• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Dobre derrota galega na LF Endesa

Ensino e BAXI perden nos seus encontros a domicilio na 24ª xornada competitiva

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
14/03/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Dobre derrota galega na LF Endesa / ÁNGEL GRANDE

Lointek Gernika vs Ensino / ÁNGEL GRANDE

165
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A 24ª xornada de LF Endesa deixou unha dobre derrota nos clubs galegos. Tanto o BAXI Ferrol como o Durán Maquinaria Ensino perderon nos seus partidos a domicilio, ante o Movistar Estudiantes e o Lointek Gernika respectivamente.

As galegas seguen no pozo da clasificación da LF Endesa, coas ferrolás como penúltimas con 29 puntos e as lucenses duodécimas con 31.

A lesión de Villegas marca a derrota do BAXI

O BAXI Ferrol desprazábase na fin de semana a terras madrileñas para enfrontarse ao Movistar Estudiantes, un rival da zona media da táboa, con xogadoras potentes como Mariona Ortiz ou Carter.

Precisamente elas foron dous pesadelos para as galegas, que se vían sen opcións de frear o seu xogo exterior. O partido comezou con dominio madrileño, pero con forzas igualadas a ambos lados da pista. A presión das galegas servía para impedir que as locais se fixeran co marcador, aínda que a vantaxe mantíñase do seu lado.

Natalia Rodríguez e Leaupepe anotaban para o BAXI Ferrol mentres que no bando contrario Carter lideraba ao Movistar Estudiantes. A presión das unviersitarias impedía que o conxunto local anotase comodamente e cos esforzos de Koenen, o descanso chegou co 41-36.

Tras o paso por vestiarios, o terceiro cuarto foi das galegas. O equipo de Lino López subiu a marcha para manter unhas distancias curtas con as rivais, ameazando coa remontada. A través de contraataques e facendo dano desde a pintura, o BAXI Ferrol poñíase a cinco puntos das locais. Con todo de cara, o partido torceuse para as ferrolás.

Nun salto dun rebote ofensivo, Alicia Villegas mancouse, cunha nova lesión de xeonlo. A baixa da 2 do club ferrolán trastocou ás galegas, que perderon o ritmo do partido. No último cuarto, Estudiantes empezou con forza, cun parcial 8-0 que botaba por terra calquera opción de vitoria no bando galego.

As universitarias resistiron os golpes finais, cunha Carmen Grande destacando en defensa fronte ao seu exequipo. O partido mudou de guion neste último tempo, quedando completamente en mans das locais, que vencerían nesta xornada de LF Endesa finalmente por un 80-65.

¡Porque caerse está permitido, pero levantarse es OBLIGADO! 🚀💪🏻
Gracias a todos por los mensajes de apoyo, no puedo estar más agradecida por toda la muestra de cariño y creedme que eso sólo me da más fuerzas para levantarme. Toca pasar por el taller… ya sabéis, unos retoques… pic.twitter.com/JbB7R6yjSF

— Alicia V. (@alivillegass) March 14, 2022

Lino López: “Estivemos ben en defensa”

No postpartido, Lino López destacou os labores defensivos do seu equipo, asegurando que por momentos “estivemos ben en defensa e puidemos xogar máis fluído, sendo capaces de estar no partido”.

Sobre a lesión de Ali Villegas, o adestrador admitiu que “non ten boa pinta”. Tamén recoñeceu que a súa marcha da pista afectou ao conxunto, que quedou “mentalmente afectado”.

Mucho ánimo campeona @alivillegass 💪💪 https://t.co/ddxFDJoKjY

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) March 12, 2022

Derrota do Ensino nos minutos finais

En Biscaia, a emoción da LF Endesa viviuse ata os últimos minutos do duelo que enfrontaba a Lointek Gernika co Durán Maquinaria Ensino. As lucenses foron de menos a máis, rozando cos dedos a remontada, pero cedendo finalmente ante as vascas.

Nos primeiros compases do encontro, as galegas cometeron erros defesivos, especialmente nos últimos segundos das posesión, o que lles pasaría factura ante Moore, quen non perdoaba baixo aro, sendo a absoluta protagonista do partido. Desde o ataque, o Ensino apostaba por un xogo plural, sumando puntos desde a pintura, pero sen recortar distancias coas locais.

No segundo cuarto, a balanza equilibrouse cun Ensino máis certeiro nas defensas, que conseguía controlar mesmo á 2 das vascas, unha Moore que viu baixar o seu porcentaxe anotador. No bando galego, destacaba Lizarazu, acompañada por Alba Prieto e Laura Aliaga.

Despois da pausa, o partido virou cara as lucenses, que viron, e aproveitaron, a súa oportunidade de rabuñar puntos. Co paso do tempo o conxunto irmandiño ía collendo ritmo, e aumentando o seu acerto desde a liña exterior, o que lle permitía colocarse por diante por primeira vez no duelo.

O Lointek non baixou os brazos, e presionou ás galegas ata que estas comezaron a ceder canastras doadas, que volvían a poñer ás vascas por diante no electrónico, para chegar cun axustadísimo 59-57 aos dez minutos finais.

No último cuarto, o conxunto local fíxose co control do partido, impedindo que as galegas anotasen de tres. Cunha impecable Moore, que tivo un acerto do 92,3% baixo aro, as vascas seguían sumando puntos ante un Ensino sen resposta, que viu como o partido se ía por un 84-75.

Lointek Gernika vs Ensino / ÁNGEL GRANDE
Lointek Gernika vs Ensino en LF Endesa / ÁNGEL GRANDE

Fernán Varela: “Conceder no noso aro 13 de 29 rebotes é demasiado”

Para o preparador das lucenses, Fernán Varela, a clave do partido estivo na defensa, explicando os erros cometidos polo seu equipo e que o levaron á derrota: “Conceder no noso aro 13 de 29 rebotes é demasiado. Foi unha vía de anotación moi boa para o Gernika”.

O adestrador recoñece que o seu plantel fixo méritos para levarse o partido de LF Endesa, pero tamén salienta que o bo nivel en defensa non se mantivo, o que permitiu que o equipo local anotase desde a pintura con facilidade.

En liñas xerais, Varela resume a actuación das súas nesta xornada de LF Endesa destacando que “o equipo peleou, respondeu e non se viu abaixo en ningunha das múltiples ocasións, Esa é a liña que temos que seguir”.

 

Etiquetas baloncestobasketbaxiBaxi FerrolDurán Maquinaria EnsinoEnsinoFerrolLF EndesaLugo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Presentación do Games Series Galicia en Lugo / XUNTA DE GALICIA

Lugo acolle o domingo o Circuíto Games Series Galicia

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

O circuíto Games Series Galicia desenvolverase nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.