• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte

A difícil decisión de ser nai cando es deportista

É posible ser nai e seguir competindo? Existe a conciliación no deporte? As Nosas aproxímase ao mundo da maternidade a través de tres grandes mulleres do deporte galego

Caro Regueira por Caro Regueira
05/04/2020
en Máis Deporte
A difícil decisión de ser nai cando eres deportista

A difícil decisión de ser nai cando eres deportista

149
COMPARTIDOS
309
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Chega un momento na vida dunha muller que, no caso de que queira ser nai, debe poñer nunha balanza os pros e contras de tomar esta decisión. No caso de que a elección sexa ter un cativo, a chegada dunha nova persoa á súa vida suporá unha pausa obrigada máis ou menos longa, segundo o caso, no seu traballo.

Se esta persona da que estamos a falar é ademais deportista as afeccións multiplícanse. Está claro que se falamos de maternidade e deporte, aparece o hándicap engadido da profunda transformación física e psicolóxica que supón ser nai biolóxica para unha muller.

Por iso, na redacción de As Nosas decidimos falar con tres deportistas de tres modalidades moi diferentes que apostaron por distintos camiños á hora de conciliar a crianza dos seus fillos coa súa carreira deportiva. 

Cada unha contounos a súa experiencia con casuísticas diferentes pero todas elas coinciden na difícil decisión que tiveron que tomar nalgún momento cando decidiron ser nais.

O que quedou claro é que nisto da maternidade e o deporte, como no resto de sectores profesionais, non hai unha fórmula correcta pola que apostar. Cada muller ten que tomar a decisión de continuar coa súa actividade deportiva (sexa ou non profesional) ou de pausala, en función das súas circunstancias persoais.

Pola contra, a dúbida de como compaxinar a súa maior paixón, o deporte, con pasar tempo coa súa familia é unha decisión que eles non se ven obrigados a tomar ou, polo menos, non do mesmo xeito. Porque, segundo contan estas nais e deportistas, a eles non se lles esixe tanto neste ámbito nin se lles xulga por estar lonxe dos seus fillos mentras compiten polos seus soños.

Pois ben, as mulleres tamén teñen paixóns e soños, neste caso deportivos e chegado o momento é lícito que se priorice dedicar unhas horas a eles.

É o caso de Rebeca Kruse. Para os que non a coñecen, trátase dunha xogadora de vóleibol que competiu na máxima categoría profesional e que a día de hoxe ten dúas fillas, de 12 e 3 anos, e un terceiro en camiño. Agora milita no CV Ourense Aceites Abril.

Rebeca non quería deixar de xogar e máis porque o seu primeiro embarazo chegou no seu mellor momento profesional, cando xogaba en Superliga. Por iso pospuxo ao máximo a pausa e era “normal” vela xogar xa cunha barriga incipiente.

“Neste último embarazo coincidiume a principio de liga e xoguei ata case os catro meses con moito coidado”, declara Kruse, que admite que lle costa deixalo e, de feito, segue a sufrir coas súas compañeiras, ve cada partido e, nos da casa, failles indicacións dende a bancada.

Rebeca Kruse pensa volver a xogar en canto poida. Xa o fixo anteriormente. “Coa pequena, a nena naceu en novembro e en decembro volvín xogar”, explica. Con este terceiro embarazo pensa facer o mesmo. A súa intención é competir nos torneos de volei praia deste verán co Club Volei Praia Milenio Ourense. “A miña idea é competir en xuño, xullo ou agosto”, declara. (Esta entrevista fíxose con anterioridade á crise do COVID-19 e do parón nas competicións).

O motivo? Primeiro, que Rebeca Kruse é unha auténtica adicta á competición. Confesa que precisa a actividade física e iso de saír a correr, andar en bici, etc, abúrrelle. “Necesito xogar e a competición”, sinala. Precisamente por iso, só 20 días despois de dar a luz no último embarazo xa xogaba sen saltar. “Tocaba balón e movía o corpo”, indica.

Rebeca Kruse Minas fillas ven que a sua nai loita por algo que lle fai felizRebeca Kruse, cunha das súas fillas

Nin empatía nin conciliación

E a outra razón de que Kruse queira volver tan axiña a competir é máis pragmática: os puntos. Denuncia que a Real Federación Española de Voleibol non garda os puntos do ano anterior para o ránking clasificatorio. Caducan cada ano, mentres que a Federación Internacional si ofrece a posibilidade de gardalos en caso de maternidade ou lesión grave. Na práctica iso significa que cando unha muller para a súa carreira deportiva para ser nai perde moitos dos puntos acumulados durante o ano anterior e, polo tanto, a súa posición clasificatoria.

