• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

A galega Julia Benedetti busca o seu billete olímpico no Dew Tour

A 'skater' coruñesa competirá do 16 ao 23 de maio en Iowa na proba cualificada como preolímpico pola World Skate | Actualmente esta 'ryder', que aínda é menor de idade, é a 15ª no ránking mundial

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/05/2021
en Sobre rodas, Máis Deporte
Julia Benedetti, skater embaixadora de Cabreiroá estará no Dew Tour / CABREIROÁ

Julia Benedetti, skater embaixadora de Cabreiroá / CABREIROÁ

147
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A ryder coruñesa Julia Benedetti busca asegurarse o seu billete aos Xogos Olímpicos de Toquio 2021 no Dew Tour en Des Moines (Iowa). A decisiva cita deportiva vaise disputar entre o 16 e o 23 de maio.

O World Skate anunciou que o Dew Tour, sería a única competición preolímpica da tempada na disciplina de Park e a primeira da disciplina de Street (do 31 de maio ao 6 de xuño disputarase a última: o Campionato do Mundo que terá lugar en Roma). Por tanto, o Dew Tour será o único evento de clasificación olímpica desta segunda tempada para a modalidade de Park.

Julia Benedetti, skater embaixadora de Cabreiroá / CABREIROÁ
Julia Benedetti, skater embaixadora de Cabreiroá / CABREIROÁ

Nos Xogos Olímpicos de Toquio 2021, onde debuta esta disciplina dentro do arco olímpico, haberá un total 80 deportistas participantes. Estarán repartidos do seguinte xeito: 40 en categoría masculina e 40 en categoría feminina. Asimesmo, esas 40 prazas dividiránse entre as dúas modalidades en liza: 40 deportistas competirían en Park e outros 40 en Street, repartíndose 20 en categoría feminina e 20 en categoría masculina para cada unha desas dúas modalidades citadas.

Agora mesmo, e a falta dunha última actualización no ranking xeral, na modalidade de Skate Park, a deportista galega Julia Benedetti sostenta a décimo quinta posición na clasificación mundial feminina. Mentres, os ryders Jaime Mateu e Danny León, tamén españois, ocupan as posicións 22ª e 28ª posición, respectivamente na categoría masculina.

Doutra banda, na modalidade de Skate Street, as deportistas españolas Andrea Benítez e Mar Barreira están na 26ª e 42ª posición respectivamente no ránking mundial, mentres que na categoría masculina, o tamén español Rafa Bocanegra ocupa o 42º posto do mundo.

Agora mesmo, Benedetti estaría clasificada para os Xogos Olímpicos

Como no ránking xeral de Park e Street, varios países contan con máis de tres skaters, e só poden ir un máximo de tres por cada unha das federacións que concurran aos Xogos de Toquio 2021. Actualmente, Jaime Mateu, Danny León, Julia Benedetti e Andrea Benítez ocupan posicións que daría paso a estar clasificados para disputar os Xogos Olímpicos nipóns.

A skater galega Julia Benedetti quere o billete para os Xogos de Toquio / PEPO HERRERA
A skater galega Julia Benedetti quere asinar o seu billete para disputar este verán os Xogos de Toquio / PEPO HERRERA

O seleccionador nacional de skate, Alain Goikoetxea fixo pública a convocatoria oficial para disputar o Dew Tour. A lista de deportistas citados está formada por Julia Benedetti, Danny León e Jaime Mateu na modalidade de Skate Park, e Andrea Benítez, Mar Barreira e Rafa Bocanegra na de Skate Street. O combinado estatal español viaxou xa cara a Estados Unidos para disputar esta proba, decisiva para ambas as dúas disciplinas, pero máis aínda na de Park que é na que compite a galega Julia Benedetti.

Do 16 ao 18 de maio realizaranse os quecementos, e xa o día 19 empezará a competición cos Open Qualifiers. As semifinais deste campionato de Dew Tour en Des Moines (no estado de Iowa en USA)  serán o venres 21 de maio. Para a disputa da gran final haberá que agardar até o domingo 23 de maio.

A boa nova, é que, pese á distancia, toda a competición poderase seguirse vía streaming a través da páxina web oficial do propio Dew Tour.

Modalidade de Park

Danny León, Jaime Mateu e Julia Benedetti serán os representantes españois na modalidade de park. A primeira que entrará a escena será a ryder galega Julia Benedetti. A skater coruñesa, embaixadora de Cabreiroá, competirá o mércores 19 de maio na rolda 4 do Open Qualifier de Park Feminino ás 21:15 hora española.

Modalidade de Street

Andrea Benítez, Mar Barrera e Rafa Bocanegra son os skaters que conformarán a selección española da modalidade de street. No seu caso, esta especialidade contará con dúas probas calificatorias para os Xogos Olímpicos de Toquio 2021. A primeira proba preolímpica é esta, o Dew Tour, e a segunda serán os Campionatos do Mundo que terán lugar en Roma (Italia)

Etiquetas Dew TourJulia BenedettipreolímpicoSkateTokyo 2020Toquio 2020Toquio 2021World SkateXXOO
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Julia Benedetti, finalista da 1ª edición do Galardón Princesa de Girona os Valores de Deportistas Novos / FUNDACIÓN PRINCESA GIRONA

Julia Benedetti, finalista da 1ª edición do Galardón Princesa de Girona aos Valores de Deportistas Mozos

por Redacción As Nosas
30/10/2025
0

  A skater galega Julia Benedetti foi elixida como finalista da 1.ª edición do Galardón Princesa de Girona aos Valores...

Rampla de ‘skate’ / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado o Campionato Galego de Rampla de ‘skate’

por Redacción As Nosas
20/09/2024
0

  Esta fin de semana celébrase na Coruña o Campionato Galego de Rampla (Bowl) para skaters federados en Galicia. A...

Teresa Portela fai historia colgándose a prata do K1 200 nos seus sextos Xogos Olímpicos / COE

Nos Xogos Olímpicos haberá 17 deportistas galegas e 193 españolas

por Silvia Carregal
26/07/2024
0

  Nos Xogos Olímpicos de París 2024 farase historia incluso antes de iniciarse a competición. Estes serán os Xogos nos...

Inés Rey, alcaldesa, na Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 16 persoas e entidades polos seus éxitos e a súa traxectoria

por Redacción As Nosas
06/07/2024
0

  O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu onte á noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña....

Alicia Fernández entre as Guerreras da Selección de España de balonmán / RFEBM

Países Baixos, República Checa e Arxentina, rivais de España no preolímpico de balonmán

por Redacción As Nosas
18/12/2023
0

  A última xornada do Mundial (que gañou Francia), serviu para definir os que serán os dous rivais que lle...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.