• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Dinha e Emilly resolven con dous golazos o duelo de Vista Alegre diante do Ourense Ontime (2-0)

O conxunto burelista regresou á senda da vitoria nun partido que tiveron que madurar as discípulas de Julio Delgado

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/02/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
As futbolistas dos equipos do Burela FS e o Ourense Ontime, xuntas contra o cancro / CD BURELA FS

As futbolistas dos equipos do Burela FS e o Ourense Ontime, xuntas contra o cancro / CD BURELA FS

19
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O equipo feminino do Burela FS regresou á senda das vitorias derrotando ao Ourense Ontime (2-0) nun partido no que as discípulas de Julio Delgado estiveron espesas, pero acabaron resolvendo cun tanto en cada período. No primeiro era Dinha a que anotaba un golazo por toda a escuadra e a sentenza chegaba no tramo final da segunda entrega por mediación de Emilly.

O encontro comezou con susto para as locais, que vían aos 20 segundos como a futbolista do Ourense Ontime , Marta Figueiredo, superaba cun cabezazo a Ana Eliza tras un envío en longo de Ana Rivera e o balón pegaba no traveseiro. Despois tentaríao a exburelista Rafinha, pero o seu disparo era repelido por Ana Eliza coas mans. A primeira ocasión para as locais chegou nos pés de Emilly, que remataba ao pau da portería ourensá un saque de banda executado por  Antía Pérez.

No minuto 8 non perdoaría Dinha, recentemente entrada en pista por primeira vez, cun disparo desde unha posición escorada que se coaba por toda a escuadra esquerda da portería defendida por Sara Soares. Na seguinte acción estivo a piques de chegar o segundo nun tiro desde o seu propio campo de Noelia Montoro aproveitando que a portería do Ourense Ontime estaba desguarnecida. Con todo, a porteira brasileira chegaba por moi pouco e desviaba o xusto o remate da muleña.

No minuto 11 tiveron tres ocasións para o empate as visitantes. Primeiro nos pés de Rafinha e logo nos de Ana Rivera, pero en ambas ocasións interviña Ana Eliza. A cancerbeira brasileira metía un pé na terceira oportunidade, o coiro envenenábase e finalmente sacábao baixo paus Patricia cando as xogadoras que adestra o técnico Carlos Navarro xa cantaban gol.

O caudal ofensivo de ambos os dous equipos descendeu nos últimos minutos do primeiro período. Antía Pérez buscou fortuna no minuto 15 cun canonazo desde uns 11 metros, pero atopouse co corpo de Sara Soares e de novo esta interviña dous minutos máis tarde para resolver un man a man ante Dinha. Patricia probaríao máis tarde cunha picadiña sobre a saída da gardamallas ourensá, pero o seu disparo íase por moi pouco por encima do traveseiro da portería visitante, no que era a última ocasión da primeira entrega.

O Ourense Ontime buscou as táboas no arranque do segundo acto

O segundo tempo tivo menos ocasións para ambas escuadras e no inicio coquetearon co empate as visitantes do Ourense Ontime con disparos de Rafinha, nunha falta directa, e de Alice. Na primeira ocasión voaba Ana Eliza para despexar o envío e na segunda sacaba un bo pé.

Respondía Emilly no minuto 28 cun disparo cruzado que se ía por moi pouco e despois era Sara Soares a que repelía un tiro de Dany. Posteriormente volvían tentalo as visitantes por mediación de Raquelilla, pero chegaba Ana Eliza ao segundo pau para evitar o empate. Á gardameta brasileira acumulábaselle o traballo e xusto superado o ecuador da segunda parte liquidaba un rápido contragolpe que finalizaba Alice.

Antes do segundo das mariñás dispuxo de dúas boas ocasións Patricia, pero primeira remataba desviado e despois era Sara Soares a que despexaba o intento da de Yecla. Posteriormente era Ana Eliza a que repelía con moitos apuros un disparo de Judith que se envelenara tras tocar en Emilly e acto seguido chegaba o segundo nunha acción de estratexia no minuto 36. Sacaba de banda  Antía Pérez, recibía Patricia e cedía para que a mellor futbolista do mundo fusilase o marco de Sara Soares cun disparo colocado ao poste dereito.

FICHA TÉCNICA

2) BURELA FS: Ana Eliza; Cami, Cilene, Débora, Patricia -quinteto inicial-, Emilly, Antía Pérez, Cris Lourés, Dany, Dinha e Noelia Montoro.

0) OURENSE ONTIME: Sara Soares; Rafinha, Marta Figueiredo, Ana Rivera, Alice -quinteto inicial-, Chiky, Judith, Vero e Raquelilla.

GOLES: 1-0, min. 8: Dinha. 2-0, min. 36: Emilly.

EQUIPO ARBITRAL: Castro Fernández e Noya Pardo (Galicia). Amoestaron á local Antía Pérez.

INCIDENCIAS: Encontro da vixésima xornada da Primeira Iberdrola femenina de fútbol sala disputado no pavillón de Vista Alegre de Burela diante duns 650 espectadores. Nos prolegómenos do partido conmemorouse o Día Mundial contra o Cancro e as futbolistas do Burela FS luciron os ‘Brazaletes da Esperanza’ da Asociación Española contra o Cancro. O choque foi presidido por Pablo Prieto Perille, novo presidente da Real Federación Galega de Fútbol.

Etiquetas CD Burela FSfútbol salaOurense OnTime
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.