• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

División de opinións ante a chegada do cobro de ‘streamings’ na rítmica

A Federación Galega de Ximnasia pídelle á estatal que se "retracte" da decisión de activar o pago por visión das competicións | "Como imos divulgar este deporte?", pregúntase o presidente da FGX José Manuel Estévez Feijoo nunha carta remitida a Jesús Carballo, presidente da española

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Imaxe de arquivo do Campionato Galego Rítmica Conxuntos Base / FEDERACIÓN GALEGA DE XIMNASIA RÍTMICA

Imaxe de arquivo do Campionato Galego Rítmica Conxuntos Base / FEDERACIÓN GALEGA DE XIMNASIA RÍTMICA

209
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O debate está aberto na ximnasia rítmica a raíz da decisión da Real Federación Española de Gimnasia (RFEG) de abrir unha canle de retransmisións online para as probas do calendario nacional. A polémica xurde polo feito de nese espazo, as competicións estarán accesibles mediante pago por visión (pay per view, PPV). Desde a Federación Galega de Ximnasia, o seu presidente, José Manuel Estévez Feijoo, vén de facer pública unha carta na que pide que a RFEG “se retracte”.

O pasado día 12 de marzo, a Real Federación Española de Gimnasia (RFEG) explicaba que puña en marcha “unha nova canle de retransmisións online co que cubrirá todas as competicións do calendario nacional de 2021″.

Jesús Carballo, presidente da RFEG / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE GIMNASIA
Jesús Carballo, presidente / RFEG

Desde a RFEG, que preside o ex ximnasta campión do mundo Jesús Carballo, se explicaba que ese espazo contaría “coa tecnoloxía pay per view”  e que se pretendía “dar un salto de calidade nas súas retransmisións por streaming e permitir así que todas as especialidades de ximnasia vexan integramente retransmitidos os seus campionatos de España”.

Na súa explicación a RFEG argumentaba que “o sistema permite a familiares, afeccionados e seguidores da ximnasia poder adquirir a súa entrada ben para ver o evento online ou para a súa posterior visualización dentro das 72 horas posteriores á súa emisión en directo. As entradas contan cun código único e intransferible que permite acceder á plataforma de forma sinxela”.

Para a federación estatal de ximnasia, esta acción representaba “un paso máis na súa aposta pola difusión e visibilidade da ximnasia española xa que, por primeira vez, as competicións nacionais poderán verse desde calquera recuncho do mundo”.

Primeiro paso dunha “transformación dixital onde a tecnoloxía xere valor”

Anunciaban tamén que este proxecto era “o primeiro dunha lista nos que está a traballar a Federación para dotala dunha transformación dixital onde a tecnoloxía achegar valor. Pódese acceder á compra de entradas para seguir a competición online a través de https://bit.ly/streamingRFEG”.

Captura do espazo habilitado para o pago por visión das competicións estatais de ximnasia
Captura do espazo habilitado para o pago por visión das competicións estatais de ximnasia

O malestar empezou a xurdir entre deportistas, familias e clubs xa que houbo a quen non gustou a chegada do pago por visión de contidos que até o de agora eran de balde era unha situación.

Tal foi así que José Manuel Estévez Feijoo, presidente da Federación Galega de Ximnasia, lle trasladou ao seu homónimo na estatal, o ex ximnasta Jesús Carballo, a conveniencia de recular na decisión tomada a través dunha carta.

Logotipo da Federación Galega de Ximnasia / FGX
Logotipo da Federación Galega de Ximnasia / FGX

José Manuel Estévez argumenta que tanto os estatutos da RFEG como os da FGX falan de que son funcións de ambos os dous organismos a “promoción” e “divulgación” da ximnasia. En base a esas funcións estipuladas apara as federacións estatal e autonómica, nunha carta que se pode ler na web da Federación Galega de Ximnasia, Estévez expón:

“Tras ter coñecemento pola web da Federación e polas súas redes sociais de que os próximos campionatos se van retransmitir polo sistema de pago por visión (22€ polas competicións da vindeira semana), para nós é un paso atrás moi importante no cumplimento das funcións”.

Estévez: “Polo ben da ximnasia, retráctense da decisión”

Na súa misiva, José Manuel Estévez Feijoo traslada ao presidente estatal, Jesús Carballo, varias preguntas para as que di non ter resposta:

“Como imos divulgar este deporte se estamos a esixir aos pais/nais, clubs, adestradores/as, despois dos enormes gastos abordados para poder estar presentes nestas competicións, nun período tan complicado desde o punto de vista sanitario, económico e deportivo, que teñan que pagar por ver aos seus fillos/as, aos seus ximnastas e/ou aos seus compañeiros/as?

