Retorno á elite con derrota. O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, regresaba este sábado á ansiada Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala; e facíao recibindo a visita dun AE Penya Esplugues. As catalás terminaron por levar o encontro grazas a un solitario gol de falta, transformado por Belén Entrena pouco antes do tempo de asueto.
As herculinas loitaron por puntuar, e mesmo nos últimos segundos desperdiciaban un balón dentro da área, tras unha gran parada de Anna Muniesa, que amargaba o debut e retorno á Primeira División Nacional Feminina FS do Viaxes Amarelle FSF.
O partido daba inicio cun AE Penya Esplugues volcado en ataque e provocando unha ocasión moi clara aos poucos segundos de xogo, cun disparo entre o tres paus que repelía Leti Rojo. O partido animábase e ambos os equipos apostaban por unha presión alta de xogo e buscando roubar o balón e xerar ocasións de perigo.
As ocasións chegaban en transicións rápidas de ambos os equipos, pero ningún era capaz de abrir a lata; e aínda que as ocasións eran máis claras para o equipo visitante, unha excelente actuación de Leti Rojo baixo paus, e o rápido repregamento do equipo laranxa afogaban as ocasións das catalás.
O partido permanecía co marcador sen movementos, pero a falta de tres minutos unha falta directa, executada por Belén Entrena, terminaba no 0-1 a favor do AE Penya Esplugues. O conxunto herculino trataba de buscar a igualada e evitar irse cunha derrota ao descanso; pero non eran capaces de chegar con solvencia e retirábanse ambos os equipos ao descanso cun parcial de 0-1 para as visitantes.
Na continuación, o conxunto herculino saíu con máis posesión de balón e xerando máis perigo sobre a portaría das catalás, buscando eludir a derrota. Contaron con algunha ocasión moi clara nos últimos 5 metros, pero o gol resistíase e o 0-1 continuaba no luminoso.
A presión alta das locais, empezaba a xerar cada vez máis perigo, pero o gol resistíase; mentres que o AE Penya Esplugues realizaba unhas contras moi rápidas e perigosas, que terminaba por salvar un novo gol; e seguir dando opcións de igualar a contenda para o Viaxes Amarelle FSF.
Basanta tirou do xogo de cinco no Amarelle para evitar a derrota
Os minutos corrían e o conxunto local non era capaz de igualar a contenda; e por iso a falta de algo máis de tres minutos, Jorge Basanta optaba polo xogo de cinco para buscar un gol que salvase un punto no primeiro partido da tempada das herculinas; e aínda que o balón estivo moi preto da rede das catalás, unha espectacular parada de Anna Muniesa a falta de 2 segundos para o final, terminaba por dar unha nova vitoria ao conxunto catalán, e deixar un sabor amargo ao debut do Viaxes Amarelle FSF.
Foi un partido moi traballado por parte do conxunto herculino, fronte a un rival moi serio e que se afianza na primeira posición do subgrupo A; pero coa sensación de poder facer un pouco máis as herculinas, e poder conseguir un punto, nun partido que houbo moita igualdade sobre a cancha, e cunha gran actuación da porteira herculina, Leti Rojo.
Tras este primeiro encontro da tempada oficial, o Viaxes Amarelle FSF volverá aos adestramentos este luns, tras o preceptivo descanso que tomarán mañá domingo as xogadoras. Xa esperando o próximo fin de semana facer o primeiro desprazamento da tempada de Primeira División Nacional Feminina, onde o cadro herculino disputará a terceira xornada do subgrupo A, o sábado 31 de outubro de 2020 ás 19:00 horas no Pavillón Municipal da Fortuna (Leganés) visitando ao CD Leganés FSF.
FICHA TÉCNICA
VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Patri Corral, Yaiza, Martita, María Gómez (cinco inicial), Candela, Cris Lourés, Lau Doce e Anna Escribano.
AE PENYA ESPLUGUES: Anna Muniesa, Collado, Irina Godó, Belén Entrena, Roser (cinco inicial), Ruth, Marta, Cèlia, Pilar, Laia e Mireia Gómez.
GOLES: 0-1 Belén Entrena (min. 17).
ÁRBITROS: Eder Gómez de Salazar Fernández e Peregrino Ambrosio Abdulay Ndoho do Colexio de Árbitros de Santiago de Compostela. Mesa: Inmaculada Silva Martínez do Colexio de Árbitros de Santiago de Compostela. Sen tarxetas.
INCIDENCIAS: Partido correspondiente á segunda xornada do subgrupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala disputado o sábado 24 de outubro de 2020 no Pavillón Municipal da Sagrada Familia (A Coruña) entre o Viaxes Amarelle FSF e o AE Penya Esplugues.