• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés despídese de Europa e o BM Porriño complícase a vida na Liga

O conxunto miñoto volveu caer fronte ao Beçanson por 24-30 mentres que as porriñesas prolongan a súa dinámica negativa lonxe do Municipal cunha nova derrota en Valladolid (34-26) | Ambos conxuntos poñen punto e seguido á tempada ata o remate do mundial

Diego Andrade por Diego Andrade
23/11/2021
en Balonmán, Máis balonmán
O Guardés despídese de Europa e o BM Porriño complícase a vida na Liga

Derrota do Mecalia Atlético Guardés fronte ao Beçanson na Sangriña/ SPOTCOECO.

53
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Mala semana en termos xerais para as nosas representantes na elite do balonmán. Mecalia Atlético Guardés e Conservas Orbe Rubensa BM Porriño acadaron sendas derrotas nos seus enfrontamentos na Q3 e na Liga Guerreras Iberdrola, respectivamente.

O Guardés cae con honra

O soño da remontada europea quedouse finalmente niso, un soño. O Guardés, afrontou onte nunha Sangriña a rebentar a difícil empresa de levantar os 11 tantos de desvantaxe cos que iniciaba a volta da Q3 fronte ao Beçanson.

O inicio non puido ser mellor, o conxunto miñoto non tardou en sentir o calor do inferno guardés e envorcouse sobre a meta alpina conseguindo un demoledor 5-1 no primeiro parcial co que soñar con darlle a volta á eliminatoria. Sen embargo, as francesas tiraron de oficio e a través de modificacións no sistema defensivo souberon frear o inicio eléctrico das galegas.

Mecalia Atlético Guardés vs Besançon / SPORTCOECO
Mecalia Atlético Guardés vs Besançon / SPORTCOECO

A necesidade de remontar provocou que o Mecalia Atlético Guardés fose con todo arriba outorgándolle ao Beçanson un corredor que a escadra alpina soubo aproveitar para reducir as diferencias no electrónico e chegar ao tempo de descanso a un só tanto das guardesas (16-15).

Á saída de vestiarios, as xogadoras adestradas por José Ignacio Prades seguiron a perseguir unha remontada que se antoxaba cada vez máis lonxe da Sangriña. Gabriela Pessoa, con 7 tantos, liderou a parcela ofensiva dun Guardés que se mantivo por diante do marcador durante tras cuartas partes do encontro.

Finalmente, a fatiga das locais, sumada á mellora defensiva e ao acerto ao contraataque das francesas provocaron que o Mecalia sufriuse unha nova derrota coa que decir adeus definitivamente á súa campaña europea. As do Baixo Miño malia caer en ambos encontros poden irse coa cabeza ben alta e focalizar os seus esforzos nos campionatos domésticos.

Final.
Non puido ser, pero estamos moi orgullosas de vós. Cabeza alta e a seguir.

🏆 @ehfel_official
📆 Q3 | Ida
🤾‍♀️ @Atlguardes_ofic 🆚@ESBF_Handball
🔥 A Sangriña
⏱️ 60′
🔢 24-30
#InfernoEuropeo 🇪🇺 #CorazóneInferno pic.twitter.com/YcL2PCUqm0

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) November 21, 2021

O BM Porriño segue sen gañar de visitante

A décima xornada de Liga Guerreras Iberdrola deparou unha nova derrota do conxunto porriñés coma visitante. O equipo dirixido por Ismael Martínez chegaba ao Pabellón Huerta del Rey para enfrontarse ao Caja Rural Aula Valladolid nun encontro clave para comezar a definir as verdadeiras aspiracións das do Porriño de cara á presente campaña.

Tras un inicio de partido no que a igualdade foi a tónica dominante, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño foi baixando o ritmo de xogo e concedendo oportunidades a través dos seus desaxustes defensivos. Deste xeito, o conxunto pucelano soubo como sacar rédito das imprecisións da zaga rival para irse ao descanso cun cómodo 14-10.

Na segunda metade, a tendencia mantívose cun Caja Rural que non daba pé a un Conservas Orbe Rubensa perdido en defensa. No outro lado da pista, Mica Casasola cargou co equipo ás costas, aínda que as súas sete dianas non foron suficientes para minguar unha diferenza cada vez maior.

Caja Rural Aula Valladolid vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / AULA VALLADOLID WEB
Caja Rural Aula Valladolid vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / AULA VALLADOLID WEB

A falta de cinco minutos para o remate do encontro, semellaba que o gañador estaba bastante claro. As vallisoletanas dominaban no xogo e no electrónico cunha notable diferencia de 32-23. O cadro porriñés pelexou ata o final e acadou recortar diferencias cara o final do encontro, aínda que non lle acadou para poder entrar na pelexa polos puntos.

Con este resultado o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño baixa un posto na táboa clasificatoria e colócase na décima clasificación cun total de seis puntos, todos eles obtidos como local. A primeira vitoria lonxe do Municipal deberá agardar polo menos ata despois do parón mundialista, cando as xogadoras de Ismael Martínez se despracen ata Valencia para enfrontarse ao CBM Morvedre.

Etiquetas BeçansonBM PorriñoJosé Ignacio PradesLiga Guerreras IberdrolaMecalia Atlético GuardésQ3
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Imaxe de arquivo dun partido entre o Mecalia Atlético Guardes e o Sant Quirze / SPORTCOECO

Logo da Copa, o Guardés retoma o pulso competitivo da Liga Guerreras Iberdrola contra o Handbol Sant Quirze

por Redacción As Nosas
14/05/2022
0

  O Mecalia Atlético Guardés visita a un equipo catalán, o Handbol Sant Quirze, que pese a estar descendido, deixou...

José Ignacio Prades / AT. GUARDÉS

A Sangriña despide con aplausos a Prades que deixará o Guardés ao final desta tempada

por Redacción As Nosas
08/05/2022
0

  Ademais de grandes resultados -nunca baixou do terceiro posto en Liga-, o preparador alacantino Prades deixa unha pegada indeleble...

Final da Copa da Raíña Costa del Sol Málaga vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés consegue o primeiro subcampionato de Copa para o balonmán feminino galego

por Redacción As Nosas
01/05/2022
0

O equipo miñoto do Guardés estrelouse contra Castellanos e a frescura das xogadoras costasoleñas, menos castigadas a nivel físico cas...

O Mecalia Atlético Guardes vs Bera Bera, semifinal da Copa da Raíña / SPORTCOECO

Histórico pase á final da Copa do Guardés

por Redacción As Nosas
30/04/2022
0

  Míriam Sempere asinou un partido sensacional (55%) e freou en seco os intentos de reacción locais para quedar o...

Paula Arcos, festexa coas compañeiras a vitoria do Guardés diante do Granollers na Copa da Raíña / SPORTCOECO

O Mecalia Atlético Guardés métese nas semifinais da Copa da Raíña ao gañar ao Granollers 26-31

por Redacción As Nosas
30/04/2022
0

  As galegas da Guarda acadaron un meritorio pase ás semifinais da Copa da Raíña froito dun altísimo nivel defensivo...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

22/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.