• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

As novas axudas DGAN 2021 tamén beneficiarán a aquelas deportistas becadas que non puideron competir pola COVID

Esta nova convocatoria chegará a 200 deportistas, nun programa de subvencións que conta cun orzamento de 200.000 euros

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/11/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
DGAN 2021. Balón de fútbol, Dépor ABANCA, Abegondo / CARMEN G. MARIÑAS

Balón de fútbol / CARMEN G. MARIÑAS

88
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A nova liña de axudas DGAN 2021 da Xunta de Galicia beneficiará a 200 deportistas, incluindo aqueles becados que non puideron competir por mor da COVID-19. En total, este programa de axudas chega aos 200.000 euros de orzamento na presente edición.

Así o recolle a Secretaría Xeral para o Deporte que, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio dunha nova convocatoria das Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, neste caso as do ano 2021. Desde a creación destas axudas no ano 2005, o importe total das mesmas ascende a máis de 5,8 millóns de euros e beneficiando a cerca de 850 deportistas.

Tipos de axudas

Do mesmo xeito que as Axudas DGAN 2020, a convocatoria conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1 (ata 8.000 euros), Axuda DGAN 2 (ata 6.000 euros), Axuda DGAN 3 (ata 4.000 euros), Axuda DGAN 4 (ata 2.000 euros), Axuda DGAN 5 (ata 1.000 euros) e Axuda DGAN 6 (ata 1.000 euros), así como a Axuda D.A. Deportista de apoio/guía (100% da axuda DGAN), que fora unha novidade na convocatoria de 2020 en recoñecemento á colaboración con deportistas DGAN que compiten en modalidades e especialidades deportivas paralímpicas e de deporte adaptado.

A principal novidade desta volta, é a inclusión da Axuda DGAN Compensación COVID19, de cara a intentar compensar os prexuízos causados pola inicidencia da pandemia COVID19. O obxectivo desta axuda é seguir colaborando na preparación daquelas persoas deportistas que xa tiveron axuda DGAN en 2020 e que non puideron competir por causas alleas á súa vontade, directamente vinculadas á cancelación de competicións oficiais ou por sufrir corentenas por contaxio COVID-19 ou por contaxios de contactos próximos.

Asignación

Estas axudas serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2020 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). As bases da convocatoria están publicadas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá mércores 10 de novembro e estenderase ata o vindeiro día 23.

María de Valdés / CONCELLO DA CORUÑA
María de Valdés é unha das deportistas beneficiadas  / CONCELLO DA CORUÑA

Borja Golán, Irene Blanco, Antonio Serrat, Laura Martínez, Rodrigo Conde, Sara Álvarez, Roi Rodríguez, María de Valdés, José Cuba, Tania Fernández, Manel Antonio Campos, Saleta Fernández, Sergio Vallejo, Noelia Lalín, Francisco Pérez, Patricia Suárez, Pablo Dapena, Melania Rodríguez, David Arcay, Camila Alonso ou Cándido Carrera serán algúns dos deportistas galegos de alto nivel que poderán acollerse a esta nova convocatoria de axudas. Cómpre lembrar que os deportistas olímpicos e paralímpicos beneficiarios das Axudas Reto Galicia Tokyo con Igualdade non poderán participar desta presente edición.

Irene Blanco regresa cun bronce do Europeo Junior de halterofilia

Tramitación

Segundo explican desde a Xunta de Galicia, poderán solicitar axuda todos aqueles deportistas que estean ou estiveran recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2020 e/ou 2021 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento e mesmo na derradeira convocatoria de recoñecementos sempre e cando se produza dentro do prazo de solicitude da presente convocatoria).

A solicitude poderá ser cursada de forma telemática ou a través da liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Os formularios normalizados (anexos I e II) están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Pódese utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

A solicitude en formato papel pode ser entregada en calquera rexistro oficial, tal e como se indica no apartado 5 das bases. No caso de efectuar a presentación da solicitude nun rexistro oficial diferente ao propio da Fundación Deporte Galego, as persoas deportistas solicitantes veranse obrigadas a comunicalo no mesmo día por correo electrónico ao enderezo da Fundación (fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal), remitindo anexa a propia solicitude e a xustificación de presentación ou imposición, no que deberá figurar a correspondente data.

Ademais, deberase remitir unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal). Non será necesario acudir á federación deportiva galega correspondente para cubrir o certificado de resultados xa que este mesmo será solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego.

Etiquetas COVID-19DGANSecretaria Xeral para o DeporteXuntaXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Inauguración do Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey, os NADE recibe axudas da administración autonómica / XUNTA DE GALICIA

A Xunta concede axudas a máis de 1.420 clubs deportivos para o desenvolvemento da súa actividade

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se resolven as solicitudes para a concesión das...

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

por Redacción As Nosas
11/12/2025
0

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.