A beirado estadounidense Doniyah Cliney (New Jersey, 1996) formará parte do bloque do Celta Zorka Recalvi para a tempada 2022-23 na Liga Challenge.
Cumprido o seu ciclo universitario en South Carolina onde conquistou o título NCAA en 2017, Doniyah Cliney acumula experiencia no baloncesto europeo co seu paso por Portugal, Finlandia e Suecia, respectivamente.
EOK IS foi o seu último equipo onde promedió 19 puntos e 9 rebotes na liga sueca. Trátase dunha xogadora versátil, de boas prestacións físicas, con alta capacidade de rebote e comprensión do xogo.
/
Doniyah Cliney
✔️ Alero
✔️ 26 años
✔️ USAProcede de EOK IS, Suecia. Cuarta temporada en Europa.
Campeona NCAA 2017 con South Carolina.#lfchallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/VtrD8baNps— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) July 14, 2022
Tras esta nova incorporación, o equipo vigués suma o seu oitavo efectivo, sendo esta a composición actual:
- Bases: Anne Senosiain e Regina Aguilar.
- Beirados: Marina Gea, Laura Prats, Sara Vidal e Doniyah Cliney
- Interiores: Murjanatu Musa e Elba Garfella.
Todas elas estarán baixo as ordes de Cristina Cantero que se mantén á fronte do banco do Celta Zorka Recalvi unha tempada máis.