• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Primera Federación

Derrota cruel para o Dépor ABANCA na cancha do FC Barcelona B

As galegas perden por mor dun gol en propia porta na recta final dun partido no que mereceron puntuar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/11/2022
en Primera Federación, Fútbol
Dépor ABANCA vs FC Barcelona B / RCD

Dépor ABANCA vs FC Barcelona B / RCD

48
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O gol chegou para o Dépor ABANCA outra vez nos últimos suspiros do partido, pero esta vez no canto de cara foi cruz. Un tanto en propia porta deu ao traste coas aspiracións das Nosas deportivistas de puntuar na cancha do  FC Barcelona B. Caeron derrotadas as pupilas de Irene Ferreras pola mínima cun marcador de 1-0. Carlota Suárez foi a futbolista que tivo a mala pata de anotarlle un gol á súa compañeira Lucía cando intentaba despexar o esférico.

O  Dépor ABANCA merecía puntar, pero acabou por perder ante o FC Barcelona B. O conxunto local comezou o partido con forza. Aos 27 segundos, a cancebeira das coruñesas, Lucía, impediu nunha gran intervención que unha volea de Ari Arias coásese na meta herculina. A porteira ponferradina do club branquiazul desviou o coiro a saque de esquina. No minuto 6, Ona Baradad rematou excesivamente cruzado desde a dereita, á dereita da portería coruñesa. O dito, o filial culé empezaba forte o choque coas galegas.

Non baixaron os brazos as coruñesas e o Dépor ABANCA respondeu ás blaugranas o minuto 8 de xogo coa que se cadra foi súa mellor oportunidade en toda a primeira metade. Millene, após gran pase en profundidade de Charle e con todo a favor, rematou ao corpo de Txell Font. Catro minutos despois, un centro de Sara Navarro foi despexado por Berta Doltra cara á súa propia portería, pero a gardameta reaccionou ben para evitar o tanto.

A partir de aí, moito centrocampismo, moita posesión deportivista e escasa resposta por parte das catalás. O partido entraba nunha etapa máis morna.

Logo do paso por vestiarios, na segunda metade, golpeou de novo primeiro o FC Barcelona B, nunha nova chegada de Ona Baradad polo extremo dereito. O seu centro por baixo paseouse por toda a área herculina ata que atopou no segundo pau a Lucía Corrales, cuxa bate coa bota esquerda foise desviada.

A resposta deportivista chegou nun disparo frouxo de Paula Gutiérrez, despois dunha bonita manobra individual, desde 25 metros, que Txell Font atrapou sen problemas. Máis preto do gol estivo Marta Charle ao fío da hora de xogo. O zurdazo cruzado da soriana perdeuse moi preto do pau esquerdo do portal azulgrana.

Locais e visitantes gozaron de ocasións neste segundo acto, e, cando parecía que o marcador xa non se movería, o FC Barcelona B logrou o único tanto do encontro. Foi  nun saque de esquina que desviou Carlota Suárez cara á súa propia portería no seu intento de despexe, despistando por completo á porteira das galegas, Lucía, que non puido facer nada por impedir o tanto (1-0).

O Dépor ABANCA continúa segundo

O  Dépor ABANCA suma así a súa segunda derrota deste curso en Liga. Con todo, as coruñesas continúan no grupo de cabeza da Primera Federación FutFem con 17 puntos despois de nove xornadas disputadas da competición ligueira. Manteñen a segunda praza como principal perseguedor da SD Eibar, líderes invictas (seis partidos gañados e tres empatados, pero ningunha derrota). O FB Barcelona B empata puntos coas coruñesas na terceira praza pero están por detrás das galegas.

A próxima cita ligueira para o Dépor ABANCA será o vindeiro sábado 26 de novembro ás 11:00 na Cidade Deportiva de Abegondo diante do UD Granadilla Tenerife B.

FICHA TÉCNICA

1) FC BARCELONA B: Txell Font, Esther Laborde, Martina Fernández, Bertra Doltra, Judit Pujols, María Pérez, Júlia Bartel (Laia Martret, min. 59), Ari Mingueza (Noah Bezis, min. 79), Ona Baradad (María Llorella, min. 90+2), Lucía Corrales (Vicky López, min. 59) e Ari Arias (Ari Sánchez, min. 59).

