será un cadro duro contra o que competir para as de Alcobendas. En palabras de Paloma Dorda, este club “sempre estivo aí, con anos de máis ou menos sorte, pero sempre foi puntero na Liga”.

Paloma Dorda: “(O Celta) sempre foi puntero na Liga”

A xogadora galega recoñece o aumento de nivel que se viu nos últimos anos no baloncesto galego, destacando ao Ensino, equipo en LF Endesa e que está a loitar polo título, e a BAXI Ferrol, do que asegura que “ten un equipo moi competitivo para estar en Liga 1”, ademais do Celta, con opcións de ascenso.

Ensino vs Quesos El Pastor / LÍDER REDACCIÓN
Ensino vs Quesos El Pastor / LÍDER REDACCIÓN

Os primeiros pasos

Porén, cando tiña 16 anos, a galega marchou a Cataluña para medrar na súa carreira deportiva. Os seus inicios estiveron marcados polo seu irmán maior, do que recorda como “de pequena sempre ía velo xogar ata que chegou un punto no que dixen eu tamén queiro xogar. Así foi como empecei aos 5-6 anos”. O pai dos Dorda competía en rugby e balonmán, “pero os fillos saímos polo baloncesto”.

Desta forma, as primeiras canastras de Paloma foron coa camisola do Compañía de María, co seu equipo colexial. Xa na tempada 2013/2014, o Segle XXI ofreceulle a oportunidade de mudarse ao seu centro de deportistas de alto rendemento e aceptou o programa de beca durante dous anos.

Malia o seu comezo de carreira dentro e fóra de Galicia, Dorda admite que non sempre é necesario marchar do país para seguir medrando competitivamente. “Ao final depende do equipo no que esteas. Se estás por exemplo no Celta, que é dos mellores equipos e ofrece un adestramento máis profesional, igual quedas, pero no momento no que me fun non me podían dar ese plus que me deron co Segle XXI“, explica.

Para o último curso escolar, segundo de bacharelato, Dorda volveu á súa cidade natal, pero cambiando de conxunto colexial. No curso 15/16 a coruñesa formou parte das filas do Maristas Coruña no junior e no nacional.

Un ano despois, o Durán Maquinaria Ensino fíxase nela, e compite co equipo lucense en categoría sénior, á vez que estuda o primeiro ano de Deseño de interiores. Dúas tempadas despois, chega xa ao Alcobendas, no que milita actualmente.

Paloma Dorda co Alcobendas / CEDIDA
Paloma Dorda co Alcobendas / CEDIDA

Unha vida adicada ao baloncesto

Despois de varios anos competindo na Liga Feminina 2, Paloma Dorda ten a un tiro de pedra a oportunidade de ser xogadora da máxima categoría. Isto sería “un soño” para a galega, que admite que “chegar á elite do deporte, ao máximo posible, en España a Liga 1, é un soño moi difícil pero sería un soño cumprido”.

Paloma Dorda: “Agora non vexo a miña vida sen xogar ao baloncesto. Estarei ata que o corpo aguante”

A alero admite que tras unha vida vinculada ao baloncesto “non podes desengancharte” del, e por iso aproveita cada oportunidade que ten de adicarse “semiprofesionalmente” ao deporte. “Agora non vexo a miña vida sen xogar ao baloncesto. Estarei ata que o corpo aguante”, afirma.

Unha vez remate a súa carreira como xogadora, non ten claro como, pero seguirá vinculada ao baloncesto. Mirando ao presente, admite que “agora mesmo gustaríame rematar os meus estudos en Deseño de interiores e traballar diso tamén. Ao final, como mulleres tristemente é o que toca. Non podemos vivir do deporte”.

Pero antes de todo iso toca a Fase Final, á que Dorda chega “moi ilusionada”, xa que tanto ela como as súas compañeiras afrontan este tramo final como “o aliciente máis grande que tivemos en todo o ano”. A coruñesa non regresará a terras galegas para competir, pero o acento galego estará en ambos lados da pista no encontro do venres.

Etiquetas A CoruñabaloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviLF EndesaLF2liga femenina 2liga feminina 2Pacisa AlcobendasPaloma DordaVigo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

canasta baloncesto

A FEGABA reactiva “Se protestas, non encestas”

por Redacción As Nosas
16/01/2026
0

"Se protestas, non encestas" é un proxecto pioneiro, que avaliou máis de 5.000 partidos na súa primeira edición, arrincará esta...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.