• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Derbi das costas do futsal co segundo posto en xogo entre o Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/01/2023
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Duelo no futsal galego entre Burela Pescados Rubén vs Poio Pescamar / PRBFS

Burela Pescados Ruben vs Poio Pescamar / PRBFS

68
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar protagonizan o partido da xornada na Primera División do FutSalFem da RFEF. O chamado derbi das costas” entre as da Mariña e as conserveiras determinará quen queda co segundo posto. O partido xógase, como o resto da xornada, hoxe sábado 14. Laranxas e vermellas enfróntanse en Vista Alegre a partir das 19:00 horas. Antes, ás 17:00 horas xogará o ENCE Marín Futsal na Raña co Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF, e o Ourense Envialia recibirá ao Arriva Alcorcón. Fóra da casa, na cancha do FSF Móstoles disputará a 15ª xornada o Viaxes Amarelle FSF desde as 18:30 horas.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

Empatadas a 39 puntos. Así chegan o Pescados Rubén Burela e o Poio Pescamar a este derbi das costas do futsalfem galego que se vive no máis alto da táboa da máxima categoría do futsalfem estatal. Quen leve o triunfo neste duelo de rivalidade galega será o que ocupe a segunda praza da na clasificación.

Así veía o derbi das costas na previa a futbolista laranxa Jenny:

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

O Pescados Rubén Burela e o segundo equipo máis goleador (77 goles), e o Poio Pescamar o segundo menos goleado (14 tantos encaixados). Como na clasificación, so o Futsi Atlético Navalcarnero (líder invicto) supera a ambos os dous equipos galegos neses menesteres: anotar (80 golres) e evitar que lles marquen (12 tantos recibidos).

Na súa visita a Vista Alegre, o Poio Pescamar presenta uns números moi bos. Acumula 12 vitorias consecutivas. So perderon as vermellas co Futsi Atlético Navalcarnero.

Neste cruce as locais terán a sensible baixa da internacional coa Selección Española de futsalfem Peque. 

O partido poderá verse na TVG2 e, como o resto dos choques da máxima categoría, ao vivo en liña en Live Vuvuzela.

O ENCE Marín Futsal recibe ao Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF

Os encontros na élite do futsal galego non se limita ao derbi das costas. Esta tarde de sábado, ás 17:00 horas, xogará o ENCE Marín Futsal na Raña co Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF como rival. As galegas son undécimas e as madrileñas 14ª e ocupando o primeiro posto de descenso.

Tamén ás 17:00 horas xoga o Ourense Envialia que recibirá ao Arriva Alcorcón. As galegas son sextas na máxima categoría do futsalfem estatal as madrileñas oitavas. Sepáranas catro puntos na táboa, polo que o cruce serviría ás de Mondo para poñer distancia cun dos equipos que as persegue.

Loita pola 9ª praza entre FSF Móstoles e Viaxes Amarelle FSF

O conxunto herculino chegará na xornada deste sábado ao intermedio da competición regular da Primeira Federación Futsal Feminina. Farao visitando a cancha dun rival directo en loita por manter a novena posición da xeral. O Viaxes Amarelle FSF mídese hoxe, sábado 14 de xaneiro de 2023, a partir das 18:30 horas, no Pavillón Municipal de Villafontana (Móstoles) ao FSF Móstoles.

O conxunto herculino afrontou unha semana de adestramentos atípica, con varias xogadoras con molestias do duelo que disputaron a pasada fin de semana fronte ao líder da competición; e onde ademais a novísima Carlita foi intervida para poder volver ás pistas canto antes. A pesar de todo iso, as galegas fóronse recuperando e afrontan o partido deste sábado cun emocionante duelo contra un rival directo na clasificación.

🏥😷🧡 MOITO ÁNIMO CARLITA ‼️

A xogadora ceense do primeiro equipo do @amarellefsf, @carla_mc11, foi intervida esta mañá no hospital de Cee dunhas adherencias dunha operación realizada hai uns anos e que lle impediron iniciar a liga.

Conta atrás para comezar.#VoltarPraQuedar pic.twitter.com/pW6PzwL4S0

— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) January 11, 2023

O técnico do club herculino, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo na competición da regularidade, ás porteiras Leti Rojo e Nerea Ramallo, así como ás xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, *Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Marta Hermo e Laura Rivas.