0) RC DEPORTIVO ABANCA: Lucía, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Samara (Patri López, min. 86), Henar, Paula Gutiérrez, Sara Navarro (Ainhoa Marín, min. 62), Eva Dios (Laura Fernández, min. 62), Charle e Millene (Carlota Suárez, min. 75).

GOL: 1-0 Carlota Suárez, en propia meta (min. 87).

EQUIPO ARBITRAL: Lorena del Mar Trujillano Gallardo (c. andaluz). Cartón amarelo a Ari Mingueza (min. 43), Martina Fernández (min. 53), Millene (min. 55) e a adestradora deportivista Irene Ferreras (min. 82).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornada de liga na Primera Federación da RFEF de Fútbol Feminino. O encontro disputouse no campo 7 da Ciutat Esportiva Joan Gamper en Barcelona.

Etiquetas Carlota SuárezDépor ABANCAFC BarcelonafútbolIrene FerrerasLucía
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Dépor ABANCA vs Córdoba CV Femenino en Abegondo / RCD

O Dépor ABANCA visita ao Córdoba CF coas “cabezas preparadas” logo da derrota co Barça B

por Redacción As Nosas
25/03/2023
0

  Logo dunha derrota, o mellor é xogar canto antes para poder vencer e recuperar animicamente ao bloque. Iso, din,...

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Nesta semana “reseteamos, deixamos atrás o que pasou. O equipo ten que reaccionar”, di Irene Ferreras en referencia á derrota co Barça B

por Redacción As Nosas
24/03/2023
0

  Na previa do partido contra do Córdoba CF que se xoga esta fin de semana, Irene Ferreras asegurou na sala...

Dépor ABANCA, alineación ante o Barça B en Abegondo / RCD

O Barça B asalta o fortín de Abegondo e vence ao Dépor ABANCA por 0-3

por Redacción As Nosas
19/03/2023
0

  O Dépor ABANCA perdía unha ocasión de ouro para adxudicarse, novamente, o liderato da Primera Federación da RFEF FutFem,...

Dépor ABANCA vs FC Barcelona B / RCD

O Dépor ABANCA, novamente a polo liderado

por Redacción As Nosas
18/03/2023
0

  Primeiras contra segundas. Líder contra aspirante. O partido entre Dépor ABANCA e FC Barcelona B de hoxe, sábado 18...

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA en rolda de prensa / RCD

Irene Ferreras: “Respectamos ao rival, pero sobre todo cremos nas nosas fortalezas”

por Redacción As Nosas
17/03/2023
0

  Irene Ferreras, adestradora do  Dépor ABANCA, considera ao Barça B, seguinte rival das deportivistas e actuais líderes "un rival...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lanzamentos / ATLETISMO GALEGO

O atletismo galego de base, á procura de bos resultados no estatal de lanzamentos Castellón

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Lanzamentos / ATLETISMO GALEGO

O atletismo galego de base, á procura de bos resultados no estatal de lanzamentos Castellón

31/03/2023
Na presentación do Campionato de España de Infantil feminino de volei estiveron o delegado da Xunta de Galicia, Javier Arias, o deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, o concelleiro de Xuventude e Deporte do Concello de Lugo, Mauricio Repetto en Lugo, e a presidenta do CV Arenal Emevé, Bibí Bouza / CV EMEVÉ

O CV Arenal Emevé organizará o Campionato de España Infantil Feminino que atraerá a Lugo a máis de 3.000 persoas

31/03/2023
Alicia Babarro, no Extreme Barcelona / BLANCA FLORENZA

A galega Alicia Babarro entra no equipo estatal de Breaking Sub-16

30/03/2023
Os deportistas gañadores de cinco medallas galegas na 1ª proba da Copa de España de escalada de velocidade celebrada en Oviedo xunto coa presidenta da Federación Galega de Montañismo, Josefina Maestu / FGM

Galicia consegue cinco medallas na primeira proba da Copa de España de Escalada de Velocidade celebrada en Oviedo

30/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.