Como pretendemos que persoas alleas á actividade, novos afeccionados, tomen interese por esta fermosa especialidade deportiva, se teñen que abonar as cantidades citadas?

Que pasa coas propias compañeiras desprazadas, como participantes, que, por protocolo COVID, non poden estar na instalación, terán que pagar tamén?

Como mantemos a ilusión dos/as novos/as ximnastas, se para poder mirarse no espello das súas compañeiras participantes, dicímoslle que ten que ser previo pago da cantidade fixada na plataforma de ‘streaming’?

Lanzadas ao aire estas preguntas, como presidente da Federación Galega de Ximnasia, Estévez plantaxe que “polo ben da ximnasia”, a RFEG se “retracte da decisión tomada e recupere o camiño anterior. Esperamos que a retransmisión en streaming volva ser totalmente gratuíta, onde se velaba, de forma moi atractiva, pola difusión da ximnasia en xeral e da rítmica en particular”, asevera o presidente da galega.

Clubs como o Ximnasia Pavillón de Ourense trasladaron ás súas redes o malestar pola decisión da RFEG.

Algúns clubs activaron como sinal de protesta o colocar nos seus perfís un crespón negro en sinal de loito ante iniciativa da federación estatal. Así o explicaba o C.D. Ximnasia Rítmica Compostela.

Hai incluso aberta unha iniciativa de recollida de sinaturas na plataforma Change.org para que non se cobren os campionatos nacionais de ximnasia da que se fai eco o Club Ximnasia Porriño, e que no momento de elaborar esta información contaba con 10.000 adheridas.

Arestora xa hai torneos de ámbito internacional de disciplinas da ximnasia, por exemplo a ximnasia estética, que teñen activado o pago por visión para achegar as competicións as persoas seareiras desta modalidade deportiva.

Captura da publicidade do 'streaming' da Real Federación Española de Ximnasia / RFEG
Captura da publicidade do ‘streaming’ da Real Federación Española de Ximnasia / RFEG

As transmisións a través de sistemas de streaming están en auxe en moitas disciplinas deportivas e en diferentes categorías debido ás limitacións de aforo que hai nos recintos deportivos, así como ás limitacións de movementos entre territorios, non só entre concellos en Galicia, se non tamén entre comunidades autónomas do estado español, e no resto de países.

O streaming abre as portas do deporte feminino galego a todo o mundo

Onde ver o deporte feminino galego en directo

 

Etiquetas FGXpago por visiónpay per viewppvRFEGstreamingXimnasiaXimnasia rítmica
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) que participaron no Campionato de Mundo de Ximnasia de Trampolín / XUNTA DE GALICIA

Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte

por Redacción As Nosas
20/11/2025
0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de...

A ximnasta galega Melania Rodríguez / FIG

Melania Rodríguez fai historia: Segundo ouro mundial en dobre mini tramp

por Redacción As Nosas
11/11/2025
0

  A ponteareá Melania Rodríguez fíxose coa segunda medalla de ouro en dobre mini-tramp (DMT), esta vez no Mundial de...

Melania Rodríguez, bronce no Mundial e récord mundial en dificultade / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE GIMNASIA

Melania Rodríguez, bronce e récord mundial en dificultade

por Redacción As Nosas
11/08/2025
0

A ximnasta galega Melania Rodríguez acadou a medalla de bronce e batíu o récord mundial en dificultade ao facer un...

Conxunto senior do club Ximnasia Rítmica de Carral categoría prebase / DEPORTES CONCELLO CARRAL

Carral celebra o IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal de Ximnasia Rítmica

por Redacción As Nosas
15/03/2024
0

  Carral acolle a celebración do IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal desta modalidade. Ambas...

Ximnasia Rítmica / CONCELLO DA CORUÑA

Preto dun cento de deportistas déronse cita na fase autonómica do Campionato de Ximnasia Rítmica na Coruña

por Redacción As Nosas
09/03/2024
0

  O pavillón de Monte Alto acolleu a fase autonómica do Campionato de España de Ximnasia Rítmica - Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

11/12/2025
As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

10/12/2025
Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

10/12/2025
AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

09/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.