• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Derbi no máis alto da 2ª División entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS

As ourensás queren asegurarse matematicamente seu pase ao 'play-off' de ascenso á Primeira

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/05/2022
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

123
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A Segunda División do Fútbol Sala feminino da RFEF trae esta xornada un derbi entre conxuntos galegos que están no máis alto da clasificación: Viaxes Amarelle FSF e o Cidade de As Burgas FSF GLS.

O conxunto herculino do Viaxes Amarelle FSF recibe hoxe, sábado 21 de maio, na penúltima xornada de liga, a o seu rival máis próximo: o Cidade de As Burgas FSF GLS.

As coruñesas son xa campioas de Liga no seu grupo e preséntase ante o seu público cun apeticible derbi galego que promete futsal de gran nivel. As herculinas reciben a un segundo clasificado que necesita a vitoria para clasificarse para o play-off de ascenso a Primeira División da RFEF.

Encadradas dentro do Grupo 1 da Segunda RFEF Futsal Feminino, o cadro laranxa afrontará o partido da vixésimo quinta xornada de liga no Pavillón Municipal da Sagrada Familia da Coruña hoxe, sábado 21 de maio de 2022, a partir das 18:00 horas, recibindo as ourensanas do Cidade de As Burgas FSF GLS.

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE
Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle FSF chega a esta penúltima xornada de liga cos deberes feitos tras certificar o título de campión de liga a pasada fin de semana en Salamanca; e afrontará estas dúas últimas xornadas de competición regular, pensando en manter a mellor forma posible para chegar con todas as opcións ao play-off de ascenso.

Para este novo partido de liga, o técnico Jorge Basanta citou ás porteiras Sandra Rodríguez e Leti Rojo; así como ás xogadoras de pista, Candela Soria, Patri Romaní, Cris Lourés, Èlia Gullí, Yaiza, Lau Doce, María Gómez, Carlita, Irune Santesteban, Khrystyna Stepanenko e Daryna Tkachenko.

Os números do Cidade de As Burgas FSF GLS

O rival que terá en fronte a escuadra laranxa é un Cidade de As Burgas FSF GLS que actualmente ocupa a segunda posición na xeral con 64 puntos, tras disputar vinte e catro xornadas nas que cultivou 21 vitorias, 1 empate e 2 derrotas; sumando 101 goles a favor e habendo encaixado 29 goles en contra. O equipo dirixido polo técnico Manolo Codeso é o conxunto que menos goles encaixa do grupo 1 da Segunda RFEF Futsal Feminina, e o segundo que menos goles recibiu de todos os equipos da segunda categoría do futsal feminino nacional.

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE
Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

O conxunto ourensán non cedeu ningunha derrota en toda a segunda volta da competición e, de feito, a última derrota que coñece na competición, é a que sufriu o pasado 12 de marzo, no enfrontamento que tiveron ambos os conxuntos correspondente á duodécima xornada de liga, e onde as herculinas impuxéronse por un marcador de 0-2.

Partido moi importante para o Cidade de As Burgas FSF GLS, que en caso de conseguir a vitoria certificaría matematicamente a súa presenza no play-off de ascenso. En caso de ceder unha derrota ou un empate, seguirían dependendo de si mesmas para conseguir o posto, pero veríanse obrigadas a gañar na última xornada de liga, salvo que o Bembrive non consiga pasar do empate no partido que xoga esta fin de semana, e nese caso, o Cidade de As Burgas FSF GLS quedaría tamén matematicamente clasificado como equipo de play-off independentemente dos resultados que cultive estas dúas últimas xornadas.

O Viaxes Amarelle non baixa o pistón de cara á fase

Por moito que xa esté clasificado e que teña a vitola de campión do seu grupo, o Viaxes Amarelle FSF non quere baixar o ritmo, e buscará seguir dando continuidade á tempada que acumula de vitorias semana tras semana; e así tratar de chegar na mellor forma posible á disputa do play- off de ascenso á Primeira RFEF Futsal Feminina.

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE
Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Desde o club coruñés advirten que nesta xornada lamentablemente “a entidade non poderá contar coa emisión de streaming, que habitualmente vén realizando durante a tempada; pero sempre quedará a emoción de poder vivilo en directo no propio pavillón, polo que esperamos un pavillón cheo para gozar as últimas xornadas da competición”, avisan.

Colaboración con AGA-UCRAÍNA

O club Viaxes Amarelle FSF mostrou o seu interese de colaborar co problema que vivimos nos últimos meses coa guerra que se sofre en Ucraína e é por iso que en colaboración coa “Asociación Galega de Axuda a Ucraína” apostan, hai varias semanas, por facer unha recadación para axudar ao pobo ucraíno no partido contra o Rodiles FS. Esta acción vaise continuar fronte ao Ourense Envialia FSF B e FSF Castro. O club decidiu dar continuidade á acción, para que o despacho de billetes das entradas e achegas que se fagan nos partidos que restan desta tempada, como locais, destínense para que a citada asociación poida destinar a axudar ao pobo ucraíno da mellor forma posible.

Os socios teñen entrada gratuíta co seu carné de socio, e o entradas-donativo, para as persoas non socias, manteñen o prezo habitual da tempada de 5 euros; sendo a recadación íntegra para a asociación AGA-UCRAÍNA. Segundo informan desde o club coruñés: “Se algún afeccionado ou socio tamén quixese colaborar coa campaña, pero non puidese asistir ao encontro, pode contactar co club no mail amarellefsf@amarellefsf.com”.

Etiquetas A Coruñacidade de As Burgasfútbol salafutsalRFEFViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.