• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Mª Dolores Rodríguez: “A presenza de mulleres nos órganos federativos é escasa, confío en que cambie”

"Hai mulleres avogadas no ámbito xurídico deportivo que poden sumar moitísimo", di a primeira presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva

Natalia Pablo por Natalia Pablo
08/03/2021
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
María Dolores Rodríguez Rodríguez, presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva

María Dolores Rodríguez Rodríguez, presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva

357
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

María Dolores Rodríguez Rodríguez, é a nova presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva, unha institución da que leva sendo membro desde o ano 2012. Nunca unha muller ostentara es cargo antes. Ademais, este foro conta agora con maior presenza feminina grazas aos nomeamentos de dúas letradas máis: Beatriz Seijo e Carmen López.

A nova presidenta, María Dolores Rodríguez Rodríguez, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1.999). Exerce como avogada en diferentes disciplinas do dereito e desde o ano 2000 está colexiada no Ilustre Colexio de Avogados de Vigo. É socia do Bufete Gándara Moure, con sedes en Vigo e na Coruña, un despacho especializado en dereito mercantil, administrativo e internacional. No seu curriculum figura tamén un programa de Desarrollo Directivo PDD- IESE Business School (2006/2007).

As Nosas: Para as persoas que non o saiban, cales son as funcións principais que cumpre o Comité Galego de Xustiza Deportiva?

María Dolores Rodríguez Rodríguez: O Comité é o órgano superior da xurisdición deportiva en Galicia e ten unhas competencias moi amplas, revisora en materia disciplinaria, por canto se encarga da revisión das sancións disciplinarias deportivas e do control das competicións no ámbito federado; exercemos tamén control sobre as funcións públicas das federacións e, en materia electoral, e temos competencia directa para sancionar no ámbito das infraccións en materia deportiva que se contemplan na Lei do Deporte de Galicia.

Mª Dolores Rodríguez: “Non teño máis responsabilidade por ser a muller”

María Dolores Rodríguez Rodríguez, presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva
Mª Dolores Rodríguez, presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva

As Nosas: Acaba de converterse na primeira muller que preside este organismo, sinte que asume unha responsabilidade maior por ese motivo?

M.D.R.R.: Non creo que teña unha maior responsabilidade polo feito de ser muller, asumo as funcións que supón o cargo con compromiso e respecto, intentando continuar co traballo de Miguel Juane, o anterior presidente, un gran profesional e profundo coñecedor do dereito deportivo.

As Nosas: Ademais do seu nomeamento, o Comité Galego de Xustiza Deportiva sumou unha maior representación feminina con dous integrantes máis, está a muller a facerse un oco no mundo deportivo?

M.D.R.R.: Cada vez a muller está máis presente en organismos públicos e vaise abrindo camiño tamén con postos de gran responsabilidade nas empresas privadas e en distintos ámbitos, entre eles, o deportivo. O Comité, neste sentido, é un exemplo, e a decisión da Secretaría Xeral para o Deporte de incorporar a dúas mulleres, profesionais e de prestixio, como son Carmen José López e Beatriz Seijo, non cabe dúbida de que axuda en gran medida a visibilizar que hai mulleres avogadas no ámbito xurídico deportivo que poden sumar moitísimo. Con todo, o certo é que a presenza nos órganos federativos de mulleres é escasa e confío en que, pouco a pouco, isto vaia cambiando.

As Nosas: Vostede xa formada parte como vogal. Canto tempo hai que se incorporou ao organismo?

M.D.R.R.: Fun nomeada coma vogal do organismo hai oito anos, polo que este é o meu terceiro nomeamento.

As Nosas: Aínda que leva pouco tempo ao fronte da presidencia, entendo que as responsabilidades son moito maiores agora, como cambiou o seu día a día?

M.D.R.R.: Os maiores cambios son organizativos, afronto as novas responsabilidades como presidenta con ilusión e con implicación, intentando que o traballo do Comité siga sendo eficiente e de calidade, sendo este o principal obxectivo.

María Dolores Rodríguez Rodríguez, presidenta do CGXD: “Que o traballo do Comité siga sendo eficiente e de calidade é o principal obxectivo”

As Nosas: Polo que sei, traballa nun bufete de avogados. Ten pensado compaxinar ambas as dúas ocupacións?

M.D.R.R.: Son socia do Bufete Gándara Moure e traballo nas súas oficinas da cidade de Vigo exercendo a profesión de avogada desde hai máis de 20 anos, e penso facelo por moitos anos máis. O traballo no Comité é esencialmente xurídico e, polo tanto, traballar no bufete nunca supuxo un problema, máis ben todo o contrario, a actividade profesional enriquece o traballo do Comité e viceversa.

As Nosas: Considera imprescindible que os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva teñan un fondo coñecemento do deporte ou non é imprescindible?

M.D.R.R.: As funcións do Comité céntranse en axuizar distintas actuacións no ámbito deportivo, polo que considero que é imprescindible ter amplos coñecementos xurídicos, pero é importante tamén coñecer o funcionamento das federacións e as distintas disciplinas deportivas, que son moi diversas e cada unha ten as súas particularidades.

As Nosas: O anterior presidente do Comité estaba estreitamente vinculado a este mundo, xa que foi xogador de baloncesto. No seu caso, ten tamén un vínculo especial con algunha disciplina deportiva?

M.D.R.R.: O caso de Miguel Juane, que ademais de avogado foi un xogador de baloncesto moi importante, non é o meu. A verdade é que nunca destaquei en ningún deporte, pero iso non significa que non me guste. De feito, sigo con moito interese a actualidade deportiva. Ademais, teño tres fillos que si practican deporte e, polo tanto, pode dicirse que en distintos ámbitos, profesional e familiarmente, estou vinculada ao deporte.

María Dolores Rodríguez Rodríguez, presidenta do Comité Galego de Xustiza Deportiva
Mª Dolores Rodríguez, presidenta do CGXD

As Nosas: Como nova presidenta do Comité, planea algunha nova liña de traballo para o organismo ou ten pensado centrar esforzos nalgunha cuestión en particular? 

M.D.R.R.: O meu obxectivo é avanzar desde o Comité na resolución efectiva dos conflitos xurídicos en materia deportiva coa axuda de Jorge Barros, o secretario do Comité, e aproveitando os amplos coñecementos xurídicos tanto de Ángel Rebolledo, que estivo no Comité desde a súa constitución e que ten unha enorme experiencia no seu funcionamento; como dos novos membros, Carmen José, Domingo Bello e Beatriz Seijo, tamén excelentes profesionais.

Ademais, intentarase ir dando pasos para a creación da Comisión de Arbitraxe que contempla a Lei do Deporte de Galicia, facilitando canles para completar o marco de resolución de conflitos en materia deportiva nos distintos ámbitos. Neste punto, contamos no Comité con Ángel Rebolledo e Domingo Bello, ambos os dous catedráticos de dereito civil e, polo tanto, expertos en dereito privado e en arbitraxe.

A presidenta do CGXD adianta que desde este foro:  “Intentarase ir dando pasos para a creación da Comisión de Arbitraxe que contempla a Lei do Deporte de Galicia”

As Nosas: Unha das funcións do Comité ten que ver coa instrución e resolución de expedientes disciplinarios deportivos a membros das federacións deportivas galegas. Porén, cada disciplina deportiva ten un regulamento distinto, de xeito que se poden aplicar sancións distintas para as mesmas infraccións. Hai moita disparidade entre as diferentes federacións?

M.D.R.R.: Cada federación ten as súas propias regulamentacións disciplinarias, se ben, todas elas deben regularse no marco da Lei do Deporte de Galicia que contempla, ademais, a tipificación de infraccións en materia deportiva e as sancións correspondentes de aplicación común, polo que en realidade non existe unha gran disparidade. Con todo, cada disciplina deportiva, como non pode ser doutro xeito, ten as súas peculiaridades e debe estudarse caso por caso, o que esixe un estudo particular de cada asunto que entra no Comité.

María Dolores Rodríguez Rodríguez, presidenta do CGXD: “Cada disciplina deportiva, como non pode ser doutro xeito, ten as súas peculiaridades e debe estudarse caso por caso, o que esixe un estudo particular de cada asunto que entra no Comité”

As Nosas: Durante todo estes anos formando parte do Comité, produciuse algún caso destacable que lembre especialmente?

M.D.R.R.: Moitos casos a verdade é que sorprenden, pero prefiro gardar a confidencialidade neste punto, o que si é destacable é ver o aumento da conflitividade en materia deportiva, pero non creo que sexa un asunto exclusivo do deporte, senón da propia sociedade e dos tempos que vivimos.

María Dolores Rodríguez, a primeira muller á fronte do Comité Galego de Xustiza Deportiva

Etiquetas CGXDComité Galego Xustiza DeportivadeportivaMaría Dolores RodríguezXustizaXustiza deportiva
Comparte2Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

María Dolores Rodríguez é a primeira muller á fronte do Comité Galego de Xustiza Deportiva / XUNTA

María Dolores Rodríguez, a primeira muller á fronte do Comité Galego de Xustiza Deportiva

por Redacción As Nosas
06/11/2020
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu á constitución do novo Comité Galego de Xustiza...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.