Kruse entende esta discriminación coma unha falta de “empatía” cara as mulleres, que se ven obrigadas a facer un parón na súa carreira deportiva se queren ser nais asumindo baixo a súa responsabilidade as consecuencias deportivas.

“Sabemos que a mellor idade (para ter fillos) non son os 36 que teño eu agora”, declara Kruse, a pesar do cal entende que non se favorece a conciliación. “Deberíamos ser conscientes como sociedade, non só coas mulleres deportistas, senón en xeral, do problema de natalidade. Hai que fomentar dalgunha maneira e poñer facilidades para ter fillos”, sinala, e indica que no deporte a situación aínda é máis difícil porque no existen medidas como reduccións de xornada ou lactancia.

“No deporte non hai conciliación, o tempo que tes que botar fóra, tes que botalo fóra e competir cando tes que competir, e sobre todo en deportes de grupo”, afirma.

Isto precisamente é ao que non estaba disposta Lucía Nespereira. Esta veterana do fútbol sala galego estaba no máis alto da súa carreira deportiva (formaba parte da selección española) cando foi nai. A que deu a luz foi a súa parella polo que, inicialmente podía seguir competindo. Pero non foi así.

“Atopeime en Rusia ­-xogando o Torneo Internacional coa selección- cos nenos con tres meses e eu dicía: pero que fago aquí? Se quero estar na casa cos meus fillos”, explica Nespereira. Chegou a vivir (o máis ben sufrir) fóra da casa dous Día da Nai e deuse de conta de que non quería seguir ese camiño. Así que parou, segundo as súas palabras, a “desatorar a cabeza” sempre coa intención de volver.

“Eu sempre dicía que ía xogar para que os nenos se lembrasen de min xogando e como o deixei sendo eles bebés, tiña que volver”, declara esta futbolista e confesa que con dous xemelgos non tiña tempo de botar de menos o fútbol.

Lucía Nespereira: "Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes"
Lucía Nespereira cos seus xemelgos.

Pero finalmente voltou e fíxoo ao seu equipo de sempre, o Cidade de As Burgas, e co seu técnico, Manolo Codeso, o mesmo que, segundo Nespeira, entrou en shock cando lle dixo que marchaba: “Custoulle -sinala a deportista-, de feito, tiven que entrar eu ao vestiario e dicirlle ás compañeiras que ía parar, que ao ano seguinte non ía xogar”.

E no outro lado atopamos a Helen Roca. Calqueira galega á que lle guste o deporte sabe quen é: unha das máximas figura do rugby femenino galego e unha das máis coñecidas a nivel nacional. Ela está entre as deportistas que pospuxo a súa maternidade ata retirarse como xogadora. De feito, o seu obxectivo cando pasou a ser entrenadora xa era ese.

Despois de anos buscándoo, Helen Roca acaba de ser nai e ela non se pon data de volta á actividade deportiva: “A miña intención é volver pero para min é unha situación de incerteza total, de feito, como directora técnica do club (do CRAT) xa orientei ao staff para que continuasen sen min”.

Poucas axudas e moitas dificultades

As tres entrevistadas coincidiron en sinalar que ao xogar como amateur non teñen acceso a ningún tipo de axuda, nin como deportistas nin pola súa maternidade, e cando hai unha excepción, como no caso de Lucía Nespereira, que tiña dereito a unha axuda de maternidade do Consejo Superior de Deportes por ser deportista de alto nivel, a cousa non é tan sinxela.

Nespereira explica que por un problema cos requisitos da Federación Galega de Fútbol Sala case queda sen esta achega. Tivo que denunciar nos medios de comunicación a súa situación e coa axuda da asociación galega de xogadoras, rectificouse.

En todo caso, as dificultades non son sempre económicas. Ás veces os obstáculos son aínda máis incomprensibles, como o que denunciaba Rebeca Kruse coa perda de puntos. “Cando algo tan básico como é protexer a esa muller a nivel competición para ter un fillo, non existe, a sensación é de que non hai empatía”, denuncia.

Pola súa banda, Helen Roca coincide coas súas compañeiras deportistas, pero tampouco quere un trato especial: “Non sei ata que punto temos que dicir que somos máis sufridoras, se non o ven xa, non ten sentido que llo digamos nós”.

Para Roca, un deportista que non é nai non poderá entender o dificíl que é o proceso. “Non só polo parto, polo antes e o despois porque, por exemplo, a nivel profesional, primeiro tes que tomar unha decisión moi importante na túa vida, a incerteza de se volverás ou non, a tristeza que iso xera”, declara.

En todo caso é positiva, Helen Roca pon todas as súas esperanzas no convenio do fútbol femenino: “Unha mellora na maternidade virá despois de que se regule todo o convenio do fútbol, teñen que haber uns pasos previos e creo que este convenio vai abrir a porta ao resto de deportes”. (Esta entrevista foi anterior a que se asinara o convenio definitivo).

