O desquite da Copa chegou na Liga. O conxunto do CV Arenal Emevé impúxose por 3-1 ao Sanaya Libby,s La Laguna na Liga Iberdrola. A semana pasada, na final da Copa da Raíña, as laguneras conseguían o triunfo e levaban o trofeo.
Loitadoras e tinerfeñas reeditaban a final do torneo do KO unha semana despois. E, nesta ocasión, a vitoria foi para as lucenses 3-1 con tanteos por sets de 23-25 (25′), 25-23 (27′), 25-17 (22′) e 25-21 (24′) ante as líderes e vixentes campioas da Copa da Raíña. Con este resultado o CV Arenal Emevé se sitúa na sexta praza, xustamente na metade da clasificación da máxima categoría do volei estatal.
O primeiro dos sets foi para o Sanaya Libby,s La Laguna que se apuntaba o parcial inicial por un axustado 23-25. A partir de aí, e cun inicio do segundo set un tanto renqueante, as galegas puxeron a directa e se impuxeron nos tres sets seguintes. Yael Castiglione estivo impresionante, por non falar do papel anotador de Jimena Fernández e Carolina Camino que sumaron 25 e 17 puntos cada unha delas.
Nas filas do Sanaya Libby,s La Laguna Lise Marie Jean Pierre foi a máis atinada con 15 puntos anotados.
!!!
Quien dixo medo???
Quinto partido de la semana, 21 sets muy disputados y…
REVANCHA! REVANCHA! REVANCHA!— Arenal Emevé (@cvemevelugo) February 19, 2022
Con este triunfo, o CV Arenal Emevé non so se desquita da derrota na Copa da Raíña senon que se reafirma como un equipo que chegou á elite para quedar, e pon freo á serie de triunfos que colleitaban as líderes indiscutibles, o Sanaya Libby,s La Laguna.