Ás baixas de Carlita e Estela Cantero, que retomou os adestramentos co grupo esta mesma semana, e espérase que pronto poida volver ás pistas; tamén se uniu a de Khrystyna Stepanenko que sufriu un golpe nun adestramento cunha compañeira e tras os exames médicos realizados esta semana, espérase que sexa algo leve e nun par de semanas volva estar dispoñible.

O rival que estará enfronte para o conxunto herculino, é un FSF Móstoles que actualmente ocupa a décima posición da xeral con 15 puntos, cultivados tras 5 vitorias e 9 derrotas, nos catorce encontros que disputaron ata a data. Suman 31 goles a favor, e encaixaron 43 tantos en contra.

O conxunto mostoleño atópase empatado a puntos na xeral coas galegas; nunha tempada cunha dinámica moi similar á do cadro herculino, aínda que cun equipo cun perfil de xogadoras perigosas no ofensivo.

Os últimos enfrontamentos entre ambos os dous equipos, remóntanse á tempada 2018/2019 e onde as herculinas cederan derrotas en ambos os duelos, cun 4-2 en contra en casa do FSF Móstoles e encaixando unha axustada derrota por 2-3 en terras herculinas. De feito no histórico de enfrontamentos entre ambos os equipos na Primeira División de fútbol sala feminino, o conxunto herculino nunca foi capaz de sumar unha vitoria, e a única vez que o cadro laranxa puntuou remóntase a un duelo da tempada 2012/2013, onde o partido terminou cun 2-2, en casa das madrileñas.

O conxunto herculino tratará de pechar cun resultado positivo a boa primeira volta que realizaron ata o momento, e onde conseguiron coller certa distancia cos postos de descenso; e un bo resultado esta fin de semana, sería moi positivo para afrontar a segunda volta con mellor cara. Toca gozar sobre a cancha e pelexar polos puntos na tarde do sábado 14 de xaneiro de 2023 no Pavillón Municipal de Villafontana (Móstoles).

O encontro será emitido por streaming a través de Live Vuvuzela:

Etiquetas derbiderbi das costasfútbol salafutsalMarín Futsalourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamarViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RFEF

Eugenia Gil, Eva López, Irene Ferreras e Irene Samper entre as 12 candidaturas do fútbol e fútbol sala galegos para a Asemblea da RFEF

por Redacción As Nosas
28/10/2024
0

  O fútbol e o fútbol sala galegos presentan ata 12 candidaturas para formar parte da Asemblea Xeral da Real...

Raúl Castro, Piru / VIAXES AMARELLE FSF

Piru: “Elas saben o que está en xogo, manter a categoría é vital, pero a miña misión é mentalizalas para que xoguen con confianza”

por Redacción As Nosas
06/04/2024
0

  O Viaxes Amarelle FSF prepárase para un encontro vital. Será o vindeiro domingo ás 13.00 horas en Leganés. O...

Gol do Burela na final do Campionato de Liga Primera Division futsalfem RFEF, Pescados Rubén Burela vs Futsi Atlético Navalcarnero / MANU GIL - BURELA FS

Cabeza e cola da táboa enfróntanse no duelo galego entre ENCE Marín Futsal e Pescados Rubén Burela

por Redacción As Nosas
06/04/2024
0

  Nesta tarde de sábado 6 de abril, a partir das 17.00 horas, dispútase no pavillón da Raña de Marín,...

Balón fútbol sala futsal

Chega a recta final na liga 2023-24 para os equipos galegos da Primera Iberdrola de fútbol sala

por Silvia Carregal
05/04/2024
0

  Esta fin de semana dispútase a 24ª xornada da Primera Iberdrola do fútbol sala estatal. Dos 16 equipos que...

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

O Poio Pescamar FS conquista a 4ª Copa Galicia da súa historia impoñéndose na prórroga ao ENCE Marín Futsal

por Redacción As Nosas
28/03/2024
0

  A Copa Galicia feminina de fútbol sala viaxa cara a vitrina do Poio Pescamar FS que levou a final...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

20/05/2025
Campionato galego de atletismo sub-16 sub-20 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Títulos para Ourense, Celta, Narón e Gimnástica nos campionatos de clubs Sub-16 e Sub-20 galegos de atletismo

20/05/2025
Edymar Brea, segunda pola dereita, no Campionato de España / SPORTMEDIA MARTÍN DE ÁLAVA PÉREZ PARA A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO

No Campionato de España en Ruta o atletismo galego acada seis medallas individuais e unha por equipos

19/05/2025
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

18/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.