A adestradora do CRAT é positiva neste sentido e consideráo un “punto de inflexión” para poder a profesionalizar o deporte feminino. “Eu para iso son súper xenerosa, prefiro que reúnan esforzos primeiro no fútbol para ver se logo chega a outros deportes”, declara esperanzada.

Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"Helen Roca co seu fillo.

Educación e baixas paternais

Cando se lles pregunta como contribuir a reducir a desigualdade entre maternidade e paternidade cada unha das nosas entrevistadas sinala nunha dirección. Lucía Nespereira apunta á educación de base como o xerme do sexismo pero tamén como solución: “Eles están educados en que xa están elas, tes unha familia e ti tranquilo, fai o que teñas que facer”, afirma Nespereira, mentras que ás mulleres edúcasenos na responsabilidade das crianzas. “A min non me sae desfrutar en Alicante e os meus fillos chorando en Ourense”, admite.

Neste sentido a futbolista non é positiva: “Eu dou charlas nos colexios e paréceme que cada vez (o sexismo) se acrecenta máis. Si porque eu teño dous nenos e sei como estou educando aos meus fillos, pero un deles tiña o pelo largo e agora quere cortalo porque un papá doutro neno díxolle que parecía unha nena”.

Pola súa banda, tanto Helen Roca como Rebeca Kruse aluden ás baixas paternais. “Está xenial que se equipare a baixa maternal á paternal. Din que se fará de xeito progresivo en 2021, pero non entendo por que non se fixo xa de golpe. Eu, neste sentido, teño sorte porque meu marido implícase tanto ou máis ca min, pero debería ser así en xeral, o que máis tempo dispoña que se responsabilice dos fillos”, declara a xogadora de volei.

Pola súa banda a adestradora do CRAT denuncia que en moitos casos os deportistas homes nin tan se quera collen os días de baixa que lles corresponden por lei. “Non os ves un mes de baixa nin tolos”, afirma.

Por todo iso que vimos relatando, Helen Roca considera que, en xeral, as mulleres deportistas son “bastante fortes” a nivel psicolóxico. “Cando tomamos a decisión (de ser nais) sabemos que vai custar máis”, declara pero tamén aclara que non ten “envexa” deles: “Ao final non te comparas con eles, é a túa vida e ti decides sobre ela e xa está. Que máis dá que eles o teñan mellor? A sensación que tiven eu con este neno en brazos eles tampouco nunca a van ter”, conclúe esta figura do deporte galego e agora, ademais, nai.

 


Rebeca Kruse
Rebeca Kruse cunha filla

Rebeca Kruse: “Miñas fillas ven que a súa nai loita por facer algo que lle fai feliz”

A xogadora de voleibol do Aceites Abril está a piques de dar a luz á súa terceira filla e quere volver competir este verán.

 


Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”_2
Helen Roca co seu bebé

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai” 

A ex-xogadora de rugby conta para As Nosas a súa experiencia só 12 días depois de dar a luz e admite que “xera tristeza apartarte do deporte no que levas toda a vida”

 


Lucía Nespereira: "Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes"
Nespereira cos xemelgos.

Lucía Nespereira: “Se es nena, para facer algo diferente tes que ser forte e dura. É unha mágoa, porque facemos nenas superviventes”

A xogadora de fútbol sala deixou de competir durante tres temporadas para coidar dos seus xemelgos, pero voltou, entre outras cousas, para que o seus fillos a visen xogar

Etiquetas desigualdadeentrevistafútbol salafutsalHelen RocaIgualdadeLucía NespereiramaternidadeRebeca Kruserugbyvoleivolei playavolei praiaVoleibol
Comparte147Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

por Silvia Carregal
23/05/2022
0

  A unha xornada para que finalice a tempada regular na Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF falamos...

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

por Silvia Carregal
22/05/2022
0

  Este sábado, pese a perder por goleada, Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas, era un home feliz....

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

O Cidade de As Burgas GLS acompañará ao Viaxes Amarelle no ‘play-off’ de ascenso

por Redacción As Nosas
22/05/2022
0

  Poucas derrotas, ademais así de contundentes (7-0), poderán deixar nos beizos un sabor tan doce como a que imos...

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Derbi no máis alto da 2ª División entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  A Segunda División do Fútbol Sala feminino da RFEF trae esta xornada un derbi entre conxuntos galegos que están...

A central Mame Diouf ficha polas Loitadoras / CV ARENAL EMEVÉ

Mame Diouf ficha polo Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
19/05/2022
0

  Mame Diouf regresa á Liga Iberdrola da man do Arenal Emevé. A xogadora senegalesa, mellor central e mellor bloqueadora...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

22/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.