O punto e final á liga regular para o CV Arenal Emevé non foi doce. As galegas caeron derrotadas ante o seu público por 0-3. O Cajasol Vóley Dos Hermanas superou ás lucenses no seu último partido da tempada ante a súa afección.
O equipo que adestra Charly Carreño cedía o primeiro set por 23-25, o segundo cun rotundo 13-25 en 21 minutos e entregaba o triunfo ás vistantes no terceiro cun tanteo de 20-25.
Tras este partido, último da liga regular, o CV Arenal Emevé queda ubicado na 9ª praza na clasificación da Liga Iberdrola de voleibol.
FICHA TÉCNICA
0) CV ARENAL EMEVÉ: Carolina Camino, Candela López, Jimena Fernández, Lucía Prol, Marcella Amaral, Valentina Galiano – sexteto titular -. Tamén xogaron: Julia Paradela, Aylen González (líbero), Ainara Burgo, Alejandra Pérez, Sara Folgueira, Mame Diouf e Lidia Figueira (líbero).
3) CAJASOL VÓLEY DOS HERMANAS: Ebi Obi Na, Louise Cerchio, Dessire Frías, Lynn Armer, Marina Saucedo, Gisel Medina – sexteto titular -. Tamén xogaron: Isabel Barón (líbero), Irene de Blas, Carla Prieto e Louise Sansó.
PARCIAIS: 23-25 (29 min.), 13-25 (21 min.) e 20-25 (25 min.).
EQUIPO ARBITRAL: Pablo Granados Cisneros e Julio César Santana Limón.
INCIDENCIAS: Encontro da 22ª xornada da Liga Iberdrola de voleibol disputado no Pavillón Municipal de Deportes Lugo.