• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Descalzo e Calzado volven ás filas do Atlético Guardés

Estefanía Descalzo e Nazaret Calzado súbense ao barco do Mecalia | Se o corpo técnico considérao oportuno, ambas as dúas poderían entrar na convocatoria para medirse ao Elche este sábado na Sangriña (19:00 horas)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/02/2023
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Estefanía Descalzo e Nazaret Calzado, fichaxes do Mecalia / ATLÉTICO GUARDÉS

Estefanía Descalzo e Nazaret Calzado, fichaxes do Mecalia / ATLÉTICO GUARDÉS

90
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Estefanía Descalzo: “O equipo está a pasar un momento complicado e quero achegar en todo o que poida para saír desta situación”.
  • Nazaret Calzado: “Unha situación así me motiva máis aínda para axudar ao equipo en todo o que poida”.
  • A valenciana regresa á actividade desde o retiro para achegar poderío defensivo e a súa experiencia dentro e fóra da pista.
  • A zurda de Bolaños estaba libre tras desvincularse do Jomi Palermo italiano e retorna para poñer ao servizo do equipo a súa potencia e intensidade.

Estefanía Descalzo e Nazaret Calzado regresan ao Mecalia Atlético Guardés só seis meses despois do final da súa anterior etapa no club galego. Ambas as dúas xogadoras retornan á Guarda coa intención de axudar ao equipo miñoto na segunda parte da tempada 2022-23. Acaban de chegar ás filas guardesas pero, se o corpo técnico considérao oportuno, poderían participar no primeiro choque ligueiro do curso na Sangriña, e dicir, o que está previsto para este mesmo sábado 4 de febreiro ás 19:00 horas contra o BM Elche.

No caso de Estefanía Descalzo, a súa volta prodúcese desde o retiro. A xogadora valenciana de 32 anos decidiu finalizar a súa carreira deportiva a tempada pasada despois dun ano complicado para compaxinar o balonmán co seu traballo de enfermeira. Precisamente, debido á súa profesión (e aos lazos que creou tras tres anos no club) quedou a vivir na Guarda. Como unha afeccionada máis, seguía de preto a actualidade do equipo, polo que coñece de primeira man a situación. Por iso, cando lle pediron volver vestirse de curto para botar unha man, non o dubidou.

Estefanía Descalzo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS
Estefanía Descalzo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

A súa experiencia será clave nun grupo tan novo e a súa enorme calidade defensiva será un gran impulso na retagarda. Hai uns días que está a seguir un plan físico personalizado para poñerse a ton e está disposta a achegar na pista desde xa. Empezando polo encontro deste sábado.

Estefanía Descalzo: “A maioría dos partidos que quedan son en casa, a nosa afección ten que darnos un plus”

“O equipo está a pasar un momento complicado e quero achegar en todo o que poida para saír desta situación”, expresa Estefanía Descalzo. “Ao grupo véxoo ben. Está concienciado, concentrado e con ganas de traballar e sacar puntos importantes. A maioría dos partidos que quedan son en casa, así que a nosa afección ten que darnos un plus”, analiza.

En canto a Nazaret Calzado, extremo zurda de 27 anos, estaba libre tras rescindir o seu contrato co Jomi Palermo da liga italiana, polo que fichou tras terminar a súa etapa no Mecalia Atlético Guardés do curso pasado. O club púxose en contacto con ela para ofrecerlle a posibilidade de volver e Nazaret Calzado aceptou de inmediato.

Desta forma, poderá volver correr a banda dereita da Sangriña e poñer ao servizo do equipo a súa potencia (tanto de salto como de carreira) e a súa intensidade. O seu físico permítelle defender no 2 se é necesario e a súa enerxía é un valor importante para o equipo.

Nazaret Calzado / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS
Nazaret Calzado / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

“A situación é difícil”, recoñece sen ambaxes a xogadora de Bolaños de Calatrava, que apunta a que “a liga é máis competitiva cada ano”, o que eleva a complexidade. “Estamos todas moi mentalizadas de que hai que loitar moitísimo cada partido. Seguro que con traballo imos saír de esta”, afirma Nazaret Calzado. “Unha situación así me motiva máis aínda para axudar ao equipo en todo o que poida”, conclúe.

Nazaret Calzado, novo reforzo do Mecalia Atlético Guardés: “Estamos todas moi mentalizadas de que hai que loitar moitísimo cada partido. Seguro que con traballo imos saír de esta”

Etiquetas balonmánEstefanía DescalzofichaxeMecalia Atlético GuardésNazaret Calzado
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.