• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Dobre vitoria para Ensino e BAXI en LF Endesa

Os clubs galegos recuperaron partidos aprazados e suman puntos para alonxarse do pozo

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
04/03/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Dobre vitoria para Ensino e BAXI en LF Endesa / UNIFERROL

BAXI Ferrol / UNIFERROL

213
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Este mércores foi xornada de recuperación de partidos para os equipos galegos da LF Endesa, con triunfo tanto para o Durán Maquinaria Ensino, que suma a súa terceira vitoria consecutiva, como para o BAXI Ferrol, que acadou o quinto encontro gañado da tempada.

Os dous clubs xogaban a xornada 17 da tempada, co Campus Promete como rival para as lucenses e o Innova TSN Leganés para as ferrolás.

Dous puntos que fan soñar ao Ensino

O partido comezou de cara para o conxunto local, que recibía no Pazo a un Campus Promete asentado na zona media da táboa.

Para o segundo tempo, o partido púxose costa arriba para as galegas, que tiveron que tirar dunha férrea defensa para manterse dentro do encontro. As visitantes apretaban cos turos de Diarra e Estebas, nun momento no que o Ensino xa se vía por debaixo no marcador. O descanso chegou cunha vantaxe de tres puntos para as visitantes.

Tras a reanudación, o club lucense volveu con forza ao seu parqué, aumentando a intensidade ofensiva para reducir distancias. O partido seguía sen un dominador claro, pero o Campus Promete comezaba a acusar as súas escasas rotacións no banco.

Nos derradeiros dez minutos, as lucenses deron un espectáculo na pista, facéndose co control do xogo para asinar a remontada e firmar cun 61-55 a que é xa a terceira vitoria consecutiva para o Ensino.

A xogadora mellor valorada foi a visitanta Diarra, con 20 créditos valorativos. Entre as locais, destacaron Van den Adel e Gomes da Silva, con 11 puntos de valoración cada unha, anotando de forma conxunta 23 puntos e sumando 14 rebotes e dúas asistencias.

⏰ FINAL FINAL FINAL en el Pazo ‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️

TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA, el sábado soñamos con el póker???

Jornada 17 🏆#LFEndesa @EnsinoLugoCB 6️⃣1️⃣@CDPromete 5️⃣5️⃣

📸 Rebeca Fernández @rebeca_1826 #VamosEnsino#ActitudRío pic.twitter.com/jQzpFFe6WL

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) March 2, 2022

Para o adestrador do Ensino, Fernán Varela, a clave do partido estivo no bo traballo das súas “no rebote e no contraataque, xogando a un ritmo bastante alto. A clave foi que nos malos momentos, que houbo bastantes, fumos capaces de manter a tensión, non virnos abaixo e seguir competindo”.

O técnico mostrouse orgulloso do seu plantel, destacando que cada xogadora é importante nos plans do equipo: “O colectivo axuda. Hai moitos esforzos individuais que non se viron compensados, estou contento pola reacción. O traballo defensivo é de bo nivel, o tomamos como un orgullo e é unha das nosas fortalezas“.

O BAXI ve a luz ao final do túnel

Cun guión similar comezou o duelo en Ferrol entre o BAXI e o Leganés, dous rivais directos que seguen loitando por deixar atrás os postos de descenso.

No primeiro cuarto, as universitarias dominaron con claridade na súa pista e ante a súa afección, que animaba na Malata a un equipo necesitado de puntos. O Leganés respondía con tiros tanto interiores como exteriores, que porén non eran suficientes para alcanzar ás galegas.

Para o segundo tempo, a balanza equilibrouse, pero o bo xogo do primeiro parcial mantiña a vitoria no lado das ferrolás para o descanso.

Na segunda parte do encontro, o BAXI Ferrol foi recuperando terreo paulatinamente. Cos acertos de Koenen, Leaupepe, Natalia Rodríguez (destacando coma sempre desde a liña de tres) e Allen, o colchón de puntos seguía medrando.

Pero as galegas non só atacaban ben. Cun gran traballo defensivo, o Leganés vía como as súas chegadas non se transformaban en tiros, e no último cuarto só sumaron 7 puntos ao seu marcador. Fronte aos 23 das locais, o partido rematou co luminoso nun 77-50.

Taylor Koenen foi a MVP do duelo, con 18 puntos de valoración tras anotar un tiro libre, sete tiros de dous e un de tres, asinar 6 rebotes e dúas asistencias.

Declaraciones de Lino López tras el partido BAXI Ferrol 77 – Innova tsn Club Baloncesto Leganés 50#SienteelUni pic.twitter.com/e9bteMRYO2

— Baxi Ferrol (@UniFerrol) March 3, 2022

Na súa análise do partido, Lino López destacou das súas xogadoras “o traballo, a actitude, o equipo sempre dando o máximo” e engadiu que o equipo “merecíase un partido como o de hoxe”.

A vitoria chegou para as ferrolás despois de ser “regulares durante todo o partido. Tiñamos claro como defender, minimizar as virtudes do rival. En ataque igual, esa pausa. Salvo un tramo do partido, elas foron a roubo e ataques rápidos entón era clave rematar con tiro ou un contra un pero non perder o balón”, explicou en rolda de prensa.

Para López este necesario triunfo non marca necesariamente un punto de inflexión: “Nin cando perdíamos cría que xa tiñamos que facer contas nin agora creo que sexa un punto de inflexión. Teñen que seguir facendo o mesmo, antes non chegaba para gañar, pero o traballo era bo nos partidos e nos adestramentos. O traballo do equipo é excelente, competimos cada partido“.

Co basketaverage vencido ante o Leganés, as ferrolás teñen un motivo máis para pensar na permanencia. Con todo, o míster non se confía. “Oxalá cheguemos ao final todos igualados e con opcións, porque todo é importante. Ao final cada canastra conta, nunca sabes como vai ser a clasificación final, entón tes que pelexar”, concluíu.

Este sábado, os dous equipos galegos volven ter unha cita ligueira. O Ensino recibe en casa a un óso duro, o Perfumerías Avenida, ás 19:15 horas. Algo antes, ás 17:00 horas, é o turno das ferrolás, que tamén xogan como locais, ante o Lointek Gernika.

Etiquetas baloncestobasketbaxiBaxi FerrolDurán Maquinaria EnsinoEnsinoEnsino LugoFernán VarelaFerrolLF EndesaLino LópezLugo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.