• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

Derrota no quinto set do CV Arenal Emevé ante o CV Tenerife Libby´s La Laguna (2-3)

Charly Carreño: "Foi un partido bo pero a estas alturas do ano un punto quédasenos curto para o obxectivo do equipo"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/03/2023
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
CV Arenal Emevé / CV EMEVE YOUTUBE

CV Arenal Emevé / CV EMEVE YOUTUBE

307
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O terceiro clasificado, o CV Haris Tenerife Libby’s La Laguna visitaba a cancha do CV Arenal Emevé de Lugo. As galegas fixéronlle fronte a un equipo da zona alta como é o tinerfeño. Apuntáronse as pupilas de Charly Carreño o primeiro set e o terceiro pero as tinerfeñas forzaron o quinto. Ao final, pagaron o esforzo físico e as visitantes souberon tirar partido dos poucos erros cometidos polas locais.

́ ✍️ Remontada y victoria ante un exigente @cvemevelugo (3-2)

Todos los detalles del partido https://t.co/TdEaYd93Xm

#TenerifeDespiertaEmociones #VisitTenerife #DeporteParaTi #TenerifestVolley pic.twitter.com/h9jl4SthGG

— Club Voleibol Haris (@CVHaris) March 4, 2023

Máis de trinta minutos de xogo empregaron as lucenses para levarse o primeiro set por 26-24. Xa quedou claro desde o arranque que o triunfo neste partido había de ser loitado. E foino.

O CV Emevé cede o segundo set

No segundo a vitoria foi para as tinerfeñas do CV Haris Tenerife Libby’s La Laguna por 23-25 en 28 minutos. E no terceiro volveron a poñerse 2-1 por diante as xogadoras do CV Arenal Emevé de Lugo cun tanteo de 27-25 superando de novo a media hora de xogo.

CV Arenal Emevé de Lugo vs CV Haris Tenerife Libby's La Laguna / CV EMEVE YOUTUBE
CV Arenal Emevé de Lugo vs CV Haris Tenerife Libby’s La Laguna / CV EMEVE YOUTUBE

O cuarto foi para as isleñas que en 24 colocaban o 2-2 no global do choqu con parcial no set de 19-25. No quinto set o esforzo acumulado e a veteranía das tinerfeñas fixeron que, sen fallar no bloqueo, o partido caese do bando visitante cun 8-15 en 18 minutos.

Charly Carreño: “Se ao CV Haris lle fallas un par de pelotas, págalo”

O adestrador do CV Arenal Emevé de Lugo,  Charly Carreño, apuntaba tras a derrota no quinto set co CV Tenerife Libby´s La Laguna que o punto sabía a pouco de cara ás aspiracións das galegas. O técnico das galegas tiña sentimentos encontrados ao final do partido. Explicaba: “Foi un partido bo pero a estas alturas do ano un punto quédasenos curto para o obxectivo do equipo”.

Na súa análise do encontro Charly Carreño manifestaba na canle de YouTube do club lucense ao final do cruce que fora: “Un partido moi bonito ante un rival que concede pouco. Para poder estar ante este rival hai que estar moi concentrada durante todo o encontro, xa que é un contrincante que permíteche equivocarte moi pouquiño.
O partido foi bo, pero é certo que a estas alturas do ano un punto quédasenos curto para o obxectivo do equipo”.

Segundo manifestaba Charly Carreño: “Tivemos momentos de set, incluso no terceiro, logo de perder, remontamos contra un rival así, con moita agresividade no saque, e logo con outro grupo de xogadoras que tacticamente no saque íao facendo bastante ben, por momentos estivo o equipo ordenado, por momentos xogamos moi rápidos e moi ben… pero en canto a este rival, ao CV Haris, lle fallas un par de pelotas ao final págalo moito”.

O seguinte partido do CV Arenal Emevé leva ás galegas a xogar en Gran Canaria, no Centro Insular de Deportes contra o CV Sayre CC La Ballena. Será o sábado 11 de marzo ás 18:00 horas.

FICHA TÉCNICA

2) CV ARENAL EMEVÉ: Carolina Camino, Candela López, Jimena Fernández, Lucía Prol, Marcella Amaral e Valentina Galiano – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Julia Paradela, Aylen González (líbero), Ainara Burgo, Alejandra Pérez, Sara Folgueira e Lidia Figueira (líbero).

3) CV TENERIFE LIBBY´S LA LAGUNA: Brooke Kanas, Julie Lengweiler, Laura Rodwald, Meg Wolowics, Patricia Aranda e Bella Nsunguimina – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Elena Aran, Daysa Delgado, Hilda Gustafsson e Patricia Llabres (líbero).

PARCIAIS: 26-24 (32 min.), 23-25 (28 min.), 27-25 (31 min.), 19-25 (24 min.) e 8-15-(18 min.)

EQUIPO ARBITRAL: David Escobar Cristóbal e Daniel Gálvez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á vixésima xornada da Liga Iberdrola femenina de voleibol disputado no Pabellón Municipal dos Deportes de Lugo.

Etiquetas Charly CarreñoCV Arenal EmevéCV Emevé LugoCV HarrisLugoTenerife Libby's La LagunavoleiVoleibol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
04/07/2025
0

  Marta Llamedo foi unha das líberos máis valoradas da Superliga 2 e deu o salto a categoría nacional co...

Irene Osayande / CV ARENAL EMEVÉ

Irene Osayande, potencia e personalidade para o centro da rede do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
01/07/2025
0

  A central Irene Osayande, de 1,91 m e 19 anos, chega desde o OCISA Haro Rioja Vóley tras destacar...

Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Con experiencia en ligas tan potentes como a italiana, a polaca ou a romanesa, Anneclaire Ter Brugge chega a...

Amelia Portero / CV ARENAL EMEVÉ

Amelia Portero chega a Lugo para reforzar ao CV Arenal Emevé

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A internacional española Amelia Portero chega a Lugo tras pasar por clubs como Logroño, Haro, Menorca ou Kiele, e...

O concelleiro Jorge Bustos no pavillón municipal / CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello de Lugo utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

As entidades deportivas do Concello de Lugo poderán presentar as súas peticións para o uso de balde de instalacións municipais,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

04/07/2025
Jéssica Bouzas está competindo en Wimblendon / WIMBLENDON

Jéssica Bouzas, á segunda rolda en Wimbledon

02/07/2025
Irene Osayande / CV ARENAL EMEVÉ

Irene Osayande, potencia e personalidade para o centro da rede do CV Arenal Emevé

01/07/2025
Lorena Patiño, ouro na categoría Junior da proba de Amurrioko Ziklokrosa do Campionato de España de Ciclocrós en 2024/ RFEC

A Selección de Galicia Júnior de XCO triunfa con Lorena Patiño no colofón da Copa de España

30/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.