• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Derrota do Amarelle en Zaragoza que mete ás herculinas de cabeza na loita pola permanencia

As coruñesas perderon cun rival directo e complícanse a súa situación nesta recta final da competición, aínda que non están en postos de descenso pero quedan a só dous puntos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/03/2023
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarele FSF vs AD Sala Zaragoza / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarele FSF vs AD Sala Zaragoza / VIAXES AMARELLE FSF

100
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Viaxes Amarelle FSF márchase ao parón do Europeo de Seleccións cunha agre derrota en casa do AD Sala Zaragoza por un marcador de 4-2. Este resultado mete de cheo ao equipo dirixido por Jorge Basanta na pelexa pola permanencia.

Queda pouco menos dun terzo da competición para conseguir a ansiada continuidade na Primera Federación Futsal Feminina, a máxima categoría do futsalfem estatal que conta neste curso con cinco equipos de Galicia competindo e representación de todas as provincias galegas.

O partido entre a AD Sala Zaragoza e o Viaxes Amarelle FSF empezaba con dous equipos que se mostraban moito respecto o un polo outro sobre na cancha. Ambos os dous bloques de futbolistas esperábanse en media cancha para empezar a presión sobre o balón, e así transcorrían os primeiros minutos sen ocasións para ningún dos dous conxuntos.

A primeira ocasión clara chegaría para o Viaxes Amarelle FSF, cunha xogada por banda de Èlia Gullí, que colocaba ao centro da área e onde Tety enviaba fóra por pouco. Con todo, o primeiro gol do partido foi aos oito minutos de xogo, cando as mañas conseguen mandar un balón ás costas da defensa herculina e deixar a Laura Boix nun un para un con Leti Rojo. Na xogada a maña non perdou e bateu á galega subindo así o 1-0 ao marcador.

Aínda quedaba partido por diante, e os equipos seguían cunha dinámica similar na primeira parte, ata que a falta de tres minutos para o tempo de descanso, as herculinas empezaron a exercer unha presión de balón máis alta, pero o gol tampouco chegaba, e o partido íase ao descanso co parcial de 1-0, para as locais.

Á volta do descanso, o Viaxes Amarelle FSF saltou á pista maña cunha presión alta a toda cancha sobre o seu rival para tratar de meterse no partido e loitar polos puntos en xogo. Logo dos primeiros instantes de partido parecía que as galegas estaban a xerar perigo, pero novamente as primeiras en anotar serían as locais, que cun potente disparo exterior poñían o 2-0 no marcador, a falta de pouco máis de dez minutos para o final do partido.

Tras este segundo gol, as galegas que adestra Jorge Basanta decidiron saír por todas. O técnico optou polo xogo de cinco. Foi así como as coruñesas conseguiron recurtar distancias na primeira ocasión que tiveron. Foi cun balón ao segundo pau, que Carol Agulla non perdou.

O conxunto herculino do Viaxes Amarelle FSF continuou co xogo de cinco para meterse no partido, tras o bo inicio, pero unha perda de posesión en cancha do AD Sala Zaragoza, deixaba o balón a Laura Boix, que subía o 3-1 ao marcador a falta de seis minutos para o final do encontro.

O Viaxes Amarelle FSF mantivo a súa aposta polo xogo de cinco para meterse no partido. A falta de catro minutos para o final, Carol Agulla volvía recurtar distancias, subindo o 3-2 ao marcador.

Co electrónico aberto, as herculinas mantiveron o xogo de cinco á procura de rascar os tres puntos en xogo ante un rival directo.

A falta dun minuto para o final, unha presión alta de balón na saída de xogo de cinco das visitantes, provoca unha perda de balón en cancha propia, que as visitantes aproveitan para poñer o 4-2, por medio de María Moreno, mentres as herculinas non teñen á porteira en cancha.

O Viaxes Amarelle FSF, a dous puntos do descenso

Con este resultado, as herculinas do Viaxes Amarelle FSF manteñen a súa posición en postos de permanencia, pero con só dous puntos de marxe sobre os que colocan aos equipos en descenso de categoría.

De todos os xeitos, as galegas confían en que o parón lles poida vir ben. As coruñesas chegaron a este tramo da competición con moitas xogadoras con molestias e que non poden render ao 100%. Por ese motivo, neste momento de parón, o cadro técnico vai seguir traballando, pero dando o descanso necesario a varias das xogadoras importantes, e coa confianza en que dentro de tres semanas, o bloque de deportistas do Viaxes Amarelle FSF galego xa poida estar dispoñible ao 100%, e ademais poder reincorporar ás baixas por lesión de futbolistas como: Clàudia Lobo, Carlita e Khrystyna Stepanenko.

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF dando indicacións ás xogadoras / VIAXES AMARELLE FSF

Tras este novo duelo oficial da tempada, o conxunto afrontará xornada de descanso este luns, e o martes retomará os adestramentos, intercalando períodos de recuperación, para afrontar o tramo final de competición, que chegará tras o parón de dúas semanas que temos por diante, con motivo da disputa do Europeo de Seleccións Nacionais.

A Primera División do Fútbol Sala Feminino da RFEF afrontará a vixésimo segunda xornada da competición ligueira, en partido que terá lugar o sábado 25 de marzo de 2023, a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña). Nesa cita o conxunto galego do Viaxes Amarelle FSF recibirá ao CD Leganés FSF, outro rival directo pola permanencia. Así que agárdase un partido difícil, loitado e intenso para galegas e madrileñas.

FICHA TÉCNICA

4) AD SALA ZARAGOZA: Ana Eliza, Miriam, Laura Boix, Giba e María Moreno – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Carolina Bravo e Illescas.

2) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Lau Doce, Èlia Gullí, Estelita e María Gómez – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Cris Lourés, Tety, Carol Agulla, Marta Hermo e Laura Rivas.

GOLES: 1-0 Laura Boix (min. 8); 2-0 Carolina Bravo (min. 29); 2-1 Carol Agulla (min. 30); 3-1 Laura Boix (min. 34); 3-2 Carol Agulla (min. 36); 4-2 María Moreno (min. 39).

EQUIPO ARBITRAL: Lucía Gómez Rojo e Tomás Santander Flamarique, membros do Comité Técnico de Árbitros de La Rioja e Aragón. Árbitro Asistente: Izán Torner Conejos membro do Comité Técnico de Árbitros de Aragón. Mesa: María Cinta Marín Pastor pertencente ao Comité Técnico de Árbitros de Aragón. Amonestaron a futbolista Ana Eliza do AD Sala Zaragoza con cartón amarelo. Recibiron a mesma sanción as futbolistas do Viaxes Amarelle FSF: Carol Agulla e Lau Doce.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á vigésimo primeira xornada da Primera División do fútbol sala femenino da RFEF disputado no Complejo Deportivo Municipal Siglo XXI da cidade de Zaragoza.

Etiquetas AD Sala ZaragozaFSFfútbol salafutsalJorge BasantaViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.