O segundo amigable da pretempada 2023-24 do Dépor ABANCA saldouse con derrota pola mínima (0-1) ante o SC Braga. O conxunto luso, que milita na máxima categoría do fútbol feminino portugués, chegaba á Cidade Deportiva de Abegondo con catro mundialistas nas súas filas.
Ademais das baixas coñecidas de Ainhoa Marín, en proceso de readaptación física; e Ana de Teresa, lesionada, Irene Ferreras non puido contar tampouco coa galega Eva Dios, cunha amigdalite, e Clara Rodríguez, que estivo ausente neste amigable por precaución.
Pola súa banda, o SC Braga, un dos rivais habituais nos veráns do Dépor ABANCA, presentouse en Abegondo tamén en plena fase de rodaxe pero coas catro internacionais que disputaron o último Campionato do Mundo de Australia e Nueva Zelanda no seu once inicial: Patricia Morais, Ana Rute, Dolores Silva e Carolina Mendes.
O partido resultou moi igualado, con escasas accións de gol nas dúas porterías. O conxunto portugués do SC Braga amosouse moi potente fisicamente. Con 0-0 no marcador, Millene Cabral estrelou un remate no traveseiro da portería defendida pola porteira internacional lusa Patricia Morais.
Esa acción puido cambiar o rumbo do partido, que caeu ao lado portugués grazas a un gol da internacional Carolina Mendes ao arrincar o segundo tempo.
Polo Dépor ABANCA xogaron este amigable: Lucía, Samara, Inés Altamira, Raquel, Paula Monteagudo, Henar, Paula Gutiérrez, Carlota, Lía, Marta Charle e Millene. Tamén xogaron: Yohana, Ayaka, Laurina, Sara Debén, Cris, Carmen Carballada, Elena Vázquez e Lucía Rivas.
Seguinte parada do Dépor ABANCA, Guimarães
As Nosas deportivista descansa mañá domingo 13 e volven aos adestramentos o luns 14 ás 10:00 en Abegondo. A pretempada do Dépor ABANCA levará ás futbolistas branquiazuis a desprazarase o vindeiro venres 18 de agosto á cidade lusa de Guimarães para o seu terceiro amigable, contra un rival aínda por confirmar.
Real Oviedo, SD Eibar e Athletic Club B completarán o calendario de pretemporada das Nosas antes de arrincar a competición en Primera Federación Iberdrola.
O calendario de amigables de pretempada neste verán 2023 do Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, vai neste momento como sigue:
- Sábado 5 de agosto, XI Trofeo Teresa Herrera (ABANCA-RIAZOR): Deportivo ABANCA 2 (Paula Gutiérrez e Eva Dios) – Deportivo Alavés Gloriosas 0
- Sábado 12 de agosto, (Abegondo): Deportivo 0 – SC Braga 1
- Venres 18 de agosto, (Guimarães), 12:30 (hora local) con rival por confirmar
- Martes 22 de agosto, (San Claudio, Oviedo), 17:00: Real Oviedo – Dépor ABANCA
- Domingo 27 de agosto, (campo Sergio Sánchez López de Siero, Asturias), 17:00: Dépor ABANCA – SD Eibar
- Sábado 2 de setembro, (Estadio Marqués de la Vega de Anzo, Grado, Asturias), 17:00: Deportivo ABANCA – Athletic Club B