- O HC Coruña cae con valentía en Palau (3-1) tras unha exhibición de compromiso
O HC Coruña non logrou puntuar na súa esixente visita á pista do Generali HC Palau, cedendo por un marcador de 3-1 nun duelo correspondente á terceira xornada da Ok Liga Iberdrola.
Pese ao resultado, o conxunto galego demostrou o seu compromiso inquebrantable, plantando cara ás campioas de Europa e exhibindo unha notable valentía ata o último segundo.
O partido desenvolveuse baixo a alta intensidade que caracteriza os enfrontamentos en Palau. Na primeira parte, as defensas impuxéronse, coas nosas xogadoras realizando un esforzo físico tremendo para neutralizar o poder ofensivo local.

A igualdade rompeu no minuto 16, cando Lucia Veo logrou abrir o marcador para o HC Coruña (0-1). O HC Palau mantívose firme, buscando a réplica antes do descanso que chegou a falta de 2 minutos obra de Berta Busquets.
Co 1-1 chegouse ao descanso. Tras a continuación, o guion mantívose: un HC Palau presionando e o HC Coruña que respondía con rápidas transicións.
As locais conseguiron ampliar a súa vantaxe grazas a dúas accións de Laura Puigdueta que colocou o 2-1 e o 3-1 no minuto e con ese resultado, HC Palau 3-1 HC Coruña chegouse ao final do encontro.
O pechacancelas, seguinte rival do HC Coruña
Logo desta xornada o Generali HC Palau sitúase 4.º na táboa clasificatoria da Ok Liga Iberdrola. O HC Coruña é terceiro pola cola e continúa sen acadar o seu primeiro triunfo.
O vindeiro sábado 25 de outubro, a partir das 21:00 o HC Coruña recibe no Pazo dos Deportes de Riazor ao ENE Oposiciones CP Mieres que é o pechacancelas. Unha ocasión que sobre o papel semella propicia para acadar esa primeira vitoria e tamén para poñer distancias entre un competidor da zona baixa.
FICHA TÉCNICA:
3) HC PALAU: Jana Costa; Berta Busquets, Laura Puigdueta, Anna Casaramona, Maria Codina (quinteto inicial), Ana Maldonado, Irina Perez, Mariona Mendez, Ariana Mendez, Laura Vicente (meta suplente).
1) HC CORUÑA: Uxue; Lucia Velo, Rebe, A. Bulló e I. Brea (quinteto inicial), Celia, R. Parga, Jana y Daniela (meta suplente).
EQUIPO ARBITRAL: Ariel Morisio y Jordi Basols. Mostraron amarilla a las locales Ana Maldonado y Berta Busquets y azul a la visitante Icía Brea.
GOLES: 0-1 (Lucia Velo, min. 16). 1-1 (Berta Busquets, min. 23). 2-1 (Laura Puigdueta, min. 27). 3-1 (Laura Puigdueta min. 